sábado, 29 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALÍA 2020

Este ano a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)  con motivo da celebracíón do DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, elexiu o lema "ERRANTES POLO MUNDO" para destacar a denuncia que Rosalía fixo na súa obra da emigración, transmitindo a rabia, a dor e o desarraigo de todos aqueles que tiveron que marchar da súa terra buscando o pan e a liberdade; tema que por desgraza segue hoxe tan de actualidade no mundo.  
Quixemos traballar de forma colectiva un dos seus poemas máis significativos e ao mesmo tempo máis asequibles a todos os nenos e nenas pola súa sinxeleza  semántica e sintáctica e que tan ben transmite ese sentimento de dor pola marcha, o abandono de todo canto se quere e o temor á soidade nunha terra estraña: "ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES". 
Os maiores prepararon unha pequena biografía (incluída unha caritura da escritora) e os distintos cursos escribiron e ilustraron con distintas técnicas unha estrofa deste poema tan coñecido, tan fermoso e ao mesmo tempo tan triste de ROSALÍA

domingo, 16 de febrero de 2020

MARIE CURIE

Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil estiveron traballando ao longo duns dous meses sobre a figura de MARIE CURIE. Este proxecto partiu como consecuencia dos experimentos que realizaron con motivo do mes da ciencia en galego. Tanto lles gustaron que querían ser científicos, así que  a profesora aproveitou o seu entusiasmo para traballar a figura desta gran científica. Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, os pequenos quixeron presentarlles aos maiores de 6º de primaria o traballo realizado. 

Picade na icona que hai ao lado de cada número no póster que realizamos ente todos sobre MARIE CURIE para ver todo o traballo que fixemos:


(logo pechade cada ventá que se abre para acceder á seguinte icona do póster).

Deixámosvos tamén una presentación con imaxes do día da exposición:

EXPOSICIÓN: MARIE CURIE by Slidely Photo Gallery

martes, 11 de febrero de 2020

ENCONTRO CON HÉCTOR CAJARAVILLE

O 7 de febreiro foi un día moi interesante para os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria que acudiron ao Liceo de Ourense para coñecer ao escritor Héctor Cajaraville. Previamente a este encontro xa leran un dos seus libros, concretamente, KUSUMA, que acadou o Premio Merlín de Literatura Infantil 2018.

O autor explicoulles como xurdira a idea de escribir KUSUMA, o seu significado, o por que de escribir de forma fabulada unha historia con problemas reais de hoxe en día: os refuxiados, os inmigrantes, a forza da comunidade, os estragos á natureza... 

Despois da súa narración, contestou a todas as preguntas que os rapaces e as rapazas lle fixeron sobre o seu libro e a súa forma de escribir e contar historias.
Tamén lles comentou que lle quedaran cousas pendentes nesta obra e que estaba contemplando a posibilidade de escribir unha segunda parte... 
Ao final asinoulles o exemplar do seu libro que levaba cada un deles cunha dedicatoria personalizada. 
Resultou un encontro moi entrañable e  que os rapaces e rapazas recordarán durante moito tempo pola atención, familiaridade e cariño con que Héctor os tratou. Agora esperan impacientes que se anime a escribir unha segunda parte!.  

ENCONTRO CO AUTOR: HÉCTOR CAJARAVILLE by Slidely Photo Gallery



Deixámosvos a reseña que a editorial Xerais fai sobre KUSUMA:



E por se queredes coñecer máis obras deste autor, aquí tedes outros libros que escribiu para público infantil e xuvenil:






 





lunes, 10 de febrero de 2020

VISITA NOVA BIBLIOTECA PÚBLICA DE OURENSE

O pasado 3 de febreiro os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria visitaron as novas instalacións da Biblioteca Pública de Ourense. Ás portas da biblioteca foron recibidos por un dos seus bibliotecarios, Antón, que fixo de guía. 
Primeiro levounos á sala de infantil, onde están os libros adaptados a eles. Alí ordenados estaban os libros de aventuras, de poesía, de chistes... e ordenadores para facer consultas.  Nun recuncho había "pufs" e cadeiras de reis e raíñas e alfombras para sentarse e disfrutar da lectura. Alí, Antón explicoulles como se clasificaban os libros e os diferentes "tejuelos" para identificalos.  Foilles ensinando libros que sacaba dunhas maletas: algúns xa eran coñecidos para eles, outros eran novidosos e chamáronlles a atención grazas ao estupendo labor de Antón que soubo manter a súa atención cos seus xogos e amenas explicacións.
Tamén lles informou que podían levar libros de préstamo para as súas casas. Ata un máximo de 5 libros e 3 películas en DVD de cada vez.  Podían ter 21 días os libros nas súas casas e renovalos por outros 21 días se ninguén os pedira en reserva. As películas durante unha semana, renovables por outra. 
Finalmente viron parte das instalacións da nova biblioteca con espazos moi amplos e luminosos  e que como xa todos saberedes chamarase BIBLIOTECA PÚBLICA XERACIÓN NÓS. 

Aquí tedes unha ligazón onde nos explican como foi elexido ese nome:
Tamén vos deixamos outra ligazón para que vexades as salas, espazos e servizos cos que conta a nova bilioteca:

E unha última ligazón á páxina web da mesma:

VISITA BIBLIOTECA PÚBLICA by Slidely Photo Gallery

Xa só nos queda animar a todos e a todas a que visitedes as novas instalacións da bilioteca pública de Ourense e que fagades uso de todos os seus servizos. Un montón de libros están alí esperando por vós!!!.  

domingo, 9 de febrero de 2020

FEBREIRO MES DE ROSALÍA

Xa estamos no mes de febreiro!!! Un mes que dedicamos por completo a nosa escritora máis universal: Rosalía de Castro, unha escritora que foi precursora da poesía española moderna e unha pioneira do pensamento feminista.

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) propón desde o ano 2010 a Conmemoración do Día de Rosalía o 24 de febreiro, data que coincide co aniversario do nacemento da autora e proponlle á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e ás persoas queridas.
Para a edición 2020 Daniel Asorey (se picades no nome coñeceredes a súa biografía) é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG que se lerá en Santiago, o 24 de febreiro, no Panteón de Galegos Ilustres.
O Equipo da Biblioteca ten preparado diferentes actividades que se desenvolverán ao longo de todo o mes.
Como todos os anos convocamos un novo Concurso de Poesía que este ano leva por título: "Gústanos coidar o Medio Ambiente"



Continuamos coñecendo a súa vida cos seguintes videos:


Tamén podedes desenvolver as seguintes actividades LIM sobre Rosalía:

Cancións sobre as súas poesías:



sábado, 8 de febrero de 2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2020

Unha das celebracións que máis lle gustan aos nenos e nenas do noso cole é o DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ. Como todos os anos realizamos diferentes actividades que traballamos a nivel de aula e tamén propostas e actos en común que sempre rematamos con bailes e cancións que fan a ledicia de todos ao compartir xuntos eses momentos especiais e cheos de emoción. 

Baixo o lema TODOS UNIDOS  NUN MUNDO EN PAZ, quixemos expresar a unión e a igualdade de todos os nenos e nenas do mundo coas súas diferenzas de raza, orixe, crenzas, costumes... e plasmámolo plasticamente nunha cadea que recorría parte dos corredores do colexio.





TODOS UNIDOS NUN MUNDO EN PAZ by Slidely Photo Gallery

Tamén expresamos en inglés os nosos desexos de paz con vocabulario e expresións para tratar de conquerir entre todos a mestura perfecta que faga posible a unión e a paz: TOGETHER WE MAKE THE PERFECT BLEND. 





O alumnado de 6º de primaria elaborou un manifesto:  O DECÁLOGO PARA MEDRAR EN PAZ, recollendo dez pequenas accións que todos podemos realizar no noso día a día e que axudarán á un ambiente de paz e harmonía ao noso arredor.





O día 30 de xaneiro, despois de ler o decálogo, cantamos e bailamos todos xuntos a ritmo das seguintes cancións:
- PAZ, PAZ de JUANES.
- A DANZA DA PAZ de MAMÁ CABRA
- A POLCA DA PAZ 
(se premedes nos enlaces podedes visualizar as cancións elexidas en youtube). 


DANZAMOS E CANTAMOS- DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ - 2020 by Slidely Photo Gallery