martes, 29 de mayo de 2018

NO CLUB ADENTRÁMONOS NUN CLÁSICO DA LITERATURA

“A imaxinación é a única arma contra a realidade”.
Desta vez, nos clubs de lectura adentrámonos nun clásico da literatura, “Alicia en el país de las maravillas” do ano 1865. Optamos por unha edición ilustrada da man de Rebeca Dautremer.
Foi unha historia que nos fascinou a todos. Nela recréase un mundo imaxinario, no que todo aquilo que nos propoñamos pode facerse realidade. Serviunos para fixarnos nas distintas personalidades que aparecían, sobre todo analizando a personaxe principal,  Alicia.
Tivemos charlas moi interesantes, analizando as ilustracións (que tiveron defensores e detractores) e mesmo tivemos a oportunidade de aproveitar a carballeira do cole para unha lectura na natureza.


Continuaremos lendo! Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos encontros.


lunes, 14 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS


Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS está adicado á María Victoria Moreno, unha mestra, escritora, amante da cultura galega que dedicou parte da súa vida ao ensino e promoción do galego como  lingua.  
Se picades no  enlace do noso  (picade)  
BLOG DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA  atopaedes a súa biografía e moitas actividades.
Desde a BIBLIOTECA preparamos actividades para que todo o alumnado coñeza a vida e  disfrute coa obra da homenaxeada,
Para coñecer a esta autora ollade os seguintes videos:




No seguinte video dannos información sobre o Día das Letras Galegas:


 No corredor da entrada da Biblioteca temos unha exposición cos libros da autora. Non vos esquezades de pasar por alí para disfrutar coa súa obra


No seguinte enlace atoparedes recursos para coñecer a figura desta autora
Neste enlace atoparedes xogo interactivos e fichas didácticas
Escoitade este conto  "A festa no Faiado" pictografiado por  E.Especial e narrado por nenos de Educación infantil:


 Esta é  a homenaxe de Fuxan Os Ventos á Victoria Moreno:






Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 9 de mayo de 2018

DESCUBRINDO Á PROTAGONISTA DAS LETRAS GALEGAS

O Equipo da Biblioteca invita a todo o alumnado de  4º, 5º e 6º de Primaria a participar nun concurso de adiviñas. Deben prestar atención ás diferentes pistas que van aparecendo polo colexio, en grupos deben investigar sobre esas pistas e descobrir o que teñen todas en común. Así pasiño a pasiño irán descobrindo á autora á que lle dedicamos o Día das Letras Galegas e o contido das súas obras. O grupo que o adiviñe debe  pedir un documento na Biblioteca para cubrilo coa súa resosta.  Publicaremos aos gañadores
Estas son algunhas das pistas que van atopar:


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery



lunes, 7 de mayo de 2018

ENCONTROS CO AUTOR:: ANXO FARIÑA


Hola lectores e lectoras!
 Os nenos e nenas dos clubes de lectura estivemos a voltas co libro “Megatoxos e o aprendiz de druída”. Esta é unha novela fantástica, moi divertida e aventureira que fala das viaxes no tempo. 
Fíxonos PENSAR sobre que pasaría se cambiásemos o noso futuro e sobre a importancia da historia na nosa vida.
Desta vez foi unha lectura un tanto especial, porque o venres 4 de maio tivemos no cole a visita do seu autor,  ANXO FARIÑA, escritor e ilustrador de Vigo.
 Anxo respostou ás nosas inquedanzas sobre o complexo mundo da escritura. Explicounos o proceso de creación dunha historia, acompañada de ilustracións. Así decatámonos do duro traballo que hai detrás dunhas páxinas.
Ademáis, como sorpresa, fíxonos dous debuxos: un deles sobre unha personaxe da novela, e outro máis personalizado, da nosa compañeira Lola! Quedamos abriados da rapidez co que o fixo.  Deunos uns truquiños para debuxar e puxémonos mans á obra!
De todo quedámonos coa idea de que pódese facer unha historia de calquera cousa, só hai que poñer as nosas cabezas a cavilar e deixarnos levar pola imaxinación.
Esta é unha pequena mostra da súa visita:


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow