A Biblioteca está a piques de pechar a porta por este curso. Unha das últimas actividades é a a de repartir agasallos aos grandes lectores e aos colaboradores.
O equipo dos observadores formado polos alumnos de 6º de Primaria Antía, Nadia Isamar, Mario e Izan foron os gañadores do concurso: Adiviña, adiviñando. O equipo da Biblioteca premiou o seu traballo de investigación cun pequeno agasallo .
A cada unha das tres clases de Educación Infantil as representantes do Equipo da Biblioteca entregáronlle uns bonitos diplomas para agradecerlles a súa gran afición pola lectura.
Tamén recibiron un diploma estes grandes lectores polo seu entusiasmo na lectura de libros ao longo de todo o curso.
E o noso podio de honra, que recibiu un diploma e un agasallo, este cuso está ocupado por:
 |
No 3º lugar: Claudia Pérez
|
 |
| Subcampiona: Sheila Do Nascimento |
E a nosa campiona por segundo ano consecutivo é: a alumna de 6º B de educación Primaria Antía Rodríguez
Parabéns a todos, a seguir disfrutando coa lectura!!!