Cada 30 de xaneiro, coincidindo coa conmemoración da morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, desenvólvese a iniciativa da conmemoración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia, recoñecido como tal pola UNESCO no ano 1993.
Este día todos os colexios, centros e espazos públicos, convértense en instrumentos de entendemento entre as persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión; preténdese reafirmar a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos DDHH, a Non Violencia e a PAZ. Neste día todos alzamos a voz contra a violencia e en favor do amor, a convivencia pacífica e harmoniosa. Palabras como amizade, paciencia, tolerancia predominan nos nosos carteis nos que reivindicamos a necesidade de que a felicidade reine no noso planeta.
Se queredes coñecer a vida e os feitos de Gandhi para acadar un mundo sen violencia ollade este video:
O equipo da BIBLIOTECA sacou dos andeis os libros sobre esta temática e fixo unha exposición no corredor da entrada para que gocedes coa súa lectura.
O mundo en PAZ que reclamamos debe ser un mundo saudable, libre de contaminación e con perspectivas de futuro, seguindo o noso lema "Desplastifícate"faremos a nosa reclamación con tintes ambientais (materiais reciclables) esixindo solidariedade co medio que nos rodea e no que transcurren as nosas vidas. Reclamamos un mundo no que a sosteñibilidade e a harmonía abranga á natureza e aos elementos que a impregnan; mares, ríos, auga, animais e plantas.
Nos seguintes enlaces atoparedes un banco de recursos para traballar neste día:
RECOMPILACIÓN RECURSOS PARA A PAZRECURSOS PARA A PAZ
PROXECTO: DÍA ESCOLAR DA PAZ
ACTIVIDADES LIM: DIA DA PAZ
ACTIVIDADES INTERACTIVAS; DIA DA NON VIOLENCIA
No seguinte video atoparedes os Premios Nobel da Paz mais populares dos últimos 50 anos:
Disfrutade escoitando e vendo estes contos sobre a PAZ:
Algunhas cancións para celebrar este día: