jueves, 27 de octubre de 2016

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Os recreos desta semana resultaron moi laboriosos na nosa BIBLIOTECA, foron moitos os nenos e nenas que acudiron ao noso obradoiro para decorar  cabazas.


Insertar en Blog - collage

Tanto traballo deu os seus froitos!!! Sodes todos uns artistazos!!! As cabazas quedaron moi ben.
Esta é a nosa exposición

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Na Biblioteca xa está todo preparado para que todos disfrutedes dun SAMAÍN de moito, moito medo!!!
As bruxas, os esqueletos, as arañas,os  morcegos,,,colgan do teito e das paredes para dar ambiente e dos andeis saíron  libros que dan moito, moito medo para que todos disfrutedes da súa lectura.

Achegádevos a ela e disfrutade do SAMAÍN!!!



miércoles, 26 de octubre de 2016

CONTACONTOS


Para celebrar  o Día Internacional  das Bibliotecas Escolares, o profesor Xosé Carlos Caramés desenvolveu, cos nenos de infantil e de 1º de Primaria, unha sesión de contacontos. Esta sesión desenvolveuse o pasado martes, 25 de outubro.
Empregando a técnica do KAMISHIBAI os nenos disfrutaron co conto "O Chacal e o Ourizo", un conto saharaui  que nos fala da importancia do traballo honesto, e da necesidade de empregar a astucia contra o abuso.
Os nenos participaron activamente no conto e pasárono moi ben.

martes, 18 de octubre de 2016

OBRADOIRO DE CABAZAS

Ante a proximidade do SAMAÍN na BIBLIOTECA celebrarase, ao longo de toda a semana na hora do recreo, un obradoiro de decoración de CABAZAS



CONCURSO CONTOS DE MEDO

 Amigos Lectores cando chega o Samaín na BIBLIOTECA  temos o CONCURSO DE CONTOS DE MEDO.  Este ano  as protagonistas serán as novas amigas de Librín, as mascotas de VOZ NATURA: MUNDO MAN E BELLI, que vivirán as historias  máis terroríficas que poidades imaxinar na súa aventura de Coidar o Planeta. Este é o cartel que anuncia o concurso:

CHEGA O SAMAIN

Chegou o outono, tempo de castañas, follas secas, vento e días escuros e curtos. É o tempo da recollida do millo e das cabazas.  É tamén o tempo no que facemos as caveiras coas cortizas das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos Celtas.  Nesta época os nosos antepasados celebraban a aparición da época escura : poñían as caveiras  dos seus inimigos  con fachos de lume dentro para espantar aos malos espíritos que aparecían na longa noite de inverno. Xa hai moitos séculos que esta crenza dos nosos antepasados se perdeu, pero seguimos coa tradición de tallar caveiras  nas cortizas das cabazas e poñer no seu interior unha candea que escentile pola noite.
Se queredes coñecer mais cousas desta festa picade nos seguintes enlaces:
A Noite do Samaín
Se picades no seguinte enlace atoparedes actividades moi interesantres
MATERIAIS

Agora que xa coñecemos moitas cousas desta festa , atrevédevos a participar nestas actividades?
ACTIVIDADES LIM
ACTIVIDADES INTERACTIVAS
XOGOS

Disfrutade con estes videos sobre o Samaín




BRINCA VAI: NO SAMAÍN




O BAILE DOS ESQUELETOS




CORRE CORRE CABACIÑA



lunes, 10 de octubre de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa temos preparadas as Mochilas viaxeiras para que,   esta semana,  os nenos de todos os cursos  as levedes ás vosas casas e disfrutedes en familia coa lectura dos materiais que leva dentro.
Con esta actividade a Biblioteca ponse en contaco coas familias para que colaboren e participen no noso gran obxectivo : A formación de grandes lectores.

Este curso dentro das mochilas,  ademais dos materiais que levaban todos os anos,  engadímoslle,  en colaboración co equipo de Voz Natura,   unha nova SECCIÓN  VERDE que contén a Mascota Mundoman,  unha revista sobre temas da natureza, un pendrive de ecoconsellos e un libro cunha temática sobre a natureza e o seu coidado.
Esperamos que o seu contido sexa do voso agrado, que o compartades e o disfrutedes en  familia.



viernes, 7 de octubre de 2016

DÍA INTERNACIONAL BIBLIOTECAS ESCOLARES

Desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, unha iniciativa da Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil, para recordar un triste suceso:  a destrucción da BIBLIOTECA de SARAJEVO, que foi  queimada no ano 1992, durante a Guerra dos Balcáns.
Esta conmemoración naceu para trasladarlle á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de  lectores de todas as idades coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e da convivencia humana.
Todas as BIBLIOTECAS agochan grandes tesouros que debemos protexer, unha das millores maneiras de protexelas é dalas a coñecer abrindo as súas portas , sacando os libros dos estantes para mostrárllelos aos lectores e, sobretodo, falar e facer que se fale delas.
Por eso é tan importante este día e todas as actividades que se celebran.
Unha das actividades programadas, para a que pedimos a vosa colaboración, é a de facer entre todos un libro cos consellos ecosaudables para ser respectuosos co medio ambiente. Esta é a proposta:

Ollade este video conto dos Bolechas que  nos contan motas cousas interesantes da  BIBLIOTECA

Agora un video de animción á lectura:
unha homenaxe a todos os  bibliotecarios



martes, 4 de octubre de 2016

GUÍA DE USUARIOS


Con esta guía de usuarios  comezamos coa primeira sesión para a Alfabetización informacional  ( saber cando e por que necesitas información, coñecer onde e como atopala). Cada usuario recibirá esta guía e fará prácticas na biblioteca.