Mostrando entradas con la etiqueta proxectos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxectos. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de junio de 2021

CHARLAS SOBRE O CAMIÑO 3

O luns 10 de maio os nenos e nenas de 5 anos B contaron coa visita de Elena Fidalgo Laínez, unha profe que sabe moitas cousas sobre o Camiño de Santiago. Faloulles dos 3 camiños principais, o Francés, o do Norte e a Vía da Prata. Sobre un mapa foron pondo  fotos das  localidades máis importantes polas que pasan os distintos camiños. Preparounos varios xogos para deixar na clase: Tres en raia, De contas polo Camiño, Lince do Camiño, Todo en orde!, Localizados! e Bingo cruzado do Camiño.

 Elena agasallounos cunhas postais onde aparecen os nen@s de peregrinos nos lugares máis emblemáticos das diferentes localidades polas que pasan os tres camiños.

A partir de aquí, os pequenos e pequenas de 5 anos, seguiron investigando e realizando actividades arredor do Camiño:

MAPA DAS PRINCIPAIS RUTAS DO CAMIÑO:

ETAPAS DAS DIVERSAS RUTAS:


O LAPBOOK DO CAMIÑO:


  


OS NOSOS MAPAS E A  NOSA "COMPOSTELANA":




viernes, 11 de junio de 2021

CHARLAS SOBRE O CAMIÑO 2

Continuando coas charlas sobre O Camiño realizadas ao longo do mes de maio, tamén temos que destacar as que impartiron Carlos López Blanco e Ana Rosa Cid que viñeron a explicarlles aos rapaces e ás rapazas de 4º, 5º e 6º de primaria, que ademais das tradicionais formas de facer o Camiño (a pé, a cabalo ou en bicicleta) había  unha cuarta forma moi orixinal de realizalo: en "kayak" . 


Partindo de San Vicente do Mar, realizaron o seu percorrido en kayak a través da Ría de Arousa, facendo distintas etapas entre as illas desta ría, continuando logo polo río Ulla ata Padrón e facendo os últimos tramos do camiño xa a pé, ata chegar a Santiago de Compostela. 


Segundo a tradición, os restos do Apóstolo foron traídos a Galicia polo Mediterráneo  e entraron a Galicia pola Ría de Arousa e o río Ulla ata chegar a Iria Flavia, para ser trasladados finalmente a Santiago. 

Ademais de explicarlles a súa experiencia cos kayaks, as súas dificultades e vantaxes, tamén lles falaron do significado do Camiño, das diferentes rutas, dos símbolos... e tiveron que contestar a unha morea de preguntas que lles fixeron os nenos e nenas sobre esta forma, que a maioría non coñecía, de realizar O Camiño. 


lunes, 31 de mayo de 2021

PHOTOCALL DO CAMIÑO

Outra das actividades realizadas dentro do noso proxecto ECO PEREGRINOS NO BO CAMIÑO, consistiu nunha exposición na entrada do cole con fotografías dos nenos e das nenas, sós ou acompañados, nalgún punto da ruta do Camiño de Santiago, preferentemente na Vía da Prata, por ser esta ruta á que lle demos máis prioridade por pasar pola nosa cidade. 

Aínda non rematado, pois continuaremos no vindeiro curso, aquí temos xa as primeiras fotos:



martes, 25 de mayo de 2021

CHARLAS SOBRE O CAMIÑO

Para que os nenos e as nenas coñeceran de primeira man información sobre O Camiño, o seu significado, as diferentes rutas, os símbolos, as motivacións e as vivencias da xente que o leva a cabo, realizamos no centro unha serie de charlas. 

Tanto nas aulas de infantil, coma nas de primaria, en distintos días e sesións, ao longo do mes de maio,  contamos coa presenza de membros da nosa comunidade educativa que xa realizaran algunha das rutas: 

- Esther, nai de dous alumnos do centro, explicoulles as súas experiencias ao longo do Camiño, e ensinoulles mapas, cunchas, cabazas, credenciais (a compostelá) e contestou a todas as preguntas e dúbidas dos rapaces e rapazas... Esther realizou o Camiño Portugués dende Os Rosais.

























- Mila, conserxe do colexio, que realizou xa catro tramos diferentes: dende Sarria, a pé, dende Ponferrada en bicicleta, dende Avilés a pé e dende A Gudiña en bici. Tamén lles contou as súas vivencias e lles deu consellos de como debían prepararse por se algún día se animaban a realizar esta experiencia que para ela resultara moi positiva e enriquecedora.






viernes, 21 de mayo de 2021

ECO PEREGRINO NO BO CAMIÑO

Este curso traballamos sobre o proxecto centrado no Camiño de Santiago é titulado "ECO PEREGRINOS NO BO CAMIÑO". Dada a situación complicada coa que comezamos o curso, demoramos un pouco o seu comezo, pero a intención é de continuar co mesmo o vindeiro curso. 
Para ambientar a nosa biblioteca, decoramos a porta de entrada como se fose a entrada da Catedral de Santiago e fixemos unha exposición de libros sobre a temática que íamos a traballar. Mafalda, que nos acompañou todo o curso, tamén quixo vestirse de eco-peregrina:












Ademais decoramos o corredor que dá entrada a nosa biblioteca coas etapas da Ruta da Prata (por ser esa ruta a que pasa por Ourense). 




viernes, 9 de abril de 2021

MULLERES LIBRES POR UN MUNDO IGUALITARIO

Dende a escola buscamos sempre inculcar aos nosos alumn@s  o respecto, a tolerancia e o compromiso fronte ás diferenzas das persoas, independentemente da súa orixe, das súas crenzas e do seu sexo, e formalos na convinción de que todos somos iguais fronte á lei, todos temos os mesmos deberes e dereitos, e todos podemos ser recoñecidos e valorados en igual medida, independentemente do sexo co que nazamos, no desempeño dos nosos postos de traballo e polas nosas capacidades. 

Por iso queremos colaborar xa dende a etapa de infantil, dándolles a coñecer grandes mulleres que foron pioneiras en distintas facetas, ata non hai moito, case exclusivas  dos homes (grandes empresarias, políticas, gobernantas, científicas, deportistas, enxenieiras...) Co nosa pequena aportación dende a escola, queremos acabar cos estereotipos e as discriminacións, aínda tan presentes na actualidade.

Neste trimestre, os nenos e nenas de 6º de infantil realizaron un proxecto sobre unha pioneira: SONIA DELAUNAY

domingo, 16 de febrero de 2020

MARIE CURIE

Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil estiveron traballando ao longo duns dous meses sobre a figura de MARIE CURIE. Este proxecto partiu como consecuencia dos experimentos que realizaron con motivo do mes da ciencia en galego. Tanto lles gustaron que querían ser científicos, así que  a profesora aproveitou o seu entusiasmo para traballar a figura desta gran científica. Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, os pequenos quixeron presentarlles aos maiores de 6º de primaria o traballo realizado. 

Picade na icona que hai ao lado de cada número no póster que realizamos ente todos sobre MARIE CURIE para ver todo o traballo que fixemos:


(logo pechade cada ventá que se abre para acceder á seguinte icona do póster).

Deixámosvos tamén una presentación con imaxes do día da exposición:

EXPOSICIÓN: MARIE CURIE by Slidely Photo Gallery