viernes, 19 de diciembre de 2014

BO NADAL



O equipo da biblioteca deséxalle a toda a Comunidade Educativa unhas felices festas e que no Novo Ano se fagan realidade todos os desexos que cada un poida soñar!!!

BOAS FESTAS!!!


CARTAS AO APALPADOR

Os nenos e nenas escribíronlle cartas moi fermosas ao Apalpador para participar no concurso que se celebrará o 31 de decembro na Noite do Apalpadoiro. O equipo da biblioteca deséxalles moita sorte a todos e todas!!!

LIBROS RECOMENDADOS PARA ESTE NADAL

O equipo da biblioteca fai esta selección de libros para este Nadal para que nestas vacacións sigades disfrutando coa lectura 


miércoles, 17 de diciembre de 2014

CHEGA O NADAL

Xa chegou o Nadal!!!
A biblioteca xa está decorada e nos andeis fixemos unha exposta de libros sobre o Nadal.


Picando neste enlace atoparedes actividades divertidas

ACTIVIDADES LIM


Esta é a Historia sobre o Nadal contada para os nenos


No taller de Papá Noel hai moito traballo:



Escoitade esta panxoliña. Esperamos que vos guste!!!



jueves, 11 de diciembre de 2014

O APALPADOR

O apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno.   Na noite do 24 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos e ás nenas que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dalles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame desexándolle un ano cheo de felicidade e  de alimentos.
Se queredes coñecer a historia do apalpador ollade este video:



Ou escoitade este conto:



 No seguinte enlace atoparedes actividades moi divertidas

https://sites.google.com/site/nadalrecursos/o-apalpador

ESCRIBE UNHA CARTA AO APALPADOR

Ola amigos:
Queredes participar no concurso cartas ao Apalpador?
Só tendes que escribirlle unha carta. As cartas máis inxeniosas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais sinceros e positivos enviarémolas ao apartado 7070 Da Coruña para participar no sorteo que se celebrará o 31 de decembro na noite do Apalpadoiro.
Como non se trata de Misses non vale pedir "...A paz no mundo", "...Que o ano que vén me porte mellor". Todo isto está moi ben, pero ese desexo xa llo supomos a todos vós e nós.

 ANIMÁDEVOS!!!


ENTREGA DIPLOMAS

Os nenos e nenas que participaron na actividade da elaboración de contos de medo recibiron un diploma e un pequeno agasallo. Felicidades a todos eles e a seguir participando!

domingo, 16 de noviembre de 2014

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro conmemórase o Día Mundial do Dereitos do Neno no que se festexa a fraternidade e a compensión entre todos os nenos do mundo. 
Esta data fai referencia ao día no que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU), no ano 1959, aprobou a Decalaración sobre Os Dereitos do Neno onde quedan reflictidos, ao longo de dez principios, os dereitos que xa foran contemplados no ano 1948 .

Pouco despois, a ONU determinou que fora o Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para os nenos (UNICEF) o organismo encargado da proteción dos menores. 

Dende entón traballou a reo para protexer xurídicmenta á infancia e coma froito dos seus debates xurdiu, o 29 de novembro de 1989, a Convención sobre os Dereitos do Neno.
A partir desta época, pouco a puco, os países foron ratificando esta Convención e, na actualidade, 191 países xa o teñen ratificado.
Se queredes coñecer cales son os dereitos do neno ollade os seguintes videos:





sábado, 1 de noviembre de 2014

SAMAÍN 2014

ESTA SEMANA ESTIVEMOS NA BIBLIOTECA DECORANDO AS NOSAS CABAZAS PARA O SAMAÍN:
 













NA SEGUINTE PRESENTACIÓN VEREDES QUE CHULAS QUEDARON!!





domingo, 26 de octubre de 2014

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Con motivo do Día da Biblioteca Escolar o profe Xosé Carlos Caramés contounos o conto "O gato sol" empregando a técnica do kamishibai. O kamishibai é una forma tradicional xaponesa de contar historias con láminas que teñen unha ilustración na parte dianteira e texto na parte traseira. Estas láminas vanse colocando en orde nun teatriño de tres portas chamado "butai". O presentador ou interprete vai lendo as láminas mentres os espectadores (neste caso os nenos/as) ven as ilustracións. A experiencia resultou moi positiva como podedes ver nas imaxes. Ao rematar o conto os nenos/as confeccionaron o seu persoal gato de papel.



ESPERAMOS REPETIR A EXPERIENCIA!!

martes, 21 de octubre de 2014

II CONCURSO RELATOS DE MEDO

II CONCURSO DE CONTOS DE MEDO

Temática: Relacionada con calqueira tipo de medo: á noite, á escuridade, ás sombras, ás tormentas, aos pesadelos, aos terrores nocturnos. Medo aos monstros, aos bruxos, ás meigas, aos vampiros, ás pantasmas, aos trasnos. Medo a algúns animais (ao lobo, ás arañas, aos paxaros, aos cans, aos gatos, aos ratos …) Medo a ir para a cama, á auga, a perderse, ás alturas…
Presentación: Escrito en galego nun folio. Escribe o título na parte superior e o teu nome completo e o curso na parte inferior. 
Gústannos os traballos limpiños e con boa letra. Encántannos as historias con moitos debuxos.
Entrega: Na biblioteca, antes do 7 de novembro.


ANÍMATE E PARTICIPA...HABERÁ PREMIOS!!!

O SAMAIN




O Samaín é unha celebración de orixe celta
Celébrase o fin do verán e o inicio do tempo de inverno. 
Na noite do 31 de outubro comeza o aninovo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias. Era a noite máis perigosa do ano! Para afastar das súas casas as perigosas ánimas defuntas adoitaban colocar as caveiras iluminadas dos inimigos mortos.
Dos ritos e crenzas celtas ven 
a tradición europea de facer caveiras nas cortizas das cabazas.

Se picas na imaxe do Samaín terás moitos recursos para traballar esta unidade.

Neste vídeo infórmanvos sobre a orixe desta festa


Vídeo didáctico sobre o Samaín con música de Mamá Cabra from Falamelide TV on Vimeo.

lunes, 20 de octubre de 2014

LIBROS PARA O SAMAÍN

O equipo da biblioteca fixo unha selección  de libros para ler no Samaín. Están nos expositores da biblioteca.

RECOMENDAMOS LIBROS

Estes son os primeiros libros que recomendan os nenos/as deste cole. Fixeron un excelente  traballo. Parabéns a todos eles! 

DECORACIÓN DAS CABAZAS

Xa falta pouco para o SAMAÍN... Empezamos a decorar as cabazas. Se queres participar nesta actividade trae a  túa cabaza e na  BIBLIOTECA  decóraa como a ti máis che guste.

TEÑEN QUE QUEDAR TAN BONITAS COMO AS DO ANO PASADO!

SESIÓN DE CONTACONTOS

Co gallo do DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR o mestre Xosé Carlos Caramés desenvolverá co alumnado de infantil,  1º e 2º de primaria, unha sesión de contacontos con dous contos:

O GATO SOL, conto tradicional vietnamita contado con Kamishibai




POR QUE HAI TANTAS PEDRAS NO FONDO DOS RÍOS? Conto africano con Kamishibai

lunes, 6 de octubre de 2014

ACTIVIDADE: EU RECOMENDO

O día 24 de outubro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR para homenaxear o labor que desenvolven os bibliotecarios e bibliotecarias no fomento da lectura.
Para celebrar este día invitámosvos a participar na actividade “ EU RECOMENDO” na que cada un de vós lle recomendades aos demais compañeiros o libro da biblioteca que máis vos gusta.
Debedes debuxar na plantilla que vos proporcionamos a portada do libro, escribindo o título, o autor/ autora e a editorial.
Todas as aportacións serán colocadas na exposició que faremos para conmemorar esta data.

Esperamos a vosa colaboración .

MOCHILAS VIAXEIRAS


Xa preparamos as mochilas viaxeiras e, este venres,  saíron do cole para entrar nas vosas casas! Marchou unha de cada clase, desde 4º de infantil ata 6º de primaria; o contido de cada unha delas é diferente, intentamos adaptarnos ao gusto e á idade de cada neno/nena.
O obxectivo desta actividade é que a familia se involucre no hábito lector e que disfrutedes todos xuntos da lectura. A mochila estará con cada familia unha semana, durante ese tempo procurade ler os libros e as revistas que hai dentro.  O venres, na hora de ler, o portador da mochila terá tempo para contarlle aos demais  compañeiros  a súa experiencia coa familia, que libros lle gustaron e que lecturas realizaron.
Debedes coidalas moi ben para que, en perfecto estado, entren na casa de todos os compañeiros.
 Desexamos que todos disfrutedes desta actividade.

viernes, 5 de septiembre de 2014

BENVIDOS



O Equipo da Biblioteca dalle a benvida a toda a Comunidade Educativa.
Despois das vacacións nas que seguramente vos dedicástedes a descansar e a disfrutar, abrimos un novo periodo onde a aprendizaxe e o coñecemento será o labor que nos implique no noso traballo diario. Preparamos un programa cheo de propostas e actividades que iremos desenvolvendo ao longo de todo o curso.
Animámosvos a que visitedes, de vez en cando, este blog. Irase actualizando segundo se vaian desenvolvendo as diferentes actividades.
Moitas grazas e benvidos.

viernes, 20 de junio de 2014

ATA SETEMBRO

O equipo da biblioteca deséxalle á toda a Comunidade Educativa que pase un feliz verán. Coñecede novas cousas e traede moitos recordos na vosa memoria para contárnolos á volta.

Vémonos en setembro!!!

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Hoxe, na hora do recreo, os axudantes da biblioteca recibiron un diploma polo bo traballo desenvolvido. Moitas grazas polo voso labor desinteresado. Esperamos contar coa vosa axuda no vindeiro curso.

OS NOSOS GRANDES LECTORES

Os mellores lectores do colexio  recibiron un agasallo. Parabéns a todos.

jueves, 19 de junio de 2014

GUÍA LECTURAS VERÁN 2014

Unha boa idea para este verán: Reservade todos os días un tempo para a lectura.



miércoles, 4 de junio de 2014

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


O día Mundial do Medio Ambiente foi establecido pola ONU o 15 de decembro de 1972 e, desde ese día celébrase todos os anos, de maneira oficial  cada 5 de xuño, coa finalidade de concienciar á sociedade da necesidade de levar a cabo  un desenvolvemento sostible para preservar o medio ambiente. É moi necesario que todos participemos poñendo o noso granciño de area para conseguir manter o Planeta nas mellores condicións posibles.
Para saber que cousas debemos facer para mellorar o medio ambiente e para reflexionar sobre este tema picade no seguinte enlace:

      Recursos medio ambiente

Neste vídeo explícannos como podemos contribuír a coidar o medio ambiente :




Ollade o seguinte video onde nos falan dos problemas causados polo home, para tomar conciencia na vida cotiá:





Picade no seguinte enlace onde atoparedes diferentes xogos interactivos sobre temas relacionados co coidado do medio ambiente:

xogos interactivos


viernes, 23 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Ao longo da semana do 12 ao 16 de maio realizáronse nas aulas diversas actividades relacionadas coas letras galegas e co autor homenaxeado este ano: Xosé María Díaz Castro.
Os nenos/as leron e/ou buscaron información sobre a vida do autor e a súa obra. Leron e recitaron algúns dos seus poemas, realizaron cuestionarios, fixeron carteis, marcapáxinas... 

CARTEIS REALIZADOS POLOS ALUMNOS/AS DE 5º EP:


MARCAPÁXINAS DOS NENOS/AS DE 3º EP:

O día 16 realizamos por ciclos na biblioteca unha serie de pequenos actos como homenaxe a Díaz Castro. Este foi o programa: 
EDUCACIÓN INFANTIL 
3- Recitado do poema "Esmeralda" polos propios nenos/as de infantil. 

PRIMEIRO CICLO 
SEGUNDO CICLO 
1- Os nenos/as de 3º e 4º leron o poema "Esmeralda"

TERCEIRO CICLO 
3- Un alumno de 6º recitou o poema "Penélope"
5- Realización por escrito dun cuestionario sobre a vida e obra do autor
7- "Penélope" poema recitado primeiro polo propio autor e logo cantado por Fuxan os Ventos

(premendo nos enlaces podes acceder a todos os vídeos e presentacións)

martes, 13 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.
A Real Academia Galega, na súa sesión plenaria do 21 de xuño de 2013, acordou escoller a Xosé María Díaz Castro como figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2014, ano que coincide co primeiro centenario do seu nacemento.

Se queredes coñecer a súa biografía ollade este video que nos fala  da vida do autor:




No seu libro Nimbos atópase o poema Penélope

Se queredes saber mais cousas de Díaz Castro picade  no seguinte enlace:

Xosé María Díaz Castro

martes, 29 de abril de 2014

Día da nai

O próximo domingo celebraremos un día moi especial:


 O DÍA DA NAI
Dende a nosa biblioteca queremos contribuír á celebración deste día tan cheo de ledicia recomendándovos algunhas lecturas que, de seguro, vos van a encantar!!!


Disfrutade con este conto que explica as emocións que existen e como se sente un a través das cores e dos beixos. 




Con esta preciosa canción: Feliz día, mamás!!


miércoles, 23 de abril de 2014

APADRIÑAMENTO LECTOR
Como actividade de animación á lectura e con motivo da celebración do Día do Libro, realizamos no colexio o "Apadriñamento Lector". Os padriños e madriñas (nenos/as maiores) léronlle contos aos seus afillados/as (nenos/as máis pequenos). Fóronse colocando por parellas en distintos recunchos do patio e disfrutaron deste tempo lector. Foi unha actividade moi gratificante, na que se fomentou non só o pracer da lectura, senón outros valores como:  a cooperación, a responsabilidade, o compañeirismo... 





23 DE ABRIL DE 2014
DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DO AUTOR
NESTA DATA TAN SINALADA COMEZA A ANDAINA DO BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PROFESOR ALBINO NÚÑEZ DE OURENSE. ESPEREMOS QUE SEXA LONGA E FRUTÍFERA!!!