viernes, 31 de mayo de 2019

TRABALLO INVESTIGACIÓN: PLANTAS AROMÁTICAS

Xa está elaborado o libro coas herbas sobre as que vós investigástedes  neste curso, herbas que ademais de aportarnos vida e cor en calquera ambiente, perfuman, condimentan e son beneficiosas para a nosa saúde.
Se queredes coñecer os usos das plantas que nos rodean non vos esquezades de mirar o libro colocado na sección "os nosos traballos"

jueves, 30 de mayo de 2019

NOVAS LECTURAS






Os nenos e nenas de 1ºEP recibiron unha grata sorpresa, Fátima, a nai de Teo, quixo compartir con eles a lectura de dous libros:
O Bruxo Camuñas que de dedicaba a asustar e comer aos nenos e que  conseguiu cortar as unllas grazas á astucia dunha nena que se chamaba Blanca.
A mensaxe principal de Camuñas xira en torno á astucia, como cualidade que é capaz de converter ao mais débil no mais forte. Este libro tamén nos deixa a mensaxe de que, de vez en cando,  temos que mirarnos a nós mesmos para que ninguén nos engane facéndonos crer que somos doutra maneira.
- O Capitán Calabrote,  trata dun pirata que vivía tranquilamente retirado nunha illa deserta na que agochaba un  tesouro ata que un día chegou á illa outro pirata que tamén quería agochar o seu cofre, unha historia moi tenra e entrañable que remata coa celebración da amizade e un canto ao afecto.
Despois da lectura dos libros o rapaces fixeron o compromiso de que ían buscar o tesouro que cada quen levaba dentro, íanno escribir nunha frase e colocalo nun sitio ben visible.
Tal e como se pode ver nas seguintes imaxes foi unha lectura moi fructífera


miércoles, 22 de mayo de 2019

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2019

O 16 de maio realizamos no centro un pequeno festival para honrar a nosa lingua e a nosa cultura e en especial para recordar a figura de ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, autor ao que se lle dedican este ano 2019  o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 
No festival comezamos cunha pequena presentación sobre o autor, a súa vida e a súa obra e ao longo do mesmo, entre outras actuacións, intercaláronse cantigas do seu Cancioneiro de Cotobade e a famosa peza do Casamento da Pulga.
Na seguinte presentación podedes visualizar a maioría das actuacións:


(premede nos símbolos e pasade as diferentes páxinas)

lunes, 13 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS


O historiador e xeógrafo Antón Fraguas foi a personalidade literaria elexida pola Real Academia Galega RAG para protagonizar o Día Das Letras Galegas 2019. Con este nomeamento a RAG reivindica a memoria, a cultura e a lingua do pobo xa que, seguindo as palabras de Freixanes, foi unha das persoas que "máis tempo se dedicou a recoller, sistematizar e coñecer esta riqueza". Figura referente  do Galeguismo xa non só polo seu talante ético de defensa permanente do galego, senón pola súa capacidade para transmitir estes sentimentos a todo o mundo.
Se picades no seguinte enlace atoparedes toda a información da súa vida e obra BIOGRAFÍA E BIBLIOGRAFÍA ANTONIO FRAGUAS
Os rapaces do CPI Plurilingüe Dos Dices elaboraron este telexornal para achegarnos á figura homenaxeada no Dia das Letras Galegas:


Os alumnos do IES Concepción Arenal elaboraron o seguinte video:
Nos seguintes enlaces atoparedes recursos para coñecer a este gran personaxe:
PRIMAVERA DAS LETRAS (actividades de investigación, bibliografía e actividades interactivas)

O equipo da Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, co Equipo de Voz Nature e co das TICs elaboraron estes traballos de investigación para 3º, 4º, 5º e 6º EP


Para Infantil, 1º e 2º EP

sábado, 11 de mayo de 2019

SESIÓNS DE CONTACONTOS CON SABELA GAGO

Se fai uns días Sabela estivo no noso centro para realizar unha sesión de contacontos cos pequenos e pequenas de educación infantil, o pasado 10 de maio volveu para realizar dúas novas sesións: unha para o alumnado de 1º e 2º de primaria e outra para o alumnado de 3º e 4º de primaria. 
Unha vez máis volveu engaiolar a todos cos súas historias cheas de maxia, misterio e aventura. 
Primeiro fixo que os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria viaxaran coa súa imaxinación ao mundo de Martín e Federico... nesta viaxe sorriron, berraron, expresaron as súas emocións e sentimentos grazas ao bo facer de Sabela que interactuando con todos eles lles fixo ver a importancia da imaxinación,
Aos alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria contoulles unha historia coa que aprenderon que cada un de nós é único e especial. Tres galiñas pelexan por ser a máis fermosa do galiñeiro, ao final cada unha delas resulta que ten algo distinto e especial diferente dos demais e que a fai única...

jueves, 9 de mayo de 2019

NOVAS LECTURAS

Fátima, a mamá de Teo de 5º de Infantil, acudiu á biblioteca para desenvolver cos nenos de 5º  e de 6º de Educación Infantil dúas sesións de lectura nas que lles contou a historia da Bruxa mala. 
Folla a folla foi contando  e interpretando as accións tan perversas que facía esta bruxa;  pero  tamén lles contou que ela coñecía a bruxas moi boas que facían pócimas para axudarlle á xente, Trouxo herbas, e o alambique co que fa os perfumes, os nenos estaban impresionados e prestaron moita atención a todos os consellos que ela lles foi dando, colleron as plantas, cheiraron os perfumes, fixeron preguntas.... Qedaron encantados coa súa interpretación!
Moitas grazas por facer que os nenos se emocionen coa lectura!!


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

domingo, 5 de mayo de 2019

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

O xoves 2 maio recibimos na nosa biblioteca unha visita moi especial: nin máis nin menos que a famosa escritora LEDICIA COSTAS!!. Veu conversar sobre a súa obra cos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria, os cales acababan de ler recientemente un dos seus libros: AS PERIPECIAS DE EXTRAVAGANZZA PÉREZ e con anterioridade xa leran ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
Ledicia explicoulles en que se inspiraba para escribir as súas historias, as vivencias que reflictía na súa obra, faloulles das súas personaxes... e fíxolles preguntas sobre os seus libros. A súa vez os nenos e nenas fixéronlle tamén unha morea de preguntas e realizaron comentarios ao que ela lles ía contando.
Ao rematar asinoulles e adicoulles a cada un deles un exemplar do seu libro.  
Foi todo un luxo contar coa presenza de LEDICIA e escoitar na súa voz como crea as súas historias!!. Esperamos ler pronto algunha das súas novas obras!. 


ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS by Slidely Photo Gallery

Deixámosvos un enlace a súa páxina web para coñecer máis detalle da vida e obra desta interesante e magnífica escritora: