miércoles, 31 de octubre de 2018

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Ola Lectores!! Pasiño a pasiño... xa estamos no Samaín !!  O  Samaín é unha festa de orixe celta que significa o fin do verán e o comezo do inverno;  era unha das  datas mais importantes do calendario celta que celebraban na noite do 31 de outubro porque eles consideraban que era unha noite moi perigosa porque as ánimas do máis alá podían vir para saldar as contas pendentes. Para escorrentar a estas ánimas eles colgaban,  nas portas das súas casas,  as caveiras dos inimigos con candeas acesas no seu interior.
Esta festa foise extendendo por toda a xeografía céltica europea, e no caso de España polas Comunidades de Galicia e Asturias.
A tradición das caveiras foi substituída polas cabazas con candeas acesas.e transformouse nunha festa que lle poderiamos chamar "un entroido do medo".


Ao longo de toda a semana na biblioteca celebramos diferentes actividades co gallo do Samaín:
Decoramos a Biblioteca con cabazas, pantasmas, morcegos,  arañas...para  convertila nun recuncho de moito, moito...medo!!


Dos andeis sacamos os libros para facer a exposición dos libros de medo, esta é unha pequena mostra:


Convocamos en colaboración cos equipos de Voz Naura,  TIC e Dinamización da Lingua Galega o VI  Concurso de Contos de Medo, este ano seguindo o Plan Lector e aproveitando a excursión que realizamos,  na nosa contorna,  ao Bosque do Falán, a historia debe estar ambientada no bosque do Falán ou nun bosque de carballos, castiñeiros ou bidueiros Se picades  no seguinte enlace atoparedes o cartel:
Celebramos nos recreos de toda a semana obradoiros de decoración de cabazas...


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow

Que así locen na exposición da entrada do cole. Que meedo!



cabazas Samaín 2018
 Se picades nos seguintes enlaces atoparedes actividades LIM sobre o Samaín:
Chegou o Samaín
O Samaín /Outono

Ollade este contacontos  : A que lle teñen medo os monstros??


Rematamos cos video das canción sobre o Samaín e  dos esqueletos:






lunes, 29 de octubre de 2018

A PRIMEIRA VISITA Á BIBLIOTECA

Os nenos e nenas de 4Aº de Infantil visitaron por primeira vez a nosa biblioteca.  Deulles a benvida  Conchi quen lle ensinou as súas seccións, faloulle das normas establecidas e preparoulles as súas mochilas para levar para a casa.
Remataron a súa 1º estancia coa lectura dun libro:



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow
  Benvidos rapaces!!!! Esperamos que sexades  grandes usuarios da Biblioteca

jueves, 25 de octubre de 2018

ACTIVIDADES DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares desde a Biblioteca desenvolvéronse diferentes actividades :
Todo o alumnado de Infantil disfrutou coa representación realizada polos alumnos de 4º B, con monicreques no teatriño,  do libro O Mago e a Folla:


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow








Os alumnos de 6º realizaron unha sesión de formación coa encargada da biblioteca. Realizaron un percorrido  polas diferentes seccións, fixeron un repaso dos tejuelos e das etiquetas que levan os libros e, por último,  fixeron unha series de prácticas colocando diferentes libros no seu andel correspondente.





Inauguramos a exposición dos "nosos recunchos preferidos da biblioteca" na que todos os nenos do cole fixeron a súa aportación debuxando o seu lugar preferido. fixeron debuxos moi interesantes, esta é unha pequena mostra:

Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

domingo, 21 de octubre de 2018

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Un ano mais o día 24 de outubro celebraremos o Día Internacional das Bibliotecas, unha data que se celebra desde o ano 1997 pola iniciativa da Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil para lembrar o Incendio da Biblioteca de Saraxevo no ano 1992 durante o conflito dos Blacáns ( Se picades no anterior enlace atoparedes unha ampla información sobre este suceso).
Faise esta celebración para destacar a importancia da Biblioteca como un lugar de encontro de lectores,  para concienciar á sociedade  da importancia da lectura e para agradecer o esforzo de todas as persoas que traballan nas bibliotecas.
Na Biblioteca celebraremos este día coas seguintes actividades:
- Representación   con monicreques a cargo dos nenos e nenas de 4º B para o alumnado de Educación Infantil do conto O Señor Mago e a Folla.
- Sesións de formación na Biblioteca para o alumnado de Primaria.
- Inauguración da exposición: Cal é a  sección da Biblioteca que máis che gusta? na que colabora todo o alumnado do centro.
Video sobre o día Internacional da Biblioteca



Videos para o  fomento da lectura






jueves, 18 de octubre de 2018

OUTUBRO MES DAS BIBLIOTECAS

No mes de outubro a Biblioteca Escolar abre as súas portas e pasiño a pasiño comezaremos a desenvolver todas as actividades que vós temos programadas: club de lectura, mochilas viaxeiras, préstamo de libros, contacontos, bibliopatio, traballos de investigación e múltiples actividades de fomento da lectura e de formación para todos os usuarios. 
Desde a biblioteca seguiremos traballando para que siga sendo un centro de recursos imprescindible para toda a comunidade educativa. 
O equipo da biblioteca aposta por desenvolver desde a biblioteca todas as actividades que lle dean presenza no centro e que encandilen aos lectores e que fagan sumar usuarios que disfruten, necesiten, colaboren e usen os seus fondos.
Para comezar ollade estes videos sobre a importancia das bibliotecas:
Que é unha biblioteca?


Os nenos e as bibliotecas


Caillou vai á biblioteca


A marbillosa viaxe de Zasca á biblioteca


miércoles, 17 de octubre de 2018

PLAN LECTOR

Ola lectores!!  O equipo da biblioteca , en colaboración cos de Voz NaturaDinamización da Lingua Galega e o das TIC  elaboraron o novo Plan de lectura para este curso. Este ano leva o nome entre salgueiros, bidueiros e carballos. Con este plan desubriremos a importancia  das nosas árbore curso vertebraranse en torno a este tema.
s autóctonas e coñeceremos marabillosos paraxes naturais da nosa contorna. Todas as actividades que se programen ao longo do


Desexamos que sexa do voso agrado e que colaboredes e disfrutedes en todas as actividades
COMEZAMOS!!!