jueves, 23 de abril de 2020

AGASALLO NO DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2020

Con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DO LIBRO, a gran contadora de historias e actriz SABELA GAGO, envíoulles a todos os nenos e nenas do colexio un estupendo agasallo: un vídeo contándonos unha simpática historia de XOÁN BABARRO:


GRAZAS SABELA POR ACORDARTE DE NÓS E FACERNOS GOZAR COAS TÚAS HISTORIAS!!

viernes, 17 de abril de 2020

23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Cada lbro que lemos queda gardado no
noso peito como semente, paxaro ou xabarín
Ola lectores!! 
O vindeiro 23 de abril celebramos  O Día Mundial do Libro e  dos Dereitos do Autor, este ano temos que celebralo dunha maneira diferente, "na casiña coa nosa familia", usaremos o poder da lectura para combater o illamento, para estreitar os vínculos entre as persoas da nosa casa e para espertar a nosa imaxinación e o noso desexo de coñecer o que sucede ao noso arredor.
Durante o tempo de confinamento é fundamental tomarse un tempo para ler coa nosa familia para celebrar a importancia da lectura e para fomentar e promover o amor á literatura.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional editou un díptico para conmemorar este día, recurrindo ao xornalista e divulgador da cultura galega Manuel Gago. Se queredes coñecer o Díptico e o texto elaborado polo autor picade no seguinte enlace: Día mundial do libro.
No seguinte video podemos ver un resumo do porqué da celebración desta data:




Como conmemoramos este día o pasamento do noso escritor Miguel de Cervantes, no seguinte vídeo tedes un repaso da súa vida:

Estas son algunhas das propostas do Equipo da Biblioteca para este día:
- Podedes realizar as seguintes actividades LIM:
Día do libro

Xogos Quijote de la Mancha


- Para Educación Infantil e 1º de Primaria realizamos o seguinte xogo de adiviñas sobre os libros que traballaron nas aulas:
DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2020 

(A idea orixinal desta actividade recollémola da BIBLIOTECA DO CEE INFANTA ELENA)

Apadriñamento lector na casa:
Igual que no cole, cando celebramos o apadriñamento lector, os nenos e nenas maiores  porfillan aos nenos e nenas máis pequenos léndolles un libro, agora imos facer o mesmo pero cada un na súa casa e coa súa familia.  
Aos nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria que alguén da casa (será o seu padriño lector) lle lea un libro. Os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de primaria serán os padriños e leranlle un libro aos irmáns pequenos, se os hai na casa, ou as persoas  maiores coas que convivan.

Sería estupendo que nos mandarades fotos da actividade: unha foto do libro ou libros que ides ler e outra onde se vira ao neno/nena escoitando ou lendo a historia.

- Recomendacións literarias:

Invitamos aos maiores do colexio a que nos recomenden as súas lecturas favoritas para estes días e que fagan unha gravación explicándonos o motivo da súa predilección. 

As fotos e os vídeos podedes envialos aos seguintes enderezos electrónicos:

bibliotecaalbinonunez@gmail.com 
ceip.albino.nunez@edu.xunta.gal

Esperamos que vos animedes e, sobre todo,  que os libros estén presentes todos os días que nos toca QUEDAR NA CASA.



miércoles, 8 de abril de 2020

QUE BONITO!! ESTANDO SEMPRE CONTIGO!!

Todo o profesorado e o resto do persoal do centro tamén quixemos mandar a nosa mensaxe de ánimo e cariño para todos os nenos e nenas e para todas as súas familias. Dicirvos que vos botamos moito de menos e que o estades facendo xenial quedando na casa. Aproveitade para gozar coas vosas familias, xogar, cantar, escoitar música, axudar nas tarefas da casa, facer tarefas do cole e sobre todo... non vos esquezades de ler un libro ou de ver contos. Tamén aproveitade, agora que estamos tanto tempo xuntos, para que as vosas familias vos conten historias, contos ou aquelas cousas das súas vidas que sempre recordan. Seguide así e axiña volveremos a vernos!. O noso cariño para tod@s neste vídeo:

miércoles, 1 de abril de 2020

TODO IRÁ BEN!

Aquí temos o vídeo que recolle todas as mensaxes envíadas por nenos e nenas, profesorado e membros da nosa comunidade educativa para animarnos a QUEDAR NA CASA e dicirnos que: TODO IRÁ BEN!!, XUNTOS LOGRARÉMOLO!!
GRAZAS por estas mostras de cariño, apoio e forza que nos mandades nestes momentos tan complicados. ÁNIMO A TOD@S: