Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de diciembre de 2020

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE NADAL

Coma todos os anos ao chegar esta época, facemos unha exposición con libros propios das datas de NADAL, época de soños, de ilusións, de alegría, de panxoliñas e cánticos, de bos desexos...  que se reflicten na temática dos citados libros, pero tamén non faltan os misterios, a creatividade, a tristura, as aventuras, as historias que nos fan reflexionar... 

Podedes botarlle unha ollada no corredor que conduce á entrada da nosa biblio e, levalos emprestados para a casa, se queredes lelos con calma:






martes, 17 de diciembre de 2019

CHEGA O NADAL

Xa chega O Nadal!!! Unha festa de reencontros con familiares e amigos, de compartir agasallos e de moitas celebracións cheas de ledicia e felicidade. Unha festa para vivir con intensidade todas as tradicións que se transmiten de xeracións en xeracións, de cantar panxoliñas e de renovar as ilusións e as esperanzas  que nos axuden a comezar o  Ano Novo con entusiasmo e optimismo.
Se picades no seguinte enlace atoparedes un banco de recursos con actividades sobre as festas do Nadal : Recursos educativos sobre O Nadal
Se queredes  saber máis cousas sobre o Nadal picade nas seguintes actividades LIM:
Feliz Nadal Infantil
Actividades Primaria
No seguinte video veremos o fermoso relato de Charles Dickens,  Conto de Nadal, no que se nos conta a historia dun tío e o seu sobriño na celebración das festas:


Na Biblioteca estivemos moi afaenados con obradoiros, sacando libros, colocando adornos...
Durante os recreos do mes de decembro os nenos e nenas do cole fixeron bonitos adornos con CDs para reciclar:

E así decoran a nosa árbore da entrada:

Para seguir co noso proxecto para este curso "Desplastifícate" presentamos outros vídeos para realizar adornos con botellas de plástico:



Dos andeis da biblioteca sacamos os libros coa temática do Nadal, esta é unha selección que podedes atopar no corredor da entrada e esperamos que gocedes coa súa lectura:



Disfrutade escoitando e vendo  estes videos de panxoliñas:





domingo, 1 de diciembre de 2019

OBRADOIRO PARA O NADAL

Estamos no mes de decembro, o mes das festas do NADAL!!
O Equipo da Biblioteca está argallando novas e divertidas actividades. Comezamos desenvolvendo nos recreos deste mes o IV Obradoiro de Nadal no que, como cada ano, aproveitando materiais de refugallo, faremos reciclaxe para elaborar adornos propios destas datas.  Esperámosvos na biblioteca.

miércoles, 19 de diciembre de 2018

NADAL NA BIBLIOTECA


                                                                        Lectores xa estamos ás portas do NADAL! Unha festa  chea de ilusións, maxia,  emocións... Un tempo reservado para o reencontro familiar, para vivir con intensidade  as noites máis longas do ano e iluminar coas luces e coas panxoliñas a escuridade do inverno.
Se picades no seguinte enlace atoparedes un banco de  recursos para O NADAL
Se queredes saber máis cousas sobre o Nadal picade nas seguintes actividades LIM:
Na biblioteca estas semanas estivemos moi afaenados cos obradoiros, sacando libros dos andeis, preparando os adornos...
Nos obradoiros desenvolvidos nos recreos das últimas semanas os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria realizaron coroas de Nadal recortando e pegando as  mans,  os de 3º e 4º recortaron tiras de diferentes cores para realizar a súa coroa e os nenos de 5º e 6º fixeron adornos de Nadal con pinzas. Despois de moito traballo quedaron moi contentos cos resultados:


Dos andeis da  biblioteca sacamos os libros coa temática do Nadal, esta é unha selección que está no corredor da entrada , esperamos que vos gusten:

Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow

Os adornos de Nadal xa colgan do teito, as paredes, os andeis e os corredores están decorados para a ocasión convidándonos a todos a que nos impregnemos da maxia do Nadal.
 Así  de fermosa está este ano a Biblioteca:

decoracion nadal

Queredes coñecer a verdadeira historia da árbore de Nadal?? No seguinte vídeo cóntannola:
Se queredes coñecer a  verdadeira historia de Rudolf, o reno co nariz vermello, o axudante de Santa Claus, ollade este conto curto e divertido. Con el poderedes coñecer como este reno se converteu no líder dos renos de Papá Noel na noite de Nadal
Disfrutade con estas panxoliñas e villancicos:



lunes, 3 de diciembre de 2018

OBRADOIRO NO NADAL

Ola lectores  como pasa o tempo! Xa estamos no mes do Nadal!!! 
O equipo da Biblioteca xa está preparando novas actividades, comezamos nos recreos co III taller do Nadal no que elaboraremos unhas fermosas coroas. Atentos ao cartel.


Desexamos que vos guste. Agardámosvos na Biblioteca

lunes, 8 de enero de 2018

ESCENIFICANDO A LENDA " ANA MANANA!

Seguindo co  desenvolvemento do proxecto: deste curso: " Auga pedra, sabedoría e terra", o Equipo da Biblioteca, en colaboracion co equipo de Dinamización da Lingua Galega e co de Voz Natura , decidiu escenificar,  cos alumnos de 6º de Primaria, no festival de Nadal.   a lenda Ana Manana,  unha lenda vinculada a un pozo  no río Miño,  preto da aldea do Barrio de Untes.
Se queredes coñecer esta lenda picade no seguine enlace:  ANA MANANA
  Para  levar a cabo esta dramatización contamos coa axuda de Carlos Caramés, un mestre do cole xubilado, que se encargou de ensaiar aos rapaces nas horas do recreo,  coas titoras de 6º de Infantil e de 4º de Primaria que axudaron a crear o escenario e o vestiario.
 Despois de moitos ensaios, e coa colaboración de todos, os rapaces escenificaron maxistralmente  esta obra coa que se pretende dar a coñecer o noso Patrimonio Cultural Inmaterial

lenda ana manana

Un video para recordar a súa actuación:

sábado, 16 de diciembre de 2017

NADAL NA BIBLIOTECA

Xa estamos ás portas do Nadal !!!  Unha festa repleta  de Ilusións, de Tradicións, de Emocións...  Un tempo reservado para o reencontro familiar,  para vivir con intensidade as noites máis longas do ano  e iluminar coas luces, coas fitas de prata e coas panxoliñas a escuridade do inverno.
Son estas unhas festas cheas de maxia, nas que conviven amigablemente as  tradicións cistiáns coas lendas e ritos de orixe pagano.
Dentro do marco do noso proxecto: "Auga, Pedra, Sabedoría e Terra" propoñemos fondar  nas tradicións,  nas lendas e nos costumes que forman prte do noso Patrimonio Cultural.. 
Se picades nos seguintes enlaces atoparedes lendas,  coñeceredes as tradicións e os seus rituais 
CÓNTAME COMO É O NADAL (Unidade didáctica)
Na BIBLIOTECA  esta semana estivemos moi afaenados  cos obradoiros, sacando os libros dos andeis, preparndo os adornos... 

Nos recreos desenvolvemos o II TALLER DE MANUALIDADES DO NADAL, un taller no que participaron moitos nenos e nenas de todas as clases, reciclando botes de vidro para convertilos en orixinais candeeiros  coa forma de Papá Noel, decorados con  estrelas de cores, con purpurina...para lucilos nas súas casas durante todas as festas.

Os adornos de Nadal xa colgan do teito, nos vidros e as paredes da entrada da  Biblioteca  están decoradas para ocasión invitándonos a todos a entrar e a impregnarse da maxia do Nadal.
Así de fermosa está nestas festas:


nadal biblioteca
Esta é unha pequena mostra dos libros seleccionados, esperamos que vós gusten


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

 Panxoliñas que forman parte do noso patrimonio:

Cantigas Tradicionais  do Nadal


Rapaciño


Pola Media Noite



miércoles, 14 de diciembre de 2016

CHEGA O NADAL

Xa chega  o NADAL e con el o tempo de lecer, de ledicia,  de regalos, de xuntanzas,  de  adornar as  casas, as rúas , o colexio .... As campás, os anxos, as estrelas, as luces de cores son algúns dos adornos que , nestas datas nos envolven nun clima cálido, familiar e festivo.
Pero, que significado teñen todos estes adornos que con tanta ilusión colocamos nas paredes,  portas e fiestras? Se picades no seguinte enlace saberedes cal é o significado dos diferentes adornos do Nadal. 
SIGNIFICADO ADORNOS

Ou vendo este video  que fala do seu significado :



Tamén é tempo de sentarse a unha mesa para saborear comidas típicas do Nadal. O seguinte enlace convídanos a darlle unha volt ao mundo, pero ao redor dunha mesa, para así coñecer os pratos de Nadal mais tradicionais: 
Se queredes coñecer receitas típicas e de  sobremesa do Nadal españolas, tal e como se propón no  PLAN ANUAL DE LECTURA,  picade nos seguintes enlces: 
SOBREMESAS

Neste libro aparecen receitas  típicas do Nadal, moi sinxelas, para que practiquedes nestas festas:


A BIBLIOTECA xa está preparada para celebrar estas festas do NADAL:  a porta, decorada para a ocasión, convídanos a entrar,  recrear a vista cos adornos colgados no teito e nas paredes e disfrutar da maxia da lectura de todos os libros seleccionados para a ocasión.



biblioteca nadal - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Estes son os libros seleccionados  para que disfrutedes coa MAXIA DO NADAL



viernes, 9 de diciembre de 2016

ESTE NADAL: A RECICLAR!

Dende a biblioteca tamén queremos animarvos a que vos unades á  campaña "ESTE NADAL APÚNTATE Á MOVIDA RECICLA!!". Librín e as eco-mascotas, Mundoman e Belli, queren seguir fomentando entre todos nos a necesidade de reciclar para reducir e contribuír a un mundo máis sostible. Pensan que nestas datas nas que se "dispara" o consumo, debemos contribuír á difusión de prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente. 

Recordamos as  DEZ RAZÓNS PARA RECICLAR  que foron expostas pola OFICINA DE SOSTENIBILIDADE da UNIVERSIDADE de LAS PALMAS de GRAN CANARIA, ou máis brevemente, resumidas en CINCO RAZÓNS  pola ORGANIZACIÓN OXFAM INTERMON. 

Todos sabemos que nestas datas non faltan as árbores de nadal por toda a cidade engalanadas con todo tipo de adornos, igual pasa coas nosas casas, co colexio...  e por que non reutilizamos materiais de refugallo que case todos temos a man: envases de plástico, de cartón, cortiza, papel, envoltorios de cores lisos e estampados, lazos que gardamos de agasallos doutros anos, bólas de plástico, pinzas, piñas que podemos recoller no monte.. ..? Con todo isto podemos facer uns estupendos adornos para a nosa árbore e/ou para calquera rincón da nosa casa e do cole, e tamén para facer agasallos a nosa familia e amigos.

Pois mans á obra, Librín, Mundoman e Belli puxeron en marcha varios talleres de reciclado no noso centro, e claro, non podía faltar un na bibioteca. Durante os recreos do mes de decembro, acoden os nenos e nenas voluntarios que queren unirse á movida recicla e están preparando un montón de adornos. Deixamósvos nas seguintes imaxes un adianto do que están facendo:












E para darvos máis ideas, deixámosvos uns cantos enlaces onde podedes visualizar un montón de manualidades coas que celebrar un NADAL un pouco máis RESPECTUOSO CO MEDIO AMBIENTE.