viernes, 18 de diciembre de 2015

BO NADAL

O Equipo da Biblioteca deséxalle a toda a COMUNIDAD EDUCATIVA unhas felices festas e que no vindeiro ano  todos os desexos se fagan realidade.

CARTAS AO APALPADOR

Estas son as cartas que recibimos para envialas ao concurso CARTAS AO APALPADOR. Acordádevos de mirara os resultados , a partir do 31 de decembro, ao través do seguinte enlace: www.apalpador.com

MOITA SORTE A TODOS!!!

miércoles, 16 de diciembre de 2015

AGASALLOS

Hoxe na BIBLIOTECA todos os alumnos/as que participaron no III CONCURSO DE CONTOS DE MEDO recibiron un agasallo. 
Parabéns a todos eles!!!!

martes, 15 de diciembre de 2015

LIBROS RECOMENDADOS PARA ESTE NADAL

O Equipo da Biblioteca fixo esta selección de libros para que  NESTE NADAL TODA A FAMILIA TEÑA UN LIBRO NA MAN.
Esperamos que sexa do voso agrado

NADAL NA BIBLIOTECA

Xa temos decorada a biblioteca e os libros seleccionados colocados nos expositores para que vos acheguedes á BIBLIOTECA para disfrutar da MAXIA DO NADAL


miércoles, 9 de diciembre de 2015

ESCRIBE UNHA CARTA AO APALPADOR

OLA AMIGOS:
Queredes participar no cocurso CARTAS AO APALPADOR?

Só tendes que pedir o impreso na biblioteca e escribirlle unha carta. As cartas máis inxeniosas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos enviarémolas ao apartado 7070 Da Coruña para participar no sorteo que se celebrará o 31 de decembro na NOITE DO APALPADOIRO. O resultado coñecerase a través deste sitio web:www.apalpador.com
Non vale pedir "...A Paz no mundo", "...A cura de todas as enfermidades...","...Que o ano que vén me porte mellor"
Etregade a vosa carta na BIBLIOTECA antes do 17 de decembro

ANIMÁDEVOS!!!

martes, 8 de diciembre de 2015

O APALPADOR, UN PERSONAXE DO NADAL GALEGO

O Apalpador, tamén coñecido  como O Pandigueiro na comarca de Terra de Trives, é un vello carboeiro moi respectuoso co medio ambiente, unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos polas datas do Nadal. A tradición preséntanolo como un xigante que, baixaba pola noite das montañas do Caurel ata as casas dos meniños, e, apalpaba as súas barriguiñas para ver se comeran o suficiente durante todo o ano. Se estaban cheas dicía: " Así, así esteas todo o ano". e deixáballes unha presa de castañas. Se non estaban cheas calaba e deixáballes tamén as castañas.
O APALPADOR é amigo de todos e ten un corazón tan xigante coma el. A tradición conta que nas montañas, enre os carballos e os castiñeiros, fai xoguetes coa puntiña da navalla para levarllos aos nenos coa presa das castañas.
No seguinte enlace atoparedes un conto de Xoan G. que nos fala dunha forma moi agarimosa deste personaxe

No seguinte video podedes ver onde vive o Apalpador, os animais que atopa nas montanas e o que lle gusta facer:

 No seguinte enlace atoparedes actividades LIM sodre este personaxe

Se picades neste enlace atoparedes recursos para traballar  a figura do Apalpador
Esta é a cantiga que os pais lle cantaban antigamente aos seus nenos na NOITE DO APALPADOR:



lunes, 7 de diciembre de 2015

XA VOLVE O NADAL

O Nadal é unha data moi especial na que se  reúnen as familias creando un ambiente de harmonía e de bos recordos que perduran ao longo de toda a nosa vida.
É unha celebración que os nenos viven con moita ilusión pero que tamén lle crea moitas preguntas: que celebramos?, quen é Papá Noel?, por que colocamos a Árbore de Nadal?
A continuación intentaremos dar respostas a estas preguntas.
Que celebramos?
O Nadal é unha das mais importantes festas do Cristianismo, Celébrase o 25 de decembro, conmemora o Nacemento de Xesús.
Pica no seguinte video para coñecer a historia do Nadal

As súas tradicións e os seus costumes:
Os beléns ou pesebres: Consisten na  representación do Nacemento de Xesús mediante unha maqueta de Belén e os arredores na que as figuras principais son o pesebre onde naceu Xesús, a Sagrada Famila, os pastores e os tres Reis Magos que foron adorar ao Neno.
As panxoliñas: Son cantos alusivos ao Nacemento de Xesús, cóntannos dun modo sensible e inxenioso os sentimentos da Virxe María e dos pastores ante o Nacemento de Xesús .
A Árbore de Nadal: É un elmento decorativo no que empregamos unha conífera (árbores artificiais) con adornos.
 Esta Árbore ten unha fermosa lenda, a dun leñador moi pobre que, na víspera do Nadal, atopouse cun neno famento, perdido e tiritando de frío. Aínda que non tiña cartos, o home convidou ao neno á súa casa, deulle roupa e comida. Cando se levantou ao día seguinte o neno desaparecera, o leñador atopou unha fermosa árbore á porta da súa casa. O neno famento era o Neno Xesús que se disfrazara e creou a Árbore para premiar a xenerosidade daquel home.
 Papá Noel, Santa Claus. San Nicolás: É u home baixiño, gordiño, barbudo, vestido de cor vermello e branco que leva un saco ás costas cheo de regalos. Conta a lenda que era un señor moi rico que lle facía regalos aos nenos a altas horas da noite  para que os nenos non o descubriran. 
Os Reis Magos
O día 6 de xaneiro celebramos a festa dos Reis Magos na que os nenos reciben regalos, unha festa de moita ilusión para os nenos que  conmemora a xenerosidade dos Magos cando foron visitar a Xesús.
Como se celebra noutros países?
O nadal celébrase en todo o mundo, Cada país ten as súas radicións, Se queredes coñecelas picade no seguinte enlace O NADAL NO MUNDO
Disfrutade vendo o seguinte video de CAILLOU e o NADAL :



Recursos con actividades para traballar no Nadal:
Se picades nos seguintes enlaces atoparedes moitos recursos recursos , manualidades e historias sobre o nadal

Rematamos cunha panxoliña sobre o Nadal

sábado, 5 de diciembre de 2015

CONTACONTOS DOS NOSOS ALUMNOS/AS



Os nenos/as que participaron no CONCURSO DE CONTOS DE MEDO vanlle ler as súas obras aos nenos máis pequenos.
Comezamos esta  aventura coa alumna de 4º de Primaria Isamar Lamelas Iglesias que lle leu o seu conto NARIGOTA E OS MONSTROS aos nenos/as de 6º de Infantil. 
Foi unha experiencia moi interesante na que todos quedaron encantados e con moitas gañas de repetila.


martes, 1 de diciembre de 2015

3 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


A celebración anual  do Día Internacional Das Persoas con Discapacidade,  o 3 de decembro de cada ano,  ten por obxecto sensibilizar á opinión pública sobre as cuestións relacionadas coa discapacidade, tomar conciencia das súas necesidades e adoptar medidas para mellorar a súa situación, loitar polos dereitos das persoas con discapacidade e ser conscientes dos beneficios que se derivarían  da integración destas persoas  en todos os aspectos da vida política,  social, económica e cultural.
Esta data ten a súa orixe na resolución 47/3 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, adoptada o 14  de outubro de 1992, proclamouse co propósito expreso de que nesta data se fagan reunións de diversa índole para chamar a atención sobre  a calidade de  vida, a saúde, a educación , o traballo, o deporte, o disfrute do tempo libre e o exercicio dos dereitos sociais, económicos, políticos e culturais de todas elas.
Seguindo todas estas indicacións, o equipo da biblioteca selecionou estes recursos para informar e sensibilizar sobre as situacións das persoas con discapacidade e para que todos os nenos e nenas do cole traballen os valores relacionados coa diversidade e a tolerancia.

Pica no seguinte enlace:  Que entendes por discapacidade  atoparás unha presentación que recolle as  opiniñons de diferentes persoas do mundo.

No seguinte enlace:  Suxerencias para relacionarse con persoas con discapacidade ofrécense pautas para interactuar con persoas con discapacidade.

VÍDEOS PARA SENSIBILIZAR NAS CLASES SOBRE A DISCAPACIDADE:

SI PODEMOS,   Spot protagonizado por rapaces e rapazas con sindrome de Down para conciencias as persoas que teñen algunha discapacidade sobre a necesidade de loitar para acadar os seus soños.

As cores das flores  Narra a historia dun neno cego que se enfrenta a tarefa escolar de  esplicar de que cores son as flores. Ensínnos que un neno cego pode estudar como alquer neno,

El Cazo de Lorenzo é un conto metafórico para comprender e respectar ás persoas que son diferentes. Fala das dificultades e atrancos que teñen que salvar cando non deixamos que cada persoa saque o mellor de si mesmo


Na película CUERDAS, a protagonista convértese na amiga inseparable dun neno moi especial



lunes, 30 de noviembre de 2015

CONTOS DE MEDO

 Moitos nenos e nenas do cole participaron no Concurso de Contos de MEDO. Elaboraron  moitas e interesantes  historias. 
Tamén houbo clases que fixeron un traballo colectivo.
Todas están expostas á entrada da BIBLIOTECA. Lédeas  con calma, merece a pena.




viernes, 27 de noviembre de 2015

LEMBRANDO A XOSÉ NEIRA VILLAS


Hoxe morreu aos 87 anos, na súa casa de Vila de Cruces,  o escritor Xosé Neira Vilas, autor do libro

"MEMORIAS DUN NENO LABREGO", o libro máis lido na Historia da Literatura Galega.

Se queredes coñecer cousas da súa vida ou da súa extensa obra picade no seguinte enlace:
ou ollade o seguinte video;
_



Na honra da súa memoria, este video elaborado co gallo do cincuentenario do seu libro máis famoso:

miércoles, 18 de noviembre de 2015

LIBROS PARA COÑECER OS DEREITOS E DEBERES DOS NENOS

O equipo da BIBLIOTECA elaborou este libriño para que os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria o confeccionen, coloreen e o lean.



Tamén fixemos esta selección de libros, que colocamos nos expositores, para que todos os nenos e nenas se informen dos seus dereitos e deberes
  

LIBROS DERECHOS NIÑO - Kizoa Movie Maker

Así quedou a exposición na entrada da BIBLIOTECA



lunes, 16 de noviembre de 2015

SESIÓN DE VÍDEO

Co gallo da celebración do día DEREITOS DA INFANCIA, sesión de vídeo  na biblioteca na hora do recreo. 

Comezamos co vídeo:



Os nenos non só teñen dereitos, tamén deben cumplir unha serie de deberes. Repasamos os nosos dereitos e os nosos deberes:




viernes, 13 de noviembre de 2015

DÍA UNIVERSAL DEREITOS DA INFANCIA



O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos cada 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo . É un día de celebración   polos avances acadados, pero sobretodo é un día   para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, dar a coñecer os Dereitos da Infancia,  e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e o seu desenvolvemento.

DESDE CANDO SE CELEBRA O DÍA UNIVERSAL DO NENO?
Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno  o 20 de novembro, data na que  a Asamblea Xeral da ONU aprobou a DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO no ano 1959. Esta declaración que, non tiña legalmente carácter vinculante. non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixosos e outras institucións, chegouse a un acordo para elaborar o texto final da CONVENCIÓN DOS  DEREITOS DO NENO o 20 de novembro de 1989. Dende entón millóns de nenos e nenas gozaron dos seus dereitos. Neste ano 2015 a Convención cumpre 9496 días. Cada un deles recórdanos o compromiso da humanidade para que ningún neno se vexa privado de dereitos como a supervivencia, a educación ou a protección.
Se queredes  saber un pouco máis deste tema ollade este video:

Escoitade esta canción:




CALES SON OS DEREITOS?



Os Dereitos do neno aparecen recollidos no Decálogo da Convención, para coñecelos pica na palabra DEREITOS ou escoita o seguinte vídeo:




Nos seguintes enlaces atoparedes moitos e variados  recursos para traballar na aula :





miércoles, 28 de octubre de 2015

OBRADOIRO DE CABAZAS

Ao longo de toda a semana, na hora do recreo, desenvolvemos na BIBLIOTECA un obradoiro para decorar as nosas cabazas.
Os rapaces traballaron a reo !!!




Mirade que bonitas quedaron. 
SON UNS ARTISTAZOS!!!!

martes, 27 de octubre de 2015

SESIÓN DE CONTACONTOS

Para celebrar o Día Internacional das Bibliotecas o profesor Xosé Carlos Caramés desenvolveu cos nenos e nenas de Educación Infantil e cos de 1º de Educación Primaria unha sesión de contacontos. Coa técnica do kamishibai contounos dous contos:
"Peixiño, peixiño" e "Dante o Xigante".  Aos nenos gustoulle moito esta actividade, pasárono moi ben. A súa ledicia queda reflictida nas súas caras.

CARTEIS DOS PERSONAXES MALVADOS

Na entrada da BIBLIOTECA están colocados os vosos carteis dos personaxes malvados dos libros.
Quedaron preciosos!!!




III CONCURSO CONTOS DE MEDO

Ola amigos:
O equipo da BIBLIOTECA anímavos a que compartades as historias máis arrepiantes que lle poden pasar a nosa protagonista deste ano:
NARIGOTA, unha pinga de auga que, unha noite tenebrosa de raios e tronos, escápase da choiva cobrando vida sobre a TERRA e, cos seus amigos (unha nube de vapor
e un cubo de xeo), fará
unha longa viaxe na que se atopará con seres maléficos e vivirá situacións que dan moito, moito, moitísimo medo!!!!

Escribide a vosa historia en galego, podedes decorala con debuxos,
Entregádea na BIBLIOTECA antes do 16 de novembro.
Os mellores traballos terán premio.
ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!!

SAMAÍN NA BIBLIOTECA


Xa temos a Bilioteca decorada para que vos acheguedes a ela e pasedes un SAMAÍN de moito, moito , moitíííísimo medo con todas as lecturas que temos seleccionadas.  Estes son algúns dos libros que vos temos preparados:



















Así está a biblioteca:


viernes, 23 de octubre de 2015

BUSCAMOS AOS MALOS EN PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de Primaria tamén participaron na actividade. Estos son os personaxes malvados dos seus libros.
Disfrutade das súas creacións picando na imaxe.


buscamos primaria

jueves, 22 de octubre de 2015

BUSCANDO AOS MALOS DOS CONTOS

Os nenos e nenas de Infantil buscaron aos malos dos seus contos. Mirade (picando na imaxe) que traballos tan bonitos, SON UNS ARTISTAZOS!!!!

buscamos aos malos dos contos

domingo, 18 de octubre de 2015

XA CHEGA O SAMAIN!!!

Xa chega o SAMAIN unha tradición galega de orixe celta, predecesora da festa de HALLOWEEN, que se celebra cada 31 de outubro cando comeza o aninovo celta.
Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentarense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.

O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos.
A LENDA DA CABAZA.
Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o maínzo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.

Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai moitos séculos que tal costume se perdeu, máis hoxe en día aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza dos melóns e poñer no seu interior unha candea que escentile pola noite.
Os celtas, antigos habitantes de terras galegas, tiñan un grande respecto polos mortos. Nas súas caveiras poñían unha candea para que, ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente.
Tal cousa facíana ao chegar os tempos escuros do ano, que ao andar o tempo, foise transformando na festa dos defuntos
Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, máis ao longo do tempo mantívose un costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.
Escoitade a historia do SAMAIN




RECURSOS PARA TRABALLAR NAS AULAS
Pica nos seguintes enlaces e atoparás moitas actividades interactivas


No seguinte enlace atoparedes  materiais elaborados pola CGENDL con actividades actividades de comprensión  lectora e plástica
 Se picades no seguinte enlace atoparedes recursos para traballar nas aulas



A BBC ELIXE OS 11 LIBROS FUNDAMENTAIS DA LITERATURA INFANTIL

Cales son os mellores libros da Literatura Infantil? 
Na busca dunha avaliación crítica colectiva, Jane Ciabattari da BBC Cultura preguntoulle a decenas de críticos de todo o mundo cales eran para eles os mellores libros infantís (entendendo por literatura infantil libros para menores de once anos). Este foi o resultado:


jueves, 15 de octubre de 2015

ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DIA DAS BIBLIOTECAS

Ola lectores:
O equipo da biblioteca proponvos as seguintes actividades para celebrar o Día das Bibliotecas:

Sesión de contacontos coa técnica do Kamishibai para os alumnos máis pequenos do centro.

Os lectores de educación infantil, primeiro e segundo  de primaria deben coller un conto tradicional, buscar o personaxe máis malo e debuxalo no espazo en branco do cartel elaborado para a ocasión.




Os lectores de 3º,4º,5º e 6º de primaria buscarán e elaborarán un cartel cos personaxes máis perversos dos nosos libros enumerando as súas falcatruadas.
Todos os carteis estarán expostos na entrada da bibloteca.
ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES CON ESTAS ACTIVIDADES!!!!!

miércoles, 14 de octubre de 2015

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS


O día 24 de outubro é o Día Internacional das Bibliotecas. 
No noso país está dedicado especialmente ao público infantil e xuvenil.
Desde o ano 1997 a Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil promove esta celebración en recordo dun triste suceso: a destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito dos balcáns.
Esta iniciativa xurdiu  para trasladar á opinión pública a importancia das bibliotecas como un lugar de econtro dos lectores de todas as idades coa cultura e, como un instrumento de mellora da formación e da  convivencia humana.
Despois do brutal ataque á biblioteca de Sarajevo o médico e historiador croata  Mirko D. Grmek acuñou o termo  memoricidio para definir a destrución da memoria e o tesouro cultural do adversario : "Bibliotecas públicas, privadas,  escolares, universitarias, nacionais... Todas elas acollen grandes tesouros e, destruílas ou non protexelas, que ven a ser o mesmo é un memoricidio en pequena escala"
 Unha das mellores maneiras de protexelas é dándoas a coñecer, mostrar todos os seus recunchos, sacar os documentos dos fríos estantes e colocalos nas mans dos lectores, e, sobre todo, falar e facer que se fale delas.
A nosa biblioteca tamén quere participar nesta celebración.
Empezaremos ollando o vídeo que fai un percorrido das  quince bibliotecas máis fermosas do mundo:


E o video de Caillou visitando unha biblioteca:





domingo, 11 de octubre de 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS

Biblioteca escolar, base de exploraciónsé o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares.
Este lema chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.  (Recollido da páxina de  Bibliotecas Escolares)

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están en marcha as mochilas viaxeiras cargadas de libros e revistas que, ata xuño,  irán rotando de casa en casa en todos os cursos do cole. Esperamos que disfrutedes da súa estancia entre vós.
As mochilas xorden coa idea de fomentar o hábito de ler en todos os membros da familia, por iso dentro de cada unha atoparedes diferentes materiais tanto para os nenos como para os adultos.
Recordade que dentro de cada unha hai pequenos tesouros que debedes coidar para que todos os poidan gozar nas mellores condicións.
AGARDAMOS QUE GOCEDES CON ESTA ACTIVIDADE


miércoles, 7 de octubre de 2015

VENRES NAS LIBRARÍAS

"Venres nas librarías" é unha campañade dinamización do libro galego que puxeron en marcha as Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a  de Economía e Industria da Xunta de Galicia xunto coa  federación das Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores.
O principal obxectivo desta campaña é o de promocionar a lectura e a venda de libros galegos. 
Desenvolverase esta actividade nas librarías interesadas e asociadas á Federación de Librarías de Galicia e terá lugar  os venres e sábados  dos mese de outubro e novembro de 2015 e os meses de febreiro e marzo de 2016.
A presidenta da Federación informou das actividades programadas nas diferentes librarías de Lalín, Vigo, A Coruña, Moaña, Ourense, Santiago de Compostela, Narón e Vigo.
Hai moitas e variadas actividades, Consultade o programa por se vos interesa algunha

LEDICIA COSTAS, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL


A escritora viguesa Ledicia Costas foi a gañadora do premio Nacional de Literatura Infantil pola súa obra" Escarlatina, a cociñeira defunta"
Este é un galardón que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra dalgún autor español, escrita en calquera das linguas oficiais  e editada en España no ano 2014.
O xurado definiu este libro coma " unha obra extraordinaria, humorística e rompedora que destaca pola súa fácil lectura, polo seu humor arrepiante e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte"
Esta obra  que, tamén recibiu o Premio Merlín da Literatura Infantl 2014, gustoulle moito aos alumnos de 6º de Educación Primaria do ano pasado.  Participaron na actividade " Encontros coa autora" na que, despois de traballar con este libro na aula, reuníronse coa autora na Escola Municipal  de Artes Escénicas de Ourense o 30 de xaneiro.  Para recordar esta actividade  picade na palabra encontro


Se queredes coñecer máis cousas desta autora que tan nos gusta picade no seu nome

martes, 8 de septiembre de 2015

VOLTA AO COLE



O equipo de Dinamización da biblioteca davos a benvida a este novo curso escolar.
Despois do descanso do verán comezamos un novo curso con moita ilusión e grandes expectativas, xa que nos esperan... MOITAS E ...APAISOANTES AVENTURAS.!!!! 
Esperamos seguir contando coa colaboración de toda a COMUNIDADE EDUCATIVA

sábado, 20 de junio de 2015

FELICES VACACIÓNS


O equipo da biblioteca deséxalle a toda a Comunidade Educativa unhas felices vacacións.
Esperamos que descansedes e que á volta veñades todos coas pilas ben cargadas xa que nos esperan moitas aventuras!!!


FELICES VACACIÓNS!!!

viernes, 19 de junio de 2015

TAMÉN LEMOS NO VERÁN

Xa chegou o verán!!! Tanto se vades á praia como á montaña un libro será unha boa compaña. O equipo da biblioteca fixo esta selección para que toda a familia disfrute dunha boa lectura,
Desexamos que vos guste!!!

ENTREGA DE DIPLOMAS E AGASALLOS

Hoxe os mellores lectores do cole recibiron un diploma e un agasallo.
 PARABÉNS A TODOS ELES!!!!
< Tampouco nos esquecemos dos nosos colaboradores. Este curso fixeron un gran traballo! O equipo da biblioteca quixo agradecerlle o seu esforzo cun agasallo,
MOITAS GRAZAS A TODOS!!!