viernes, 19 de diciembre de 2014

BO NADAL



O equipo da biblioteca deséxalle a toda a Comunidade Educativa unhas felices festas e que no Novo Ano se fagan realidade todos os desexos que cada un poida soñar!!!

BOAS FESTAS!!!


CARTAS AO APALPADOR

Os nenos e nenas escribíronlle cartas moi fermosas ao Apalpador para participar no concurso que se celebrará o 31 de decembro na Noite do Apalpadoiro. O equipo da biblioteca deséxalles moita sorte a todos e todas!!!

LIBROS RECOMENDADOS PARA ESTE NADAL

O equipo da biblioteca fai esta selección de libros para este Nadal para que nestas vacacións sigades disfrutando coa lectura 


miércoles, 17 de diciembre de 2014

CHEGA O NADAL

Xa chegou o Nadal!!!
A biblioteca xa está decorada e nos andeis fixemos unha exposta de libros sobre o Nadal.


Picando neste enlace atoparedes actividades divertidas

ACTIVIDADES LIM


Esta é a Historia sobre o Nadal contada para os nenos


No taller de Papá Noel hai moito traballo:



Escoitade esta panxoliña. Esperamos que vos guste!!!



jueves, 11 de diciembre de 2014

O APALPADOR

O apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno.   Na noite do 24 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos e ás nenas que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dalles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame desexándolle un ano cheo de felicidade e  de alimentos.
Se queredes coñecer a historia do apalpador ollade este video:



Ou escoitade este conto:



 No seguinte enlace atoparedes actividades moi divertidas

https://sites.google.com/site/nadalrecursos/o-apalpador

ESCRIBE UNHA CARTA AO APALPADOR

Ola amigos:
Queredes participar no concurso cartas ao Apalpador?
Só tendes que escribirlle unha carta. As cartas máis inxeniosas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais sinceros e positivos enviarémolas ao apartado 7070 Da Coruña para participar no sorteo que se celebrará o 31 de decembro na noite do Apalpadoiro.
Como non se trata de Misses non vale pedir "...A paz no mundo", "...Que o ano que vén me porte mellor". Todo isto está moi ben, pero ese desexo xa llo supomos a todos vós e nós.

 ANIMÁDEVOS!!!


ENTREGA DIPLOMAS

Os nenos e nenas que participaron na actividade da elaboración de contos de medo recibiron un diploma e un pequeno agasallo. Felicidades a todos eles e a seguir participando!