Os alumnos de 4º B estiveron na biblioteca para recibir unha sesión de formación sobre a organización da biblioteca segundo a Clasificación Decimal Universal (CDU). Buscaron libros nos andeis, analizaron os fondos e aprenderon a ubicalos na sección correspondente e fixeron prácticas para colocalos atendendo a información dos "tejuelos".
Mostrando entradas con la etiqueta formación usuarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta formación usuarios. Mostrar todas las entradas
jueves, 9 de noviembre de 2017
miércoles, 25 de octubre de 2017
FORMACIÓN
Os alumnos de 1º de Primaria estiveron na biblioteca na hora de ler, alí recibiron información sobre como atopar os libros, o que significaban os tejuelos dos libros, buscaron libros nos andeis e repasaron as normas da biblioteca. Acabaron a sesión co préstamo de libros
Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery
lunes, 9 de octubre de 2017
COLABORADORES
Os novos axudantes da biblioteca ( 20 alumnos voluntarios de 6º de primaria) xa recibiron a formación necesaria e firmaron o seu cotrato no que se comprometeron, cheos de ilusión, a desenvolver, ao longo de todo o curso, moitas e variadas actuacións entre as que destacamos:
- Colocar correctamente os libros nos andeis e manter en orde a biblioteca.
- Axudarlle aos nenos a buscar os fondos que precisen.
- Repara os fondos que se atopan no hospital.
- Colaborar nas actividades LIBRO-PATIO e na APERTURA DO QUIOSCO levando e coidando os libros.
- Comprobar que se cumpren as normas da biblioteca.
Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow
miércoles, 19 de abril de 2017
NOVOS AXUDANTES
Os novos axudantes da BIBLIOTECA (14 alumnos de 6º de primaria) xa recibiron a formación necesaria e firmaron o seu contrato no que se comprometeron, cheos de ilusión, a desenvolver, ao longo deste trimestre, moitas e variadas actuacións entre as que destacamos:
- Colocar os libros nos andeis e manter en orde a BIBLIOTECA.
- Axudarlle aos nenos máis pequenos a buscar libros.
- Reparar os fondos que se atopan no hospital.
- Colaborar na actividade de LIBRO-PATIO, levando e coidando os libros.
- Lerlle contos aos máis pequenos no recreo.
O EQUIPO DA BIBLIOTECA agradece a súa colaboración e deséxalles a todos unha experiencia gratificante e motivadora.
martes, 4 de octubre de 2016
GUÍA DE USUARIOS
Con esta guía de usuarios comezamos coa primeira sesión para a Alfabetización informacional ( saber cando e por que necesitas información, coñecer onde e como atopala). Cada usuario recibirá esta guía e fará prácticas na biblioteca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


