lunes, 27 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA E ENTROIDO

Este ano coincidiron no tempo a celebración do DÍA DE ROSALÍA e a celebración do desfile do entroido no noso centro. Por iso decidimos aunar un pouco as dúas celebracións.
Como xa informamos en entradas anteriores, entre as actividades para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA, realizamos un concurso de poesía no que o tema eran os fenómenos meteorolóxicos. O tema fai alusión ao proxecto de METEOESCOLAS que se está levando a cabo no colexio. Ademais todo o colexio preparou os disfraces nas aulas, elexindo cada unha un meteoro.
Acordamos entón que se leran algunhas das poesías feitas polos nenos (de forma individual ou colectiva) para recordar a todos (alumnos, pais/nais e familiares que viñeron presenciar o desfile) a figura de Rosalía. 



Despois do pequeno desfile no patio do cole e antes de empezar co baile e coa festa, léronse algunhas das poesías elaboradas polos nenos e nenas de primaria e os pequenos de 4 anos recitaron un poema de A. G. Teijeiro.

Unha pequena mostra das actuacións:




viernes, 24 de febrero de 2017

#RosalíaTe: Día de Rosalía de Castro 2017

#RosalíaTe é a proposta que cada ano fai a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para exaltar a figura de Rosalía de Castro. Cada 24 de febreiro, coincidindo co aniversario do nacemento da escritora, propoñen realizar diversas actividades para recordar a súa figura e a súa obra literaria, entre elas, algunhas dirixidas aos centros docentes. Este ano a actividade proposta para primaria era a creación dunha máscara cos rasgos de Rosalía e logo compartir, caracterizados de Rosalía, nas súas casas ou cos seus veciños algún poema da autora. 
Velaí as imaxes dos alumnos e alumnas de 6º que quixeron unirse a esta proposta.

































Tamén invitamos a todos a participar noutra das iniciativas da Asociación: celebrar o Día de Rosalía co agasallo dun libro en galego e unha flor!!

"En Galicia existen infinitas formas de amencer: abrente, alborada, clarexa, luzada, rompente. A lírica que abraza os versos de Rosalía posúe as cores reveladoras da primeira luz" (Inicio do manifesto da AELG elaborado por Ledicia Costas)

AS NOSAS POESÍAS

O Equipo da Biblioteca está moi contento coa vosa participación no CONCURSO DE POESÍA convocado en colaboración  co Equipo de Dinamización de Lingua Galega, co de Voz Natura e co de Meteoescolas para honrar a Rosalía neste mes de febreiro.
Foron moitas as poesías recibidas (este ano versaban sobre os fenómenos meteorolóxicos); o Equipo da Biblioteca, axustándose ás bases do concurso, seleccionou  as poesías que mostramos a continuación e que mañá serán lidas no DESFILE DO ENTROIDO.


PARABÉNS A TODOS. SODES UNS MAGNÍFICOS POETAS!!

jueves, 23 de febrero de 2017

IMAXES DE ROSALÍA

Os pequenos e pequenas de infantil tamén quixeron unirse á celebración do Día de Rosalía coa realización dunha galería de imaxes de Rosalía en Pop Art.

4º EDUCACIÓN INFANTIL 




 5º EDUCACIÓN INFANTIL 


6º EDUCACIÓN INFANTIL 

lunes, 20 de febrero de 2017

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Esta semana, desde o luns ata o xoves  NA HORA DE LER, na biblioteca  as nenas de 5º de Primaria:  Isamar, Ariadne, Rosana, Naiara e Lola léronlle aos alumnos de 1º de Primaria e aos de Educación Infantil  dous libros moi interesantes; 
 Isamar e Ariadne contáronlles aos alumnos de 1º de EP  unha fermosa lenda dunha tribu de Africa na que as mulleres, desde que saben que vai nacer un neno, intérnase na selva para buscarlle a súa canción;  para eles  unha persoa desde que nace ten unha canción; A Canción da Vida.  Unha historia que nos recorda que cada un de nós temos unha canción, un nome, unha vibración especial que nos fai únicos.

Naiara, Lola e Rosana léronlle aos nenos de infantil un libro  precioso: El AMIGO PERFECTO



Un libro no que se fala da amizade  QUEN TEN UN AMIGO  TEN UN TESOURO e que nos ensina a valorar as persoas tal e como son, con todas as súas calidades tanto as boas ecomo as malas. 
Foi unha actividade moi interesante!

lunes, 13 de febrero de 2017

ENCONTRO CO AUTOR MANOLO RIVAS


O 7 de febreiro os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria acudiron ao Liceo da nosa cidade para participar na actividade promovida polo Concello de Ourense: ENCONTROS CO AUTOR.O principal obxectivo desta actividade de animación á lectura é o de poñer en contacto directo aos nenos e nenas cos autores e ilustradores de libros infantís, para que coñezan de primeira man o seu traballo. 
Esta vez o encontro foi co famoso escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego Manuel Rivas, que ademais de libros para adultos, tamén ten varios títulos para o público infantil e xuvenil.

Os rapaces e rapazas leron e traballaron nas aulas o seu libro Bala Perdida. "Bala Perdida é o derradeiro pirata do Atlántico Norte, un capitán escrupuloso que anda acompañado dun corvo e dun grupo de bravos mariñeiros. Para resolver unha misteriosa abordaxe na máxica Costa da Morte, Bala Perdida busca a axuda dunha moza xornalista que só dá noticias bonitas." (sinopse extraída da páxina web da Editorial Xerais).

O día do encontro, ademais de escoitar as palabras do autor sobre o seu libro, o proceso de creación do mesmo... houbo unha charla-coloquio no que os rapaces participaron activamente facéndolle gran variedade de preguntas ao escritor. Ao final este asinou exemplares do seu libro.

ENCONTRO CON MANOLO RIVAS by Slidely Photo Gallery

Destacar que tras o encontro Rivas defendeu o papel da literatura e da escola na formación das novas xeracións e reivindicou o papel do libro neste proceso. "Nestes tempos nos que parece que hai unha obsesión por meter nas aulas as novas tecnoloxías. Para min a gran revolución pedagóxica sería situar á biblioteca no centro xeográfico da escola".

No seguinte enlace podedes ler a nova no xornal La Región 



E no seguinte vídeo emitido pola cadea de televisión local TELEMIÑO tamén dan conta da actividade (ollo!! descubride onde se atopan sentados os nosos alumnos e alumnas).



jueves, 9 de febrero de 2017

CONCURSO DE POESÍA

O Equipo da Bilioteca,  en colaboración co Equipo de Dinamización de Lingua Galega, co de Voz Natura e co de Meteoescolas, quere celebrar este mes, no que lede honramos a Rosalía de Castro, cun Concurso de Poesía
As poesías ese ano versarán sobre os fenómenos metereolóxicos.  Os que queirades participar  lede o seguinte cartel no que están especificadas todas as condicións para a súa presentación e o prazo para presentalas.

FEBREIRO, MES DE ROSALÍA, MES DA POESÍA

Xa estamos en febreiro... O mes de Rosalía,!!!  O 24 deste mes  conmemoramos  o 180 aniversario do nacemento da poetisa galega por excelencia:  Rosalía de Castro!!
O equipo da BIBLIOTECA sacou dos andeis as obras desta poetisa e colocounas nunha exposición,  no corredor da entrada,  para que todos vós disfrutedes coa súa lectura e investiguedes sobre a súa vida para coñecer un pouco máis a esta insigne escritora.
Para coñecer máis cousas sobre a súa vida e a súa obra ollade os seguintes videos:


 Se queredes saber máis cousas  desta singular poetisa picade nos seguintes enlaces:



Escoitade os seguintes videos  con algunhas das súas obras:





miércoles, 8 de febrero de 2017

ANIMACIÓN Á LECTURA: CONTADORES DE HISTORIAS

Un bo contador de contos en xeral, e sobre todo para nenos, é aquel que sabe transmitir unha historia con paixón, que sabe captar a atención do público, mantelo marabillado e expectante, que emprega todo o seu corpo para transmitir, sabe improvisar, é creativo, sabe xogar, interactuar ...
O resultado á primeira vista e que os nenos pasano xenial; pero se esta actividade é continua na aula, na casa... axudaremos a desenvolver a súa imaxinación e a súa creatividade e animarémolos a querer saber máis historias, a buscalas  e, co tempo, a lelas por sí mesmos cando xa adquiren esta habilidade.

Dende a biblioteca tratamos de fomentar este tipo de actividades, promovendo sesións de contacontos entre os nenos (os maiores len aos máis pequenos lecturas en Nadal, polo día da Paz, realizamos  "o apadriñamento lector"... ), temos relatos con kamishibai, que realiza connosco todos os anos un antigo profesor do centro, e tamén nos acollemos a calquera iniciativa que nos permita traer un bo contador de contos ao centro, como ocorreu estas dúas últimas semanas:

- O 27 de xaneiro visitounos a famosa actriz e contadora de contos SABELA GAGO. Tróuxonos ao cole as historias de CANCODRILO, un animaliño humanizado e infantil, que se parece a un neno que empeza a aprender e coñecer o que ocorre ao seu arredor. Sabela contounos como se prepara para ir á escola, coa súa mochila e a súa gravata, que colle na horta e sobre todo, como pinta e usa as cores... e todo isto coa axuda dos pequenos e pequenas de infantil que aplaudiron, sopraron, ergueron as mans, pintaron cos seus dedos-pinceis, riron, xogaron, imaxinaron...
<

Grazas á colaboración do Concello de Ourense e á editorial Linteo (ollo unha editorial ourensá!!) xa temos na biblioteca os cinco libros que compoñen a colección de Cancodrilo que foi escrita por Xabier López Mateos. 

- O 3 de febreiro foi IAGO LÓPEZ, outro estupendo contador de historias, o que nos visitou para contarnos esta vez unha historia da súa inventiva "O COCIÑEIRO MARTIÑO". Cantas penas ten que pasar o pobre Martiño para conseguir ser o cociñeiro real!! Menos mal que contou coa axuda dos nenos de infantil e de 1º e 2º curso que se prestaron voluntarios para axudalo:
Na primeira sesión Sebas foi o pastor que lle deu manteiga, Nair a granxeira que lle deu ovos, Manuel o muíñeiro que lle deu fariña, Ainhoa a veciña que lle deu azucre e Lucía a panadeira que lle deu o fermento para facer un rico biscoito... 
E na segunda sesión, Brais, Carla, Joel, Ainhoa e Aitana foron os axudantes de Martiño.
Pero se queredes saber como Martiño conseguiu o seu propósito de ser o cociñeiro do rei, non tedes máis que vir á biblioteca a ler a historia...
E se alguén se anima a ser un bo contador de historias, aquí deixamos uns enlaces moi interesantes:






PREMIOS CARTAS AO APALPADOR

 Chegaron moi boas novas do CONCURSO DE CARTAS AO APALPADOR!! As alumnas de 5º Naiara e Aissatou foron premiadas polas súas cartas nas que mostran unha extraordinaria empatía.
Hoxe recibiron unha carta moi agarimosa do APALPADOR e un lote de libros como agasallo.
O Equipo da Biblioteca felicita a estas nenas e anima aos demais nenos a que sigan participando.

FELICIDADES!!!


cartas premio apalpador - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

 A continuación tedes a carta que recibiron do Apalpador e as que escribiron elas,  lédeas con calma, están cheas de tenrura!!!