Para celebrar o Día da Paz e da Non Violencia o equipo da biblioteca foi construindo, pouco a pouco, cos vosos ladrillos decorados, nos que están escritos os desexos para a Paz, a PAREDE DA PAZ .
Como todos os anos, o día 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da Non Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal e foi recoñecido pola UNESCO en 1993.
É unha xornada educativa de pacificación, na que se recorda a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz
Tamén se conmemora a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, o 30 de xaneiro de 1948, asasinado por un fanático hinduísta. Este líder indio, despois de graduarse en dereito en Inglaterra, marchou a África e loitou contra a discriminación que padecían os indios. De volta á India organizou a resistencia non violenta, instaurando métodos de loita social novedosos coma a folga de fame. Nas súas actuacións rexeitaba a loita armada e defendía a total fidelidade aos ditados da conciencia .Estivo na cadea varias veces, converteuse nun heroe nacional e participou activamente na independencia da India. Se queredes saber máis cousas sobre a vida de Gandhi picade na seguinte imaxe