jueves, 25 de febrero de 2021

TRADICIÓN ORAL: MAÑÁ DE REGUEIFAS

Como neste mes de febreiro celebramos o mes de Rosalía e da poesía, tivemos no colexio unha visita moi especial, a visita dunha regueifeira: PILAR MIRA

Pilar estivo cos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria para explicarlles que son as regueifas e tamén para cantalas con eles. 

"A regueifa é unha forma de improvisar en verso, unha manifestación poética-musical-universal. É unha forma de comunicación creativa e orixinal propia da tradición galega oral". 

Explicoulles que aínda que estivo en decadencia, hoxe existe unha recuperación da regueifa. 

Normalmente facíase por parellas, onde un lle contesta ao outro, facendo  disputas e desafíos. O tema a tratar podía ser calquera, algo sobre a vida persoal, sobre o público que os escoitaba, sobre algún tema de actualidade... Comezaban saudando ao público para logo pasar ao desafío e atacábanse un ao outro, e canto máis orixinal, rápida e simpática era a resposta, máis divertido era o desafío. Tamén se empregaba o humor e a retranca. 

Tamén lles contou que tradicionalmente cantábanse nas vodas, a onde acudían os regueifeiros (sen ser invitados), e batíanse en duelo para decidir quen repartía o regalo, que non era outro que un bolo de pan molete, o cal se chamaba regueifa, de aí vén o nome. Gañaba o que mellor facía o desafío. 

Aclaroulles que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares.

Para rematar, díxolles que aínda que normalmente a regueifa se facía entre dúas ou máis persoas, tamén se podía facer sobre temas de actualidade en forma de relato, como ía facer ela, cantar un relato, xa que non tiña rival para o desafío.
Aquí nos deixou as súas regueifas:

E aquí todos, acompañando a Pilar:

Os rapaces e as rapazas de 4º, fixéronlle esta regueifa de despedida:

"Dámosche as grazas por todo,

ti fixéchesnos sorrir

                   a nós gustáchesnos moito,

non queremos verte ir". 






viernes, 19 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2

Outra das actividades feitas con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA  foi a realizada cos alumnos e coas alumnas de 3º e 4º de primaria o día 18 de febreiro. Tiveron unha videoconferencia con CARMEN MARIÑO, investigadora en enxeñería de materiais e que está  facendo o doutorado na Universidade de Vigo.

Primeiramente fíxolles unha introdución ao tema, a importancia da ciencia e da tecnoloxía e a necesidade de facer visible o traballo das mulleres. Despois repasaron oito traballos de mulleres famosas cuxas obras non foron visibilizadas na súa época acorde aos seus méritos: Marie Curie, Rosalind Franklin, Heidi Lamarr, Ada Lovelace…

A continuación, explicoulles as principais dificultades que actualmente limitan o éxito das mulleres na ciencia, para rematar cunha rolda de preguntas e dúbidas. 







Dado o interese que o tema espertou nos rapaces e rapazas, ao longo da semana continuaron traballando sobre o mesmo nas titorías. 

domingo, 14 de febrero de 2021

FEBREIRO: MES DE ROSALÍA, MES DA POESÍA

Este mes de febreiro, mes da nosa gran ROSALÍA DE CASTRO, facemos un especial fincapé na poesía e dende a biblioteca realizamos a habitual exposición con libros sobre ROSALÍA  e libros de poesía.








sábado, 13 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 1

 
Con motivo da Conmemoración  do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, invitamos ao noso centro dúas mulleres de ciencia, dúas investigadoras. 

Elas viñeron a falarlle aos nenos e nenas de  6ºB de Infantil,  de 4ºe  de 5º de primaria, do papel das mulleres na ciencia, da necesidade de que entendan que ser científicos non é exclusivo dos homes, e da súa experiencia como investigadoras:

Conchi Casas (Bióloga Mariña) investigando corais da Antártida, e Emma Lorenzo (Física) investigadora dende a súa etapa de infantil, que a levou a acadar premios internacionais en Secundaria (a participación nunha expociencia en Rusia, finalista en premios científicos de Google e dar charlas no TEDX de xóvenes emprendedores).

Ademais de contarlles as súas experiencias, fixeron varios experimentos. O primeiro deles consistiu en mostrarlle a importancia da hixiene para evitar infecións. Para elo tomaron mostras de mans sucias, mans lavadas con xabón e por último con hidroxel. Nuns días poderán comprobar  como proliferaron as bacterias nos distintos casos, un tema tan de actualidade dada a situación que estamos a vivir, que nos obriga a ser moi estritos coa limpeza das nosas mans. 

Os outros experimentos foron a elaboración dunhas lámpadas de lava empregando auga, colorante, aceite e pastillas efervescentes, e finalmente, como facer que un volcán entre en erupción con  productos tan  sinxelos coma a combinación de vinagre e bicarbonato.

A mensaxe das nosas invitadas para os nosos alumn@s foi moi claro, todos  podemos ser o que queiramos, ninguén pode discriminarnos, especialmente por ser do xénero feminino, o MUNDO DA CIENCIA TAMÉN É DAS MULLERES!!




DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA - 2021 - Kizoa Movie Maker

viernes, 12 de febrero de 2021

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

Os pasados 8 e 10 de febreiro, en sesións de 2 horas cada sesión, os alumnos e alumnas de 4º de primaria participaron no obradoiro: "ILUSTRACIÓN: SENTIDOS E SIMPLICIDADE". 

Sentidos e simplicidade foi un obradoiro no que se traballou a expresión das emocións a través da ilustración das sensacións producidas por unha música a través de todos os sentidos (vista, olfato, tacto, oído e kinestésico). Xogando con diferentes texturas, formas e cores, e empregando a técnica do collage, cada neno e nena elaborou unha pequena obra en forma de libro.  

O taller foi impartido por Laura Tova, ilustradora galega, que os foi guiando no proceso. A partir dunha música elaboraron cinco ilustracións centradas cada unha delas nos 5 sentidos. Así, o primeiro día, empezaron elaborando a portada e crearon 2 personaxes: un con forma de ave e outro con forma de gato e traballaron un dos sentidos. 
O segundo día realizaron as seguintes ilustracións centrándose nos  sentidos restantes. 
Os nenos e as nenas participaron activamente e con entusiasmo no obradoiro, e segundo as súas palabras, quedaron con gañas de máis!. 












 

Para coñecer o labor desta gran ilustradora, podedes acceder á súa páxina web:

lunes, 8 de febrero de 2021

RECURSOS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convoca cada 24 de febreiro o DÍA DE ROSALÍA. Para profundizar na súa figura e na súa obra, aquí presentamos algúns recursos:  enlaces á páxinas con información, enlaces a actividades interactivas, vídeos...

- ASOCIACIÓN DE ESCRITORAS E ESCRITORES EN LINGUA GALEGA

- FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO 

- DESCUBRIENDO A ROSALÍA DE CASTRO 

- PRESENTACIÓN DÍA DE ROSALÍA 

- 24 FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA 

- QUE SABES DE ROSALÍA DE CASTRO?

- ROSALÍA DE CASTRO POR CEIP ANTÍN-CELA

. TRABALLOS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO 

VIDA E OBRA DE ROSALÍA:







POEMAS: PARECE UNHA ROSA

   


CANTARTE HEI GALICIA

 

ADIOS RIOS, ADIOS FONTES

 

HAS DE CANTAR

   

miércoles, 3 de febrero de 2021

DÍA DA PAZ 2021

Todos os anos, para rematar a celebración da semana DO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, realizabamos algún acto conxunto con bailes e cancións e onde se lía algún manifesto elaborado polos alumnos e alumnas maiores. Este ano non puido ser así. 

Así que decoramos o colexio con MUÍÑOS DA PAZ que se elaboraron nas diferentes aulas e que se decoraron con frases e palabras alusivas á PAZ, e que logo "plantamos" en macetas e recipientes polos corredores e ventás. 

Tamén os nenos e nenas adornaron BRAZALETES que luciron nestes días con frases e palabras tamén alusivas á PAZ.