viernes, 29 de abril de 2016

PARABÉNS A TODAS AS NAIS

O vindeiro domingo, día 1 de maio, celebramos en España O DÍA DA NAI. Unha data para honrar a todas as nais do mundo.  O Equipo da Biblioteca únese á celebración deste día cheo de ledicia, recomendándovos algunhas lecturas que,  esperamos sexan do voso agrado.
Empezaremos escoitando estes contos:







Esta é unha preciosa poesía para recitarlla á mamá, quen se atreve?

Le regalo a Mamá

una sonrisa de plata

que es la que alumbra mi cara

cuando de noche me tapa.
Le regalo a Mamá
una caperuza roja
por contarme tantas veces
el cuento que se me antoja.
Le regalo a Mamá
una colonia fresquita
por no soltarme la mano
cuando me duele la tripa.



Le regalo a Mamá
una armadura amarilla
que la proteja del monstruo
que espanta en mis pesadillas.
Le regalo a Mamá
el lenguaje de los duendes
por entender lo que digo
cuando nadie más lo entiende.
Le regalo a Mamá
una chistera de mago
en la que quepan mis besos
envueltos para regalo.


Esta é unha selección de libros nos que as mamás son as protagonistas



libros para mama - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


Porque ser mamá é un plus; un video para reflexionar:



Detrás de cada éxito, sempre está unha mamá



A todas as mamás ... Moitísimas felicidades!!!








jueves, 28 de abril de 2016

III APADRIÑAMENTO LECTOR

Co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, ademais das actividades xa reseñadas, realizamos a 3ª edición da actividade denominada APADRIÑAMENTO LECTOR. Programada en principio para o día 22 de abril, foi suspendida por causa das previsións de mal tempo e realizouse finalmente o luns 25 de abril
Coma en anos anteriores, os alumnos e alumnas "padriños e madriñas" (alumnos/as de 3º, 4º , 5º e 6º de Educación Primaria), foron buscar aos seus afillados/as (nenos e nenas de educación infantil, 1º e 2º de primaria) as súas respectivas aulas e leváronos ata o patio do colexio; como nos acompañou o bo tempo, alí colocáronse en distintas zonas do mesmo. Cada padriño/madriña leulle ao seu afillado/a ou afillados/as un conto que escolleran previamente, ensináronlles tamén as ilustracións, fixéronlles preguntas e nalgúns casos ao final o afillado/a tamén lle leu a historia ao seu padriño/madriña... Todos os rapaces e rapazas mostraron a súa satisfación e ledicia por este momento tan especial de convivencia e de compañeirismo, no que todos se sentiron importantes e gozaron xuntos coa lectura.

SESIÓN DE CONTACONTOS

Seguindo coas actividades realizadas na biblioteca para celebrar o Día do Libro, as alumnas Adela e Lola agasallaron aos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil coa lectura e a interpretación do libro Érase una vez Don Quijote. Foi unha actividade moi interesante e os nenos pasárono moi ben.

martes, 26 de abril de 2016

SESIÓN DE CONTACONTOS

 Para inaugurar un novo rincón de lectura cun mobiliario adaptado para os nenos e nenas de infantil  celebráronse sesións de contacontos nos que  as alumnas Adela de 3º e Lola  de 4º de primaria  léronlle aos nenos   aos nenos de 5º de infantil  o libro Las Aventuras del Quijote:



contacontos adela - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Miguel de 4º de primaria tamén lle leu un libro sobre o Quixote aos nenos de 6º de Educación Infantil:


ACTIVIDADES REALIZADAS

Para celebrar o DÍA DO LIBRO ao longo de toda a semana na biblioteca realizáronse moitas e variadas actividades:
Nos recreos desenvolvemos un obradoiro no que os nenos e nenas do cole, pintaron e recortaron as figuras centrais do libro do Quixote para colocar mais tarde nun mural. Mirade que chulo quedou!!!



taller quijote - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Propuxémoslle este traballo de investigación ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria



O EQUIPO DA BIBLIOTECA colocou os libros sobre o Quixote para que todos os nenos e nenas os poideran ler. Tamén elaboramos carteis para lembrar este día


jueves, 14 de abril de 2016

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O día 23 de abril celebramos en España o Día Internacional do Libro e dos Dereitos do Autor,  unha conmemoración que ten como obxectivo o fomento da literatura e  a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor e que busca espertar nos mais novos o amor pola lectura.
Esta celebración remóntase ao ano 1926, se queredes coñecer a orixe desta celebración picade no seguinte enlace DIA DO LIBRO


Este ano no que celebramos o IV aniversario da morte de Cervantes, o Equipo da Biblioteca propón unha serie de actividades   e enlaces que poden utilizar desde os nenos de infantil ata os maiores de primaria para que, ao longo de toda esta semana,  vaiades coñecendo  a este autor e unha das súas obras mais importantes : O Enxeñoso Fidalgo Don Quixote da Mancha.
Se queredes coñecer a vida e as obras deste autor picade, os mais grandes no seguinte  enlace CERVANTES e, se queredes escoitala, picade na BIOGRAFÍA.
Os mais pequenos poden picar no seguinte enlace Cervantes para nenos para escoitar a vida do autor ou no enlace Biografía para nenos






Nos seguintes enlaces atoparedes actividades e recursos moi interesantes sobre o Quixote:
A aventura dos muíños
O Quixote
Picando no seguinte  enlace atoparedes unha selección  de  vídeos  Aventuras Quixote
Picade en Recursos e atoparedes actividades moi interesantes.
Neste enlace atoparedes moitas e variadas actividades moi divertidas: Actividades
Actividades LIM:
Contos Lim Cervantes para nenos

Para os grandes lectores este  libro : O Quixote para nenos: