Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de abril de 2021

SESIÓN DE CONTACONTOS: EL ÚLTIMO ÁRBOL

Despois da volta das vacacións, o 6 de abril, os pequenos e pequenas de infantil tiveron unha grata sorpresa no cole: unha sesión de contacontos cunha historia centrada no medio ambiente, na súa defensa e coidado, e na importancia que ten para todos nós.

EL ÚLTIMO ÁRBOL, de María Quintana Silva, foi a historia que escoitaron os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos en diferentes sesións (esta vez cada grupo dentro de cadansúa aula) e na que participaron activamente, interactuando coa contacontos que lles fixo partícipes da historia. 

"As árbores decidiron marcharse. Goran ve como o bosque se vai transformando nun deserto e preguntase tamén se a árbore do seu xardín xa se marcharía. Cando chega á casa, atópaa xusto a tempo para poder convencela de que se quede...".

Na seguinte presentación tedes unha selección de fotos dos momentos vividos durante as diferentes sesións:


Podedes escoitar o conto visualizando o seguinte vídeo: 


Os pequenos e pequenas remataron a sesión bailando e cantando ao ritmo da seguinte canción que nos fala de salvar o Planeta:

lunes, 14 de septiembre de 2020

lunes, 15 de junio de 2020

DEZ PIRATAS

Unha vez máis SABELA GAGO  quere agasallarvos cunha historia e con ela desexarvos que pasedes unhas FANTÁSTICAS VACACIÓNS!!.
Trátase do conto "DEZ PIRATAS", escrito por GLORIA SÁNCHEZ.

Estade moi atentos...


jueves, 23 de abril de 2020

AGASALLO NO DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2020

Con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DO LIBRO, a gran contadora de historias e actriz SABELA GAGO, envíoulles a todos os nenos e nenas do colexio un estupendo agasallo: un vídeo contándonos unha simpática historia de XOÁN BABARRO:


GRAZAS SABELA POR ACORDARTE DE NÓS E FACERNOS GOZAR COAS TÚAS HISTORIAS!!

domingo, 19 de enero de 2020

NOA NO ESPELLO, UN CONTO SOBRE IGUALDADE

O 17 de xaneiro contamos no noso centro coa presenza de Sabela Gago que nos contou a historia de Noa, Uxía e Antón: "NOA NO ESPELLO", unha historia sobre a igualdade de xénero.
Noa é unha nena á que lle gusta ler contos de superheroes, asubiar, xogar á pelota..., en cambio a Uxía gústalle bailar, ler contos de princesas... a Antón gústalle xogar coas espadas.. 
Cada un de nós temos o noso propio gusto, tamén todos somos diferentes como Noa observa: uns máis baixos, outros de pel escura, outros teñen pencas... . 
A través desta historia e por medio da imaxinación que Sabela sabe espertar nos nenos e nenas mediante música, xogos de linguaxe, de repetición, coreografías, mímica... interactuando en todo o momento con eles, intenta ensinarlles ao final como temos que enfrontarnos á crítica e como podemos chegar a vencela, superando os nosos propios medos. E que facer o que a un lle gusta é o mellor para sentirse feliz. 



NOA NO ESPELLO by Slidely Photo Gallery

Os nenos e nenas viviron uns momentos moi especiais, como son sempre con Sabela, que sabe captar a súa atención e os fai partícipes das súas historias, espertando a súa imaxinación e a súa sorpresa nuns momentos lúdicos e moi emotivos para eles.

lunes, 2 de diciembre de 2019

CONTACONTOS: PABLO NOGUEIRA E NUBE BRANCA

O día 28 tivemos unha visita moi especial na nosa biblioteca: o escritor PABLO NOGUEIRA veu contarnos a historia de NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA!!.
Os nenos e nenas de 1º e os pequerrech@s de infantil de 4 e 5 anos estiveron preparando con antelación esta visita e esperaban con moitas gañas a Pablo.

Ata preparamos un tipi, xa sabedes, esas "casiñas" onde viven os indios, porque NUBE BRANCA era unha nena india moi especial e os nenos e nenas querían ver como era a súa casa e meterse nela para escoitar e ler historias como a súa.

Chegou Pablo e contounos a historia de NUBE BRANCA e a dos amigos que quixeron axudala, o ELEFANTE CACHARRANTE, o CAMALEÓN ANTÓN, a TARTARUGA CLARISA...  a cumprir os seus desexos de ser unha astronauta e coñecer as estrelas do ceo. Pablo fixo que todos e todas sopraran para axudar ao ELEFANTE CAHARRANTE a espirrar coa súa gran trompa e tratar de achegar a NUBE BRANCA ao ceo, tamén fixo que axudaran a acender a moto coa que intentarían achegarse ás estrelas, e ata repetiron as palabras máxicas para invocar a choiva que inundaría todo para poder navegar, chegar ao mar e quizais así NUBE BRANCA podería alcanzar por fin o seu desexo...


CONTACONTOS: PABLO NOGUEIRA E NUBE BRANCA by Slidely Photo Gallery

Xa de volta da aventura que acababan de vivir, os nenos e nenas entregáronlle a Pablo uns agasallos que prepararan para el con moito cariño:
Os maiores de 1º déronlle un libro onde plasmaron os seus soños: policía, veterinario, médico, rapeiro... se NUBE BRANCA os coñecera seguro que os animaría a cumprilos como intentou ela cos seus. 
Os pequen@s de 4 anos debuxaron a historia de NUBE BRANCA e os seus amigos e tamén debuxaron a Pablo e a eles mesmos. Están feitos uns artistazos!!. Pablo quedou encantado con estes agasallos!!



SEGURO QUE A NUBE BRANCA TAMÉN LLE ENCANTARÍA O LIBRO SOBRE OS SEUS SOÑOS!!

NUBE BRANCA VISTA POLOS NEN@S DE 4 ANOS 

      E MIRADE COMO PLASMARON OS NEN@S DE 1º OS SEUS!!



Pero Pablo aínda tivo outro agasallo: O SEU RETRATO, fíxollo Antón de 4 anos, e a verdade... Dálle un certo parecido, Pablo quedou encantado!!. 


E para rematar, Pablo asinou un montón de libros para os nenos e nenas, tamén para as profes, cunhas dedicatorias moi especiais  e feitas con moito cariño. 


MIRADE O QUE ESCRIBIU PABLO SOBRE A SÚA VISITA NAS REDES SOCIAIS:



MOITAS GRAZAS PABLO, ESPERAMOS VERTE MOI PRONTO CONTÁNDONOS OUTRA DAS TÚAS MARABILLOSAS HISTORIAS. 

miércoles, 27 de noviembre de 2019

I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE

Coincidindo nestes días de novembro coa celebración, o día 20, do  Día Universal Do Neno e o día 25, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, celebramos no colexio a I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE, tratando de impulsar e promover a convivencia, a tolerancia e  o respecto ás diferenzas, valorándoas como un factor de enriquecemento, co fin de acadar valores e actitudes conducentes á igualdade de trato e oportunidades e a non discriminación, tanto dende a perspectiva de xénero como dende a diversidade. 

  I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE     

Empezamos o luns 18 de novembro e ata o día 25, realizamos diferentes actividades:

- OBRADOIROS: impartidos por Tatiana, orientadora do cole,  e Idoya, mestra de PT. Xogos para entender a diversidade, o aillamento que sofren as persoas por ser diferentes, a aceptación das diferenzas e a inclusión. Talleres sobre os estereotipos sexistas (xoguetes, tarefas na casa...), a violencia machista... Intercambio de experiencias e debates. 

OBRADOIROS SOBRE A DIVERSIDADE E A IGUALDADE by Slidely Photo Gallery

- SESIÓNS DE LECTURAS E CONTACONTOS: seleccionáronse libros coa temática da igualdade e o respecto á diversidade. Realizáronse sesións de contacontos e/ou lecturas na biblioteca e nas diferentes aulas. 



A nai de Teo (un alumno de 5 anos), foi a encargada de contarlles aos máis pequenos de 3 anos unha historia de autoestima e aceptación: "ORELLAS DE BOLBORETA".

Os maiores de 6º A acudiron ás aulas dos pequenos e pequenas de 4 anos para contarlles as historias: "GRANDE" e "MARTÍN GRIS".



Os rapaces e rapazas de 6º B inventaron a historia "UNHA OKUPA NO GALIÑEIRO" (relacionándoa co proxecto de Voz Natura NOS SEUS ZA-PATOS). Fixeron unha primeira presentación da mesma que lle pasaron aos pequenos de 5 anos e logo continuaron na zona onde temos os patos, na pequena carballeira do patio do cole.




Noutras aulas, ben os profesores, ben os alumnos, leron e contaron algunha destas historias:







- PROXECCIÓN DE CURTAS E PELÍCULAS: tamén dunha selección entregada a cada curso, proxectáronse curtametraxes e películas nas que a sensibilización sobre a diversidade, a valoración dun mesmo e da aceptación das diferenzas, o respecto, así como a non discriminación e rexeitamento de calquera maltrato eran os temas principais. 

Nestes enlaces podedes visualizar algunhas das que se proxectaron:
- El puercoespín en Navidad
- El cazo de Lorenzo
- Por cuatro esquinitas de nada
- No te rayes, inclusión.
- Un mundo a su medida.
- La desigualdad de género no es un juego de niños.
- Cambia de cuento. Caperucita Roja.
- Igualdad de género. Coeducación.
- Por el principio.
- Igualdad de género. 
- Cuerdas.
- Ian. 
- Lolo, un conejo diferente. 
- Sésamo: Diversidad 


- CANCIÓNS E BAILES: nun acto conxunto cantamos e bailamos cancións sobre a igualdade e a diversidade.
- Canta con Panda la canción de la igualdad. 
- Yo estoy muy orgulloso. 


E con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, eleximos un lema, que se plasmou nun mural e que cada neno reproduciu libremente. Tamén nun acto conxunto cantamos e bailamos expresando o noso desexo de que se termine este grave problema.




Estas foron as cancións que cantamos e bailamos:
- Un billón en pie
- Que bonito es querer 



DÍA INTERNACIONAL DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER by Slidely Photo Gallery

jueves, 9 de mayo de 2019

NOVAS LECTURAS

Fátima, a mamá de Teo de 5º de Infantil, acudiu á biblioteca para desenvolver cos nenos de 5º  e de 6º de Educación Infantil dúas sesións de lectura nas que lles contou a historia da Bruxa mala. 
Folla a folla foi contando  e interpretando as accións tan perversas que facía esta bruxa;  pero  tamén lles contou que ela coñecía a bruxas moi boas que facían pócimas para axudarlle á xente, Trouxo herbas, e o alambique co que fa os perfumes, os nenos estaban impresionados e prestaron moita atención a todos os consellos que ela lles foi dando, colleron as plantas, cheiraron os perfumes, fixeron preguntas.... Qedaron encantados coa súa interpretación!
Moitas grazas por facer que os nenos se emocionen coa lectura!!


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

sábado, 20 de abril de 2019

A FÓRMULA DAS EMOCIÓNS

O pasado 12 de abril tivemos no cole un taller sobre emocións para o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, taller impartido pola doutora en intelixencia emocional Lisa Maneiro. 
Considérase o pai da intelixencia emocional ao psicólogo Daniel  Goleman que publicou en 1995 o libro "A INTELIXENCIA EMOCIONAL" e que marcou un antes e un despois na comprensión das distintas intelixencias. Na escola sempre se traballou a intelixencia racional, descoidando as emocións e a súa xestión. 
O concepto de intelixencia emocional fai referencia á capacidade para recoñecer os sentimentos propios e alleos para obter determinados fins. Para Goleman a intelixencia emocional implica cinco capacidades básicas: descubrir as emocións e sentimentos propios, recoñecerlos, manexarlos, crear unha motivación propia e xestionar as relacións persoais.  
No taller realizado no centro a doutora Lisa Maneiro, mediante contos e xogos, tratou de que os nenos e nenas comprenderan como manexar as emocións que nos xorden en distintas situacións da vida, como afrontar os fracasos ...como a clave é a actitude, aprender dos erros, pensar sempre en positivo, a confianza, a meditación, saber vivir e non facer sufrir. 


A fórmula das emocións by Slidely Photo Gallery

Deixámosvos dous enlaces moi interesantes para coñecer máis sobre este tema:

 

domingo, 4 de marzo de 2018

CONTACONTOS CON CHARO PITA

O luns, 27 de febreiro, veunos visitar ao cole CHARO PITA, a famosa contadora de contos que fixo pasar uns momentos cheos de ledicia, emoción e sorpresa a todos os alumnos e alumnas do cole, dende os máis cativos ata aos maiores, pois  pasou con nós case toda a mañá, contando historias e contos da súa inventiva (pois é unha gran escritora de literatura infantil) e tamén outros populares e tradicionais.  
Neste enlace podedes consultar algúns datos da súa biografía:
E aquí tamén tedes un enlace ao interesante documento publicado por esta asociación:
E estes son algúns dos libros publicados por CHARO PITA e que contou ao longo desta estupenda mañá que pasamos todos na súa compaña:


E estes algúns momentos da xornada: 



lunes, 22 de enero de 2018

CONTACONTOS CON SABELA GAGO

  Na Biblioteca,  para axudarnos  no Fomento das  actividades de Animación  á Lectura,  recibimos a visita da  actriz Sabela  Gago que desenvolveu cos alumnos de 1º e de 2º de primaria,  unha sesión de contacontos titulada " Alboroto no galiñeiro".
Dunha maneira lúdica e interactiva, na que os nenos foron os protagonistas da historia que foi narrando e na que apareceron ovos moi especiais, desenvolveuse  unha sesión dinámica de goce e coñecemento, na que tamén houbo un tempo para a reflexión e para descubrir  os valores da autoestima e da empatía que se traballaban na historia.
Foi unha experiencia moi divertida e interesante que estamos desexando volver repetir.




Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 12 de enero de 2018

CONTACONTOS


O día 11 de xaneiro é o DÍA DOS USUARIOS das BIBLIOTECAS, para conmemorar este dñia  na biblioteca desenvolveuse  unha sesión de contacontos na que o alumno de 4º B  Xurxo Vilariño Losada contoulle aos alumnos de 5º e 6º de Infantil, apoiándose cunha presentación en power point,   o conto titulado Frederik.
Unha historia baseada na fábula  da carricanta e a formiga pero esta vez ten un final totalmente diferente. A historia, maxistralmente contada   fixo as delicias de todos os nenos. Esperamos ver os seus debuxos, que prometeron facernos,  nos que queren plasmar a súa visión desta historia.

Esta é a presentación de powerpoint:




 Mirade que atentos estiveron, non perderon ningún detalle!!!

Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 20 de junio de 2017

SESIÓN DE CONTACONTOS


As alumnas de 5º de primaria, Isamar, Ariadne e Rosana, para completar o proxecto  do espazo,  desenvolvido polos alumnos de 6º de infantil,  adaptaron o libro Lola quiere ir a la luna e contáronllo aos nenos coa técnica do  kamishibai  na  biblioteca do centro.
Os nenos de infantil quedaron abraiados coas imaxes elaboradas por estas alumnas, escoitaron o conto con moito interese e ao rematar deixaron voar a súa imaxinación e narraron como sería a súa viaxe a luna, viaxe que van plasmar mediante dibuxos nunhas plantillas que lles repartiron as nenas.
Se queredes saber mais cousas desta técnica picade no seguinte enlace: kamishibai







contacontos lola quere ir a lua

Foi unha actividade moi interesante!!!

jueves, 30 de marzo de 2017

ANXO MOURE NO COLE

A figura de Anxo Moure é dabondo coñecida polos seus libros e pola súa defensa da natureza e pola súa loita por facer un mundo máis xusto e solidario. 
O día 23 de marzo realizou cinco sesións de contacontos no noso centro. Impartidas a todos os alumnos do colexio, a todos lles falou das árbores, da súa defensa e coidado, da importancia do coidado da natureza, da defensa dos nosos bosques autóctonos, da importancia da reciclaxe, de hábitos de vida saudables e de respecto do noso entorno... pero todo dunha forma divertida, intercalando personaxes como "Caureliña" ou o paxaro amigo, a pastora, o carballo con botas... que fixeron a ledicia de todos os rapaces e rapazas. Ademais fíxoos participar con el, repetindo frases e lemas en defensa do coidado da natureza. 



Neste enlace da editorial Xerais temos unha semblanza da súa figura, na que destaca o seu traballo como contador de historias e a súa solidariedade:



Na nosa biblioteca podedes ler algúns dos seus libros: 
Añadir leyenda
Añadir leyenda

Añadir leyenda
Añadir leyenda

miércoles, 8 de febrero de 2017

ANIMACIÓN Á LECTURA: CONTADORES DE HISTORIAS

Un bo contador de contos en xeral, e sobre todo para nenos, é aquel que sabe transmitir unha historia con paixón, que sabe captar a atención do público, mantelo marabillado e expectante, que emprega todo o seu corpo para transmitir, sabe improvisar, é creativo, sabe xogar, interactuar ...
O resultado á primeira vista e que os nenos pasano xenial; pero se esta actividade é continua na aula, na casa... axudaremos a desenvolver a súa imaxinación e a súa creatividade e animarémolos a querer saber máis historias, a buscalas  e, co tempo, a lelas por sí mesmos cando xa adquiren esta habilidade.

Dende a biblioteca tratamos de fomentar este tipo de actividades, promovendo sesións de contacontos entre os nenos (os maiores len aos máis pequenos lecturas en Nadal, polo día da Paz, realizamos  "o apadriñamento lector"... ), temos relatos con kamishibai, que realiza connosco todos os anos un antigo profesor do centro, e tamén nos acollemos a calquera iniciativa que nos permita traer un bo contador de contos ao centro, como ocorreu estas dúas últimas semanas:

- O 27 de xaneiro visitounos a famosa actriz e contadora de contos SABELA GAGO. Tróuxonos ao cole as historias de CANCODRILO, un animaliño humanizado e infantil, que se parece a un neno que empeza a aprender e coñecer o que ocorre ao seu arredor. Sabela contounos como se prepara para ir á escola, coa súa mochila e a súa gravata, que colle na horta e sobre todo, como pinta e usa as cores... e todo isto coa axuda dos pequenos e pequenas de infantil que aplaudiron, sopraron, ergueron as mans, pintaron cos seus dedos-pinceis, riron, xogaron, imaxinaron...
<

Grazas á colaboración do Concello de Ourense e á editorial Linteo (ollo unha editorial ourensá!!) xa temos na biblioteca os cinco libros que compoñen a colección de Cancodrilo que foi escrita por Xabier López Mateos. 

- O 3 de febreiro foi IAGO LÓPEZ, outro estupendo contador de historias, o que nos visitou para contarnos esta vez unha historia da súa inventiva "O COCIÑEIRO MARTIÑO". Cantas penas ten que pasar o pobre Martiño para conseguir ser o cociñeiro real!! Menos mal que contou coa axuda dos nenos de infantil e de 1º e 2º curso que se prestaron voluntarios para axudalo:
Na primeira sesión Sebas foi o pastor que lle deu manteiga, Nair a granxeira que lle deu ovos, Manuel o muíñeiro que lle deu fariña, Ainhoa a veciña que lle deu azucre e Lucía a panadeira que lle deu o fermento para facer un rico biscoito... 
E na segunda sesión, Brais, Carla, Joel, Ainhoa e Aitana foron os axudantes de Martiño.
Pero se queredes saber como Martiño conseguiu o seu propósito de ser o cociñeiro do rei, non tedes máis que vir á biblioteca a ler a historia...
E se alguén se anima a ser un bo contador de historias, aquí deixamos uns enlaces moi interesantes:






miércoles, 26 de octubre de 2016

CONTACONTOS


Para celebrar  o Día Internacional  das Bibliotecas Escolares, o profesor Xosé Carlos Caramés desenvolveu, cos nenos de infantil e de 1º de Primaria, unha sesión de contacontos. Esta sesión desenvolveuse o pasado martes, 25 de outubro.
Empregando a técnica do KAMISHIBAI os nenos disfrutaron co conto "O Chacal e o Ourizo", un conto saharaui  que nos fala da importancia do traballo honesto, e da necesidade de empregar a astucia contra o abuso.
Os nenos participaron activamente no conto e pasárono moi ben.

viernes, 10 de junio de 2016

SESIÓN CONTACONTOS


Na Biblioteca  os nenos e nenas, de infantil e de  primeiro e segundo de Primaria, disfrutaron dunha magnífica Sesión de Contacontos coa actriz Sabela Gago.
Dunha maneira lúdica, divertida e moi interactiva cos nenos Sabela contoulle aos nenos de infantila historia de Martiño e o Lapiceiro máxico.  Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria divertíronsemoito coa historia Alboroto no Galiñeiro.
Ao rematar entregounos un agasallo de SANTILLANA para a biblioteca do centro.






sábado, 25 de abril de 2015

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Esta semana foi a semana da festa dos libros no cole, e na biblioteca tivemos moito movemento, exposición de libros cun montón de novidades, dúas sesións de contacontos, segunda edición do apadriñamento lector e... moitas visitas por parte dos nosos alumnos/as, sinal de que os libros e a biblioteca forman parte da vida cotiá do centro.

O luns comezamos coa nosa exposición "En abril libros mil", da que xa falamos en novas anteriores.
O martes tivemos dúas sesións de contacontos, unha para 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e outra para 1º e 2º de Educación Primaria.

A fantástica actriz Sabela Gago engaiolou aos nenos/as coas súas historias "As maletas viaxeiras". 

"Entre maleta e maleta, a contadora implica aos nenos para facer unha viaxe entre os libros que os levará por cidades de todo o mundo, ata chegar a China e coñecer a Melisa. Entre todos axudarán á ratiña a averiguar “quen é o ser máis poderoso do Mundo” e na busca da verdade visitarán ao sabio Chín-Lú e viaxarán polo ceo para atopar ao Sol, ao Vento e á Nube e regresar a Muralla Chinesa, que garda o segredo. Un divertimento entre a palabra e a imaxinación , que convida a xogar e aprender". 
(Sinopse da obra na páxina web oficial de Sabela Gago)

Coma sempre Sabela conseguiu captar a atención de todos os nenos/as, facéndoos ademais partícipes das súas historias mediante xestos, sons, accións... Moitas grazas Sabela polo teu traballo e ata pronto...

E o xoves 23 celebramos a segunda edición do "Apadriñamento Lector", despois do recreo, os padriños e madriñas foron ás diferentes clases a buscar aos seus afillados e afilladas para baixar ao patio do colexio. Alí sentáronse libremente e contaron os seus contos ... Ademais dunha actividade de animación á lectura, favorecemos as relacións interpersoais, a responsabilidade, a cooperación...


lunes, 23 de marzo de 2015

AUGUSTA E OS SEUS MEDOS

O mércores 18 de marzo tivemos unha sesión de contacontos e de animación á lectura na nosa biblioteca. A sesión foi destinada ao alumnado de Educación Infantil que disfrutou participando activamente na historia que lles contou Iago López: AUGUSTA E OS SEUS MEDOS.


"Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas...Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais. A partir dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles"   
(SINOPSE DO LIBRO NA PÁXINA DA EDITORIAL)



Preme na imaxe para acceder ao blog Barbádegos (portal de literatura infantil e xuvenil) onde veredes unha interesante reseña sobre este libro. 

OS MEDOS DOS NENOS/AS NA LITERATURA 


Aquí tedes un enlace ao estudo publicado polo Centro de Documentación e Investigación de Literatura Infantil y Juvenil (Fundación Germán Sánchez Ruipérez- Colección Temas en la Literatura Infantil y Juvenil Nº 3) onde se analizan os tipos de medos presentes nos cativos/as e unha ampla selección de libros sobre este tema 


... e algúns dos libros que temos na nosa biblioteca sobre esta temática: