Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Xela Arias Castaño (Sarria 1962 – Vigo 2003) foi a personalidade literaria elexida pola Real Academia Galega RAG para protagonizar o Día Das Letras Galegas 2021. Con este nomeamento a RAG reivindica a memoria, a cultura e a lingua do pobo galego. Xela foi escritora, tradutora e profesora galega. Poeta rompedora e muller comprometida co movemento feminista, ecoloxista e pacifista.

Para coñecer a figura e a obra de Xela preparamos o seguinte documento (ALFIN):


Cunha pequena exposición de libros sobre a súa vida e a súa obra rendimos homenaxe a XELA ARIAS e tamén á figura das mulleres ás que lles adicaron as LETRAS GALEGAS en anos anteriores: Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño e María Victoria Moreno.  





lunes, 25 de mayo de 2020

PRESENTACIÓNS TRABALLOS LETRAS GALEGAS 2020

Xa temos aquí as presentacións cos traballos realizados con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 
- #MOLACARVALHO:
Parabéns a tod@s, nenos e nenas, familias e mestres que vos animastes a participar e contribuír así desta maneira a ensalzar a figura do escritor homenaxeado este ano. 
Sabedes?, o hastag gañador foi  #aspitasbaixoachoiva, parece que esta historia de Carvalho Calero, baseada en lembranzas da súa nenez,  vos encantou a tod@s.

- CONTAMOS DENDE A CASA:
Nesta homenaxe á nosa lingua non podían faltar as historias que nos contastes dende as vosas casas. Fantástico traballo, agora vede e escoitade con calma cada unha delas.



GRAZAS a tod@s os membros da nosa comunidade educativa, sen a unión e colaboración entre as casas e a escola non sería posible o traballo realizado!.

viernes, 15 de mayo de 2020

DEZ ERAN DEZ, CONTACONTOS DE SABELA GAGO

Con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, de novo Sabela Gago nos envíou outro conto para os pequenos e pequenas do colexio. Outra historia de Xoán Babarro, neste caso "DEZ ERAN DEZ", unha simpática historia onde as xoaniñas son as protagonistas.
Mirade que historia máis simpática!!


Ademais, Sabela quere invitarvos a facer esta manualidade:

Moitas grazas Sabela, sempre animándonos coas túas historias!! 


domingo, 10 de mayo de 2020

MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS

Lectores: Xa estamos no mes de maio!! Un mes moi importante para as nosas letras xa que tódolos anos o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. 




A Real Academia Galega (RAG) decidiu homenaxear nese día ao escritor e educador Ricardo Carvalho Calero coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e 30 do seu pasamento (se picades no seu nome atoparedes a súa biografía).




Por mor da pandemia da COVID-19  a RAG decidiu que este ano e de maneira excepcional se celebrará o Día Das Letras Galegas o 31 de outubro tal e como apareceu reflictido na prensa:


Para que coñezades máis cousas sobre este autor ollade este vídeo realizado polo EDLG do Colexio San Pío X de Ourense:


Tamén vos deixamos estes enlaces que nos parecen moi interesantes:



Para conmemorar este día dende as casas, propoñévosmos as seguintes actividades:

- "CONTAMOS DENDE A CASA"- cada clase elexirá un conto e repartirase o texto entre os alumnos/as de dita clase. Cada neno/a terá que ilustrar a parte do texto que lle foi asignada e logo gravarase lendo o mesmo e véndose a ilustración realizada. Logo montaremos o conto con todas as escenas gravadas. 

- "#MOLACARBALLO" - para esta actividade necesitamos unha camiseta vella que xa non usemos e estampamos nela, co hagstag # diante, unha palabra, frase, título de algún libro, debuxo... refererido a Carballo Calero. Para iso, primeiro consultade a información que vai nesta páxina ou buscade en Internet para coñecer a vida e obra do autor homenaxeado. 

Ollade e escoitade  este vídeo con poemas de Carvalho Calero


Na homenaxe de Carvalho Calero:



E o conto que escribiu basado nunha lembranza da súa nenez, "As pitas baixo a choiva":




miércoles, 22 de mayo de 2019

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2019

O 16 de maio realizamos no centro un pequeno festival para honrar a nosa lingua e a nosa cultura e en especial para recordar a figura de ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, autor ao que se lle dedican este ano 2019  o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 
No festival comezamos cunha pequena presentación sobre o autor, a súa vida e a súa obra e ao longo do mesmo, entre outras actuacións, intercaláronse cantigas do seu Cancioneiro de Cotobade e a famosa peza do Casamento da Pulga.
Na seguinte presentación podedes visualizar a maioría das actuacións:


(premede nos símbolos e pasade as diferentes páxinas)

lunes, 13 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS


O historiador e xeógrafo Antón Fraguas foi a personalidade literaria elexida pola Real Academia Galega RAG para protagonizar o Día Das Letras Galegas 2019. Con este nomeamento a RAG reivindica a memoria, a cultura e a lingua do pobo xa que, seguindo as palabras de Freixanes, foi unha das persoas que "máis tempo se dedicou a recoller, sistematizar e coñecer esta riqueza". Figura referente  do Galeguismo xa non só polo seu talante ético de defensa permanente do galego, senón pola súa capacidade para transmitir estes sentimentos a todo o mundo.
Se picades no seguinte enlace atoparedes toda a información da súa vida e obra BIOGRAFÍA E BIBLIOGRAFÍA ANTONIO FRAGUAS
Os rapaces do CPI Plurilingüe Dos Dices elaboraron este telexornal para achegarnos á figura homenaxeada no Dia das Letras Galegas:


Os alumnos do IES Concepción Arenal elaboraron o seguinte video:
Nos seguintes enlaces atoparedes recursos para coñecer a este gran personaxe:
PRIMAVERA DAS LETRAS (actividades de investigación, bibliografía e actividades interactivas)

O equipo da Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, co Equipo de Voz Nature e co das TICs elaboraron estes traballos de investigación para 3º, 4º, 5º e 6º EP


Para Infantil, 1º e 2º EP

lunes, 14 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS


Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS está adicado á María Victoria Moreno, unha mestra, escritora, amante da cultura galega que dedicou parte da súa vida ao ensino e promoción do galego como  lingua.  
Se picades no  enlace do noso  (picade)  
BLOG DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA  atopaedes a súa biografía e moitas actividades.
Desde a BIBLIOTECA preparamos actividades para que todo o alumnado coñeza a vida e  disfrute coa obra da homenaxeada,
Para coñecer a esta autora ollade os seguintes videos:




No seguinte video dannos información sobre o Día das Letras Galegas:


 No corredor da entrada da Biblioteca temos unha exposición cos libros da autora. Non vos esquezades de pasar por alí para disfrutar coa súa obra


No seguinte enlace atoparedes recursos para coñecer a figura desta autora
Neste enlace atoparedes xogo interactivos e fichas didácticas
Escoitade este conto  "A festa no Faiado" pictografiado por  E.Especial e narrado por nenos de Educación infantil:


 Esta é  a homenaxe de Fuxan Os Ventos á Victoria Moreno:






Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow

domingo, 28 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Ao longo deste mes de maio, mes das LETRAS GALEGAS e do TEATRO no noso centro, estivemos realizando distintas actividades nas aulas para resaltar a figura de CARLOS CASARES, como todos sabedes, autor ao que se lle adica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Reseñamos algunhas delas:

A GALIÑA AZUL VISTA POLO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

- Os pequenos e pequenas de 3 anos plasmaron plasticamente o famoso conto nun mural realizado coas pegadas das súas mans.


- Un LAP-BOOK sobre Carlos Casares e sobre a galiña azul, foi realizado polos nenos e nenas de 4 anos, que desta maneira tan gráfica, expresiva e divertida aprenderon un montón de cousas sobre o autor e a súa obra.





CARLOS CASARES, VIDA E OBRA
Os alumnos e alumnas de 6º de primaria, remataron as actividades realizadas cun mural onde resumiron a vida e obra do escritor ourensán e fixeron caligramas a partir dalgúns dos seus poemas. 



AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS 

Se os pequenos do cole traballaron sobre o libro A GALIÑA AZUL, os maiores centráronse na obra de teatro AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS que Casares escribiu para o público infantil. 
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria realizaron un obradoiro para preparar dita obra de teatro e representala con teatriño de monicreques. 
Ademais dos ensaios propios que require toda obra representada, realizaron as marionetas en papel. 






O 19 e o 22 de maio culminamos estas actividades coa celebración dun festival adicado a nosa lingua, onde a representación de "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" co teatriño de marionetas foi toda unha novidade e un éxito. 
Na seguinte presentación podedes ver un resumo en imaxes das actuacións de todos os nenos do cole, que unha vez máis nos demostraron as súas habilidades como artistas (cantantes, bailaríns, actores, actrices...)
                                                                                   

miércoles, 3 de mayo de 2017

MAIO: MES DO TEATRO


O Equipo da biblioteca quere  dedicarlle o mes de maio ao teatro, unha actividade  que estimula a creatividade e a imaxinación e que contribúe a mellorar a expresión verbal, a expresión corporal e a capacidade de relación mediante o traballo en equipo. 

Xa sacamos dos andeis os libros para poñelos á vosa disposición para que na hora de ler  fagades xogos de dramatización e  vos  familiaricedes cos termos e co mundo do teatro teatro.
Pretendemos aumentar os fondos mercando libros que nos aporten ideas e experiencias sobre xogos de dramatización que nos inviten a poñelos en práctica con mais frecuencia.
Aportamos unha seleción de libros para ler e facer teatro que nos poden servir de referencia para novas adquisicións.




Tamén celebramos neste mes o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que este ano se lle dedica ao escritor CARLOS CASARES. Se picades no seguinte enlace atoparedes  todos os materiais que aparecen recollidos no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega: CARLOS CASARES
Se picades nos seguintes enlaces atoparedes ACTIVIDADES LIM sobre Carlos Casares:

ACTIVIDADES LIM INFANTIL E PRIMARIA


ACTIVIDADES LIM CARLOS CASARES
O Equipo da Biblioteca colaborará no festival  Das Letras Galegas adaptando  e representando no noso teatriño  con bonecos elaborados por nós o libro de Carlos Casares:

 AS LARANXAS MAIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS






Estes son algúns dos libros que  atoparedes  de Carlos Casares:




libros carlos casares - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Vídeo  de Carlos Casares




Esta é a biografía de Carlos Casares elaborada polos alumnos de San Pío X


 E estas son algunhas das súas obras








miércoles, 4 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS: MANUEL MARÍA

Xa chegou o mes de maio, o mes no que celebramos o Día das Letras Galegas; para conmemorar esta data o Equipo da Biblioteca  seleccionou unha serie de páxinas con recursos moi útiles para traballar a figura de MANUEL MARÍA, autor ao que  se lle adica este  ano dita celebración.
Empezaremos por coñecer algo da súa vida picando no seguinte enlace : BIOGRAFÍA
Para coñecer as súas obras:





Poema de Manuel María: 
A Fala

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avóse

 ese breve ronsel

que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

 O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.                                                 
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Manuel María (2001).

Se queredes saber mais cousas sobre este autor, picade nos seguintes enlaces :

E se queredes practicar todas estas actividades interactivas:
Escoitade este poema- homenaxe a Manuel María



Telexornal Manuel María:



RAP de Manuel María


Os soños na gaiola