sábado, 31 de octubre de 2020

100 LIBROS DE MEDO E MISTERIO...

Neste Samaín, ademais de facer a tradicional exposición de contos de medo na entrada da nosa biblioteca, quixemos facer unha gran recompilación de libros nos que está presente o mundo máxico das pantasmas, das bruxas, dos vampiros, dos monstros...  e nos que o medo e o misterio son os protagonistas (aínda que ás veces, nalgúns deles, tamén ten cabida o humor e a  tenrura). 

Na seguinte presentación podedes ver dita recompilación, que redondeamos ata 100! (aínda que temos algúns cantos máis!). 

 

Esperamos que gocedes con estas "terroríficas e misteriosas" lecturas que vos están agardando na nosa biblioteca. 

viernes, 30 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS CON MAFALDA

Este ano quixemos adicar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ao escritor e debuxante QUINO que nos deixou para sempre o pasado 30 de setembro. Afondando na historietas de MAFALDA, os nenos e as nenas buscaron frases significativas en relación aos libros, á lectura e ás bibliotecas.

ff




Na seguinte presentación podedes ver algún dos  traballos realizados:

lunes, 12 de octubre de 2020

MAFALDA E O DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA

Como seguro que agora xa coñecedes a Mafalda e as outras personaxes que a acompañan, dende a biblioteca propoñemos o seguinte:
- Os pequenos e pequenas de infantil e 1º de primaria, a partir dun modelo de Mafalda dicindo unha das súas famosas frases, colorearán e adornarán dito modelo ao seu gusto, personalizándoo. 
- Dende 2º ata 6º de primaria, darémosvos tamén o modelo co debuxo, aínda que tedes toda a liberdade de facer a vosa propia Mafalda, pero o que queremos e que busquedes a frase que máis vos guste e que a escribades. A frase, tería que ter relación cos libros, coa lectura, coas bibliotecas. Podedes buscala nos libros de Quino, ou por Internet.

A data de entrega dos debuxos sería o 23  de outubro. ¡Animádevos a participar!

sábado, 10 de octubre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA - 24 DE OUTUBRO

O pasado día 30 de setembro, deixounos un dos máis grandes debuxantes, QUINO. 

Quino é o pai dunha personaxe que nos fixo rir e pensar coas súas frases; estamos a falar de MAFALDA.

Mafalda é unha nena, pequena pero moi sabia, que nos sorprende pola maneira tan sinxela en que nos fai presentes os grandes problemas que ten o mundo; ese mundo que ela reflicte é o dos anos 60 do século XX, pero os temas que saen nos seus diálogos, seguen a estar de actualidade hoxe en día.

Tamén é unha nena moi graciosa, aínda que fale de cousas serias, a maneira en que as di fainos rir.

Este ano o Día Internacional da Biblioteca no noso colexio, vai estar adicado a Quino e a Mafalda; ela, os seus amigos e a súa familia, están a esperar que os coñezades.

Aquí tedes un pdf interactivo que fixo público a REDH Argentina (Red de intelectuales e artistas en defensa da humanidade- Argentina), no que podedes ver e coñecer a todas as personaxes das historias de Mafalda e tamén ler algúns dos seus libros.

Animádevos, xa veredes que paga a pena!

jueves, 1 de octubre de 2020

Protocolo de adaptación

Aquí tedes un cadro que resume as novas normas que se implantarán na nosa biblio ao porse ne marcha o  Plan de Adaptación á situación Covid-19 no curso 2020-21 no noso centro: