O pasado 3 de febreiro os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria visitaron as novas instalacións da Biblioteca Pública de Ourense. Ás portas da biblioteca foron recibidos por un dos seus bibliotecarios, Antón, que fixo de guía.
Primeiro levounos á sala de infantil, onde están os libros adaptados a eles. Alí ordenados estaban os libros de aventuras, de poesía, de chistes... e ordenadores para facer consultas. Nun recuncho había "pufs" e cadeiras de reis e raíñas e alfombras para sentarse e disfrutar da lectura. Alí, Antón explicoulles como se clasificaban os libros e os diferentes "tejuelos" para identificalos. Foilles ensinando libros que sacaba dunhas maletas: algúns xa eran coñecidos para eles, outros eran novidosos e chamáronlles a atención grazas ao estupendo labor de Antón que soubo manter a súa atención cos seus xogos e amenas explicacións.
Tamén lles informou que podían levar libros de préstamo para as súas casas. Ata un máximo de 5 libros e 3 películas en DVD de cada vez. Podían ter 21 días os libros nas súas casas e renovalos por outros 21 días se ninguén os pedira en reserva. As películas durante unha semana, renovables por outra.
Finalmente viron parte das instalacións da nova biblioteca con espazos moi amplos e luminosos e que como xa todos saberedes chamarase BIBLIOTECA PÚBLICA XERACIÓN NÓS.
Aquí tedes unha ligazón onde nos explican como foi elexido ese nome:
Tamén vos deixamos outra ligazón para que vexades as salas, espazos e servizos cos que conta a nova bilioteca:
E unha última ligazón á páxina web da mesma:
Xa só nos queda animar a todos e a todas a que visitedes as novas instalacións da bilioteca pública de Ourense e que fagades uso de todos os seus servizos. Un montón de libros están alí esperando por vós!!!.