jueves, 19 de octubre de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana volven a rular as mochilas viaxeiras en todos os cursos de primaria, actividade que lle permite á biblioteca o contacto coas familias coa intención de conseguir a súa colaboración e participación na formación de lectores e lectoras.
O contido de cada mochila e o que buscamos con esta actividade vai explicado na seguinte carta que se lle envía a cada familia:

Esperamos que tanto o alumnado como os seus familiares gocen e compartan con ilusión as lecturas que seleccionamos.



lunes, 16 de octubre de 2017

CONCURSO CONTOS DE MEDO

Ola lectores, xa está en marcha o primeiro concurso do curso : O  V CONCURSO DE CONTOS DE MEDO. Este ano, seguindo as directrices do noso Plan de Lectura, os contos versarán sobre feitos da nosa contorna. Se queredes participar lede con moita atención o cartel:


OBRADOIRO DE CABAZAS

Como en todos os anos, ante a proximidade do SAMAÍN,  na biblioteca desenvolveremos, na hora do recreo dende o  16  ata o 27 de outubro, un obradoiro para decorar as cabazas. Se queres participar achégate coa túa cabaza ata a biblioteca  e decóraa da forma máis terrorífica que queiras.


domingo, 15 de octubre de 2017

PREPARANDO O SAMAIN

Pouco a pouco o curso vai avanzando. As noites chegan cada vez máis pronto, temos que abrigrarnos  un pouco máis...  Estamos no pleno outono!!   Tempo de castañas, follas secas, da recollida do millo e das cabazas... Estamos no tempo no que celebramos o Samaín!!!  Unha festa de orixe celta na que se reunían  se reunían no camposanto para comer o porco do samaín co medo no corpo, pois as ánimas do outro mundo ameazaban con vir rendir contas aos moradores do mundo dos vivos.
Para afastalas, os guerreiros poñían nas murallas ou encastradas nas paredes as caveiras iluminadas dos inimigos, caveiras que pouco a pouco se foron sustituíndo por cabazas.
 Se picades neste enlace coñeceredes a orixe desta festa  ORIXE DO SAMAIN
Na seguinte  unidade didactica atoparedes moita información sobre o Samaín:
Nas seguintes páxinas atoparedes recursos para traballar o Samaín nas aulas:

RECURSOS
Recursos Samain

ACTIVIDADES INTERACTIVAS:
SAMAIN E O OUTONO
Actividades LIM O Samaín
 CREBACABEZAS: Chegou o Samaín









miércoles, 11 de octubre de 2017

BIBLIOPATIO

Hoxe, na hora do recreo e  grazas os nosos colaboradores, un  anaquiño da nosa biblioteca percorreu o patio de  infantil.  A actividade do BIBLIOPATIO botouse a andar!!!
A partir de agora en todos os recreos da mañá, agás os dos mércores, dous colaboradores baixarán ao patio un carro cargado de libros,  adaptados aos nenos de infantil, para que os nenos que queiran podan disfrutar da súa lectura e teñan a experiencia dun recreo diferente.
Esta é  unha actividade que goza de moito éxito tal e como se pode ver no vídeo e ue nos confirma QUE CALQUERA  LUGAR É BO PARA A LECTURA!!


lunes, 9 de octubre de 2017

CLUBE DE LECTURA


O equipo da biblioteca prepara unha nova actividade: abimos un clube de lectura na biblioteca!!!
Se eres alumno de 5º ou de 6º de primaria e che apetece pasar un tempo divertido ao redor dun libro le con moita atención o catel.




COLABORADORES


Os novos axudantes da biblioteca ( 20 alumnos voluntarios  de 6º de primaria) xa recibiron a formación necesaria e firmaron o seu cotrato no que se comprometeron, cheos de ilusión, a desenvolver, ao longo de todo o curso,   moitas e variadas actuacións entre as que destacamos:
  • Colocar  correctamente os libros   nos andeis e manter en orde a biblioteca.
  • Axudarlle aos nenos a buscar os fondos que precisen.
  • Repara os fondos que se atopan no hospital.
  • Colaborar nas actividades LIBRO-PATIO e na APERTURA DO QUIOSCO levando e coidando os libros.
  • Comprobar que se cumpren as normas da biblioteca.
O Equipo da biblioteca  agradece a súa colaboración e deséxalles a todos unha experiencia gratificante e motivadora.


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow

domingo, 8 de octubre de 2017

OUTUBRO: MES DA BIBLIOTECA

Lectores,  chegamos ao  mes de outubro, o mes no que a biblioteca escolar abre as súas portas e pasiño a pasiño  iráselle ensinando aos novos alumnos e comezarase a desenvolver as diferentes actividades programadas: clube de lectura, mochilas viaxeiras, préstamo de libros, e as múltiples actividades de fomento da lectura para todos os usuarios da biblioteca.
Os que levades anos  traballando  e colaborando para que a biblioteca estea presente no ámbito educativo e sexa un centro de recursos imprescindible para toda a comunidade escolar, coñecedes o profundo alcance que  ten sobre a vida escolar a biblioteca.
O equipo da biblioteca aposta por  por  desenvolver desde a biblioteca  todas as actividades que lle dean presenza no centro e que encandilen aos lectores e que fagan sumar usuarios que disfruten, necesiten, colaboren e usen os seus fondos.


Nos segulntes videos fálanos da  biblioteca e da súa importancia:






miércoles, 27 de septiembre de 2017

PLAN ANUAL DE LECTURA

Ola lectores!! O equipo da biblioteca xunto co equipo de Voz Natura  elaboraron o plan de lectura para este curso: "Auga, pedra, sabedoría e terra" Todas as actividades programadas xirarán en torno ao patrimonio da nosa contorna.  Coa  colaboración  de toda a comunidade  escolar coñeceremos lendas, monumentos, fontes , cruceiros...Descubriremos os tesouros que nos rodean