lunes, 27 de noviembre de 2017

DÍA DE CONMEMORACIÓNS


Hoxe, despois da hora de ler, os nenos e os mestres do cole saímos ao patio para conmemorar nun único acto tres datas moi entrañables para todos nós e que están moi próximas no calendario: celebramos o Día dos Dereitos do Neno, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e o Día Internacional das Persoas con Discapacidade


Iniciaron este acto tres alumnos de 6º de Primaria lendo o seguinte  manifesto no que nos pediron a toda a Comunidade educativa  os seguintes compromisos:












Rematamos este sinxelo acto cantando mediante a  linguaxe de signos a canción de Guadi Galego Chea de Vida. Unha canción na que as emocións e os sentimentos convértense en abanderados, así o define a propia autora, nun canto de amor á muller e á liberdade.
Queremos agradecerlle a Patricia, nai de Julia, alumna de 5º de Educación Infantil, por ensinarnos a todos nós a expresarnos coa linguaxe de signos, sen a súa axuda e o seu tesón non seríamos capaces de conseguilo.
Moitas grazas pola túa axuda e esperamos seguir aprendendo contigo.


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery



jueves, 23 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO


O día 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero , un día de reflexión e  para  reclamar  a atención á sociedade sobre o feito de que a violencia contra as mulleres e ás nenas é unha das formas de violencia máis extendida no mundo.
Se queres saber por que se celebra este día  pica no seguinte enlace:   25 de novembro.
A escola debe contribuír a erradicar esta violencia educando na igualdade, opoñéndose a todo tipo de violencia tanto física como verbal, facendo respectar os dereitos das mulleres e das nenas, fomentando unha relación afectuosa e solidaria entre os seus membros e empregando modelos e mensaxes cooperativos e dialogantes.
Nos seguintes enlaces atoparedes diferentes actividades e recursos  para profundizar, reflexionar  e traballar a violencia contra as mulleres:





martes, 21 de noviembre de 2017

ENCONTRO COS AVÓS

Hoxe no cole tivemos unha visita moi especial!!  Co gallo da celebración do Día Internacional dos Dereitos do Neno achegáronse ata o noso centro cinco avós e avoas da Residencia Fogar San Amaro e outros avós e avoas de nenos do cole para compartir con nós uns momentos entrañables, cheos de nostalxia, nos que os avós foron desgranando ás súas vivenzas na escola da súa infancia, explicáronnos como pasaban os días, os traballos que facían, como eran as clases, a que xogaban, cales eran os seus xoguetes... Os alumnos das diferentes clases escoitaron as súas historias con moita atención e interese, fixéronlles moitas preguntas e déronse conta das notables diferenzas entre a súa infancia e como foi a dos avós, e como foi evolucionando a vida e os dereitos dos nenos ao longo do tempo. 
Este encontro interxeracional foi unha experiencia moi enriquecedora, tanto para os nenos coma para os nosos maiores que se sentiron protagonistas e foron arroupados polo cariño e admiración dos pequenos. 
Como se reflicte nas biografías que nos aportaron algúns deles tiveron unhas vidas extraordinarias. 


Moitas grazas a Marina e Antonio, avós de Iria, a Miguel,  a Manola, a Alfonso, a Xosé, a Moncho, a Mabel, avoa de Isamar e Candela, a Gloria, nai de Aissatou,  e a Marisa, avoa de Mario San Juan,  por compartir con todos nós eses recordos tan entrañables.



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Photo Gallery


Esperamos ao longo do curso e enmarcado dentro do noso Proxecto Documental Integrado "Auga, pedra, sabedoría e terra", realizar máis encontros interxeracionais que nos permitan coñecer historias, cantigas, refráns, oficios... que conforman o patrimonio inmaterial da nosa contorna. 

lunes, 20 de noviembre de 2017

CONTOS DE MEDO

Xa están expostos os contos que se presentaron ao V concurso de contos de medo e que se axustan ás bases establecidas.
Hai historias moi interesantes, buscade un tempo para lelos con calma.


Temos que destacar a gran participación os alumnos de 3º A , presentaron as súas historias nun cadaleito cheo de epitafios:


Os alumnos de 4ºB  tamén participaron elaborando un libro con todas as historias que  escribiron individualmente:


Esperamos que con  todas  estas historias vivades momentos de moito, moito medo!!!

martes, 14 de noviembre de 2017

DEREITOS DA INFANCIA



No ano 1959 a ONU aprobou a  Declaración dos dereitos do neno  ( se picas no anterior enlace atoparás máis información), por iniciativa de UNICEF e dende o ano 2000 celebramos todos os 20 de novembro o Día  Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas. 
Se picades no seguinte enlace atoparedes información sobre a necesidade de celebrar este día;  Por que se celebra o Dia dos Dereitos da Infancia?
No seguinte vídeo explícannos cales son estes Dereitos:

Nos seguintes enlaces atoparedes diferentes materiais para traballar este día:
Banco de Recursos
CADERNO DOS DEREITOS
Nos seguintes videos explícannos cales son so nosos dereitos e  deberes :








Nas seguintes cancións fan un repaso dos nosos dereitos:


jueves, 9 de noviembre de 2017

DÍA DAS LIBRARÍAS

O dez de novembro celebramos en España o DÍA DAS LIBRARÍAS (se picas no anterior enlace terás máis información sobre esta celebración) ;  unha festa na que se quere recordar que un libro é sempre unha excelente adquisición.
 Este día todas as librarías ofrecen un amplo  programa de actividades : lecturas públicas, presentacións, firmas de autores, contacontos, exposicións...co que se pretende reindivicar  as librarías como  un lugar de xestión cultural no que ademais de fomentar a lectura,  xenera cercanía e relacións, así como a figura do libreiro como mediador con capacidade de recomendación.
Igual que non hai dúas persoas iguais, as librarías tampouco o son, hainas grandes e pequenas, algunhas  dan cabida a moitas materias e outras especialízanse nun só tema; unhas ofrecen letras, música e contos para os  máis pequenos e outras coidan as tertulias ofrecéndonos un espazo para tomar un café.
Ollade o seguinte video para promocionar as librarías:


Pra homenaxear este día,  un vídeo sobre as librarías máis fermosas do mundo, son espectaculares!!!


Esta é sen dubida unha das librarías máis fermosas do mundo : A Libraría Lello




SESION DE FORMACIÓN

Os alumnos de 4º B estiveron na biblioteca para recibir  unha sesión de formación sobre a organización da biblioteca segundo a Clasificación Decimal Universal (CDU). Buscaron libros nos andeis,  analizaron os fondos e aprenderon a ubicalos na sección correspondente e fixeron prácticas para colocalos atendendo a información dos "tejuelos". 

sábado, 4 de noviembre de 2017

XUNTANZA CLUBS DE LECTURA


Os nosos clubs de lectura xa están en marcha!! Primeira parada: O PRINCIPIÑO! Estes dous últimos venres, tanto os GUSICROSS coma O XARDÍN DOS LIBROS, reunímonos para comentar a nosa primeira lectura.
Xuntámonos no recreo e na hora de ler ao redor dun bo biscoito e unhas pastas, agasallo da nosa profe Maite!

En xeral, O Principiño tivo unha boa acollida, foi un libro interesante, bonito, metafórico, triste, divertido... Falamos, rimos, xogamos, fixémonos pasar polas distintas personaxes e soñamos con que planeta nos gustaría visitar!

E ao espertarmos dese soño, xa andamos pensando nas nosas seguintes paradas. Desta vez, leremos alternados dúas obras novamente de narrativa: CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE e ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA.

Seguiremos informándovos!!



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery