jueves, 22 de diciembre de 2016

FELICITACIÓN

O EQUIPO da BIBLIOTECA deséxalle a toda a COMUNIDADE EDUCATIVA unhas felices festas de Nadal e que  o Novo Ano, que xa nos está agardando, veña cargado de boas novas e felices lecturas.
BO NADAL!!!!




CARTAS APALPADOR

O Equipo de Dinamización da BIBLIOTECA en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega participa cumhas cartas moi emotivas , escritas polos nenos do cole,  no CONCURSO CARTAS AO APALPADOR  que se celebrará na Coruña o 31 de decembro. Estade atentos para saber o resultado.
MOITA SORTE!!!


Lede as cartas, seguro que vos gustan!!!


sábado, 17 de diciembre de 2016

RECOMENDACIÓNS LIBROS

O EQUIPO DA BIBLIOTECA  fixo esta selección de libros para que nestas festas...VIVADES COA LECTURA  A  MAXIA DO NADAL!!! Botádelle unha ollada..! Merece a pena!


CONTACONTOS


As alumnas de 5º de primaria Isamar Lamelas e Ariadne Franco escolleron o libro "A CAIXA MÁXICA" para lérllelo aos nenos máis cativos do cole na hora de lectura. 
Acompañaron a lectura do libro cunha presentación  Power Point , na pizarra dixital, das láminas do libro.
Os nenos mostraron moito interese e participaron con xestos e movementos na lectura do libro.
Foi unha actividade que deixou moi satisfeitos tanto as nenas que leron o libro como aos nenos que o escoitaron.
Esperamos repetir esta experiencia moitas mais veces ao longo do curso.



a caixa máxica - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

jueves, 15 de diciembre de 2016

COÑECENDO AO APALPADOR

En Galicia temos unha personaxe típica do Nadal: " O Apalpador" ou "Pandingueiro", un carboeiro grande e barbudo que, no mes de Nadal, abandona a montaña na que vive e baixa a todas as aldeas a visitar aos nenos para deixarlles castañas e algúns agasallos.
Se queredes coñecer máis cousas deste mítico personaxe podedes consultar os seguintes enlaces:
WEB APALPADOR
RECURSO

Podedes divertirvos coas seguintes actividades LIM:
ACTIVIDADES CONTO
ACTIVIDADES LIM
ACTIVIDADES APALPADOR

Podedes coñecer a súa historia ollando os seguintes videos:







miércoles, 14 de diciembre de 2016

CHEGA O NADAL

Xa chega  o NADAL e con el o tempo de lecer, de ledicia,  de regalos, de xuntanzas,  de  adornar as  casas, as rúas , o colexio .... As campás, os anxos, as estrelas, as luces de cores son algúns dos adornos que , nestas datas nos envolven nun clima cálido, familiar e festivo.
Pero, que significado teñen todos estes adornos que con tanta ilusión colocamos nas paredes,  portas e fiestras? Se picades no seguinte enlace saberedes cal é o significado dos diferentes adornos do Nadal. 
SIGNIFICADO ADORNOS

Ou vendo este video  que fala do seu significado :



Tamén é tempo de sentarse a unha mesa para saborear comidas típicas do Nadal. O seguinte enlace convídanos a darlle unha volt ao mundo, pero ao redor dunha mesa, para así coñecer os pratos de Nadal mais tradicionais: 
Se queredes coñecer receitas típicas e de  sobremesa do Nadal españolas, tal e como se propón no  PLAN ANUAL DE LECTURA,  picade nos seguintes enlces: 
SOBREMESAS

Neste libro aparecen receitas  típicas do Nadal, moi sinxelas, para que practiquedes nestas festas:


BIBLIOTECA xa está preparada para celebrar estas festas do NADAL:  a porta, decorada para a ocasión, convídanos a entrar,  recrear a vista cos adornos colgados no teito e nas paredes e disfrutar da maxia da lectura de todos os libros seleccionados para a ocasión.



biblioteca nadal - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Estes son os libros seleccionados  para que disfrutedes coa MAXIA DO NADAL



viernes, 9 de diciembre de 2016

ESTE NADAL: A RECICLAR!

Dende a biblioteca tamén queremos animarvos a que vos unades á  campaña "ESTE NADAL APÚNTATE Á MOVIDA RECICLA!!". Librín e as eco-mascotas, Mundoman e Belli, queren seguir fomentando entre todos nos a necesidade de reciclar para reducir e contribuír a un mundo máis sostible. Pensan que nestas datas nas que se "dispara" o consumo, debemos contribuír á difusión de prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente. 

Recordamos as  DEZ RAZÓNS PARA RECICLAR  que foron expostas pola OFICINA DE SOSTENIBILIDADE da UNIVERSIDADE de LAS PALMAS de GRAN CANARIA, ou máis brevemente, resumidas en CINCO RAZÓNS  pola ORGANIZACIÓN OXFAM INTERMON. 

Todos sabemos que nestas datas non faltan as árbores de nadal por toda a cidade engalanadas con todo tipo de adornos, igual pasa coas nosas casas, co colexio...  e por que non reutilizamos materiais de refugallo que case todos temos a man: envases de plástico, de cartón, cortiza, papel, envoltorios de cores lisos e estampados, lazos que gardamos de agasallos doutros anos, bólas de plástico, pinzas, piñas que podemos recoller no monte.. ..? Con todo isto podemos facer uns estupendos adornos para a nosa árbore e/ou para calquera rincón da nosa casa e do cole, e tamén para facer agasallos a nosa familia e amigos.

Pois mans á obra, Librín, Mundoman e Belli puxeron en marcha varios talleres de reciclado no noso centro, e claro, non podía faltar un na bibioteca. Durante os recreos do mes de decembro, acoden os nenos e nenas voluntarios que queren unirse á movida recicla e están preparando un montón de adornos. Deixamósvos nas seguintes imaxes un adianto do que están facendo:












E para darvos máis ideas, deixámosvos uns cantos enlaces onde podedes visualizar un montón de manualidades coas que celebrar un NADAL un pouco máis RESPECTUOSO CO MEDIO AMBIENTE.











































viernes, 2 de diciembre de 2016

ENTREGA DE AGASALLOS

Hoxe na BIBLIOTECA todos os nenos que participaron no Concurso de Contos de Medo recibiron un diploma e un agasallo : 



premios contos - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

A alumna de 6º curso Africa Montero recibiu un agasallo especial polo seu magnífico conto: "Mundomán rescata a Librín!




jueves, 1 de diciembre de 2016

CONTOS DE MEDO

O Equipo da Biblioteca está moi contento coa vosa resposta ao concurso de Contos de Medo. Recibimos moitos e excelentes traballos. A continuación presentamos unha representación dos contos aportados polos diferentes cursos. Reservade un anaquiño de tempo para lelos todos, seguro que o pasaredes de medo!!!!