martes, 26 de febrero de 2019

FICHAS 3ª SEMANA

Estas son as fichas da 3ªsemana do noso traballo de investigación. No andel sinalado atoparedes os libros qur debedes investigar.
Os nenos e nenas de 2º e de 3º consultando o ABREMENTE deben descubrir: Os nenos e nenas de 4ºatoparán a información no libro JENNINGS,T: El joven investigador, Árboles.Ed. SM. esta é a súa ficha: Os nenos e nenas de 5º e 6º deben buscar a información no libro Socha,P; Grajkowoski, W:Árboles.Ed. Maeva. para contestar ás preguntas da súa ficha:

viernes, 22 de febrero de 2019

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

A Asociación de escritores e escritoras galegos (AELG) propón desde o ano 2010 a Conmemoración do Día de Rosalía o 24 de febreiro, data que coincide co aniversario do nacemento da autora, e proponlle á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor.
Para a edición 2019 Ana Romaní (se picades no seu nome coñeceredes a súa biografía) foi a persoa elexida para elaborar a redacción do Manifesto da AELG, que se lerá en Santiago , no Panteón  Galegos Ilustres o día 24 de febreiro; este manifesto tamén se lerá en todos os actos que programe a AELG e en todos os organizados por outras entidades que se sumen ás propostas xa sexa nos concellos ou nos centros de ensino.


O Equipo da Biblioteca sacou dos andeis os libros de Rosalía para facer unha exposición no corredor da entrada para que vós poidades disfrutar coa lectura da súa poesía.
Se queredes coñecer a súa vida ollade o seguinte video:


E se queredes  adentrarvos na súa vida e nas súas obras eiquí tendes estas actividades interactivas: 

Cancións sobre as súas poesías e sobre a súa vida;:




domingo, 17 de febrero de 2019

2ª FICHA TRABALLO DE INVESTIGACIÓN

Rapaces xa estamos na segunda semana do nosos traballo de investigación.
Estas son as preguntas que debedes responder, buscando a información nos libros que están expostos no expositor da biblioteca.
Os nenos e nenas de 2º e 3º completarán esta ficha:


Para os nenos e nenas de 4º preparamos esta ficha:


Os nenos e nenas de 5º e 6º buscarán a resposta a estas preguntas:

Os nenos e nenas que participaron na 1ª semana aparecerán expostos coa súa puntuación. Estade atentos!!!

lunes, 11 de febrero de 2019

TRABALLO INVESTIGACIÓN

Un dos obxectivos do noso proxecto para este curso "Entre salgueiros, bidueiros e carballos" é o de coñecer os nosos bosques e as súas árbores, para conseguir este obxectivo o Equipo da Biblioteca en colaboración co Equipo de Voz Natura, co das Tics e  co de Dinamización da Língua Galega propoñémosvos un traballo de investigación  titulado Entre Follas de Sabiduría no que semana a semana investigando nos libros propostos iredes atopando as respostas ás preguntas que  figuran nas fichas que vós temos preparadas.
Este é o cartel que aparece no noso Librín:


Estas son as fichas que atoparedes na Biblioteca para indagar nos libros as respostas para esta primeira semana:
Para o alumnado de 2º e 3º de primaria


Para os nenos e nenas de 4º de primaria:  Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria deben investigar sobre esta ficha:

LECTURAS PARA A PAZ

Para conmemorar o Día Escolar da Paz e da Non Violencia os nenos e nenas de 4º A:  Hugo, Altaír, Aldara, Marta, Brais e Marcos participaron na sesión Lecturas para a Paz.


Brais e Altaír coa axuda de Brais léronlle aos nenos de 1º de primaria o libro A manchas ou a raias?
Un libro para aprender a respectar a diferenza.
Aldara e Marta coa axuda de Marcos léronlle aos nenos e nenas de 2º EP o libro Los Niños no quieren la Guerra

Un libro que reflite de maneira sutil o absurdo das guerras e dos motivos que xeneran os conflitos



lecturas paz
Os nenos e nenas disfrutaron con esta actividade!!! Agora tócalle a eles facernos un debuxo da historia.

FEBREIRO MES DA POESÍA



Xa chegamos ao mes de febreiro!! Un mes moi especial que dedicamos á nosa poeta máis universal: Rosalía de Castro!! Na súa honra  e, tal e como se fai todos os anos, o Equipo da Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización de Lingua Galega, o Equipo das Tic e o Equipo de Voz Natura realizarán ao longo de todo o mes diferentes actividades.
Comezamos cun concurso de poesía , este é o cartel que está exposto no Librín



domingo, 3 de febrero de 2019

TEATRO E BAILE PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ

Para celebrar o Día Escolar da Paz e da Non Violencia o equipo da Biblioteca, seguindo co  Plan de lectura para este curso: Entre Salgueiros, Bidueiros e Carballos, presentou no salón de actos cos alumnos de 4ª B de Primaria unha pequena obra de teatro titulada O Bosque da Paz, na que ademais de falarnos da importancia dos bosques para a nosa supervivencia e da riqueza que nos proporciona a Natureza, tamén nos mostra estratexias para a resolución de conflitos sen utilizar a violencia. Os rapaces fixeron unha magnífica interpretación.

Noraboa rapaces pola vosa actuación!


Tamén realizamos un acto conxunto (aínda que tivemos que facelo en dous grupos por mor do mal tempo e ter que realizalo dentro do colexio), onde a música e o baile foron os protagonistas. 
Despois da lectura dun pequeno manifesto en favor da PAZ, realizado polos rapaces e rapazas de 6º de primaria, unímonos todos nuns momentos compartidos de ledicia e compañeirismo, para cantar e bailar tres temas que ademais de facer referencia directa á PAZ, como é o tema "PAZ, PAZ" de JUANES, falaban da unión, da solidariedade, de compartir... "BAILEMOS JUNTOS"  e por último, referencia ao coidado da natureza, á reciclaxe... "REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR". 

PAZ 2019 by Slidely Photo Gallery