lunes, 29 de enero de 2018

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA


O  próximo 30 de xaneiro  celebramos o Día Escolar da PAZ e da NON VIOLENCIA  tamén coñecido como DENIP e que se celebra en España desde o ano 1964. Neste día,  ademais de conmemorar o aniversario da morte de GANDHI ( se picades no enlace coñeceredes a súa biografía), tamén lembramos a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, á non violencia e á Paz.  Neste día os colexios convértense en instrumentos de paz e de entendemento entre persoas de distinta formación. raza. cultura e relixión.
Nos seguintes enlaces atoparedes moitas ideas para comezar a traballar na clase:
Actividades interactivas dia Escolar da Non Violencia

Para celebrar este día  o Equipo da Biblioteca propón as seguintes actividades;
Para infantil e 1º e 2º de EP a  seguinte presentación:



Para os demais cursos de primaria o seguinte traballo de investigación


Coa axuda de todos elaboraremos o noso  Abecedario da Paz empregndo as plantillas que elaboramos.  cada clase  buscará a palabra da Paz relacionada coa letra ,  decorará a tarxeta, e todos xuntos elaboraremos o noso abecedario

Un conto para traballar  a Paz e a Non Violencia


Escoitade estas cancións   que nos falan de Paz:















domingo, 28 de enero de 2018

CONVERSA CON LEDICIA COSTAS!

O pasado venres 26 de xaneiro os membros dos clubs de lectura tivemos o gran privilexio de ter unha charla coa escritora Ledicia Costas. Empregando o Skype, puidemos falar con ela e facerlle un milleiro de preguntas coma bos xornalistas.
Foi unha conversa moi divertida e interesante, onde nos contou anécdotas dos seus libros e sobre todo nos falou do traballo como escritora que tanta curiosidade nos suscitaba! Onde buscas a inspiración? Canto tardas en escribir un libro? Que hai que estudar para ser escritora? etc etc. Porque malia que semella sinxelo, é un traballo arduo e intenso.
Xa temos por aquí pequenos escritores en potencia motivados a porlle palabras ao que pasa pola súa imaxinación!

Deixámosvos algunha foto do encontro!


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

CLUB DE LECTURA

“O xardín dos libros” leu Momo de Michael Ende, grazas ao préstamo realizado coa Biblioteca Municipal Nodal de Ourense. Malia que ao principio non lles chamou a atención, foi un libro que recibiu moi boa acollida. Xurdiron adxectivos como intrigante, extraño, adictivo.
 Na sesión desfrutamos das ilustracións de diferentes edicións, dende a primeira do 1973; e pensamos, reflexionamos e debatimos sobre ese gran misterio do TEMPO. Porque como Ende dixo: “O tempo é vida, e a vida reside no corazón”.

Os “Gusicross” leron desta vez diferentes recomendacións de libros feitas por eles mesmos! Durante o nadal tiveron ocasión de lelos e na xuntanza cada un amosou a súa opinión e unha descrición breve do que leran.


Seguinte parada lectora: “El coleccionista de relojes extraordinarios” de Laura Gallego e “Zoa e Azor” de An Alfaya.  

Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

Seguirémosvos contando!

lunes, 22 de enero de 2018

CONTACONTOS CON SABELA GAGO

  Na Biblioteca,  para axudarnos  no Fomento das  actividades de Animación  á Lectura,  recibimos a visita da  actriz Sabela  Gago que desenvolveu cos alumnos de 1º e de 2º de primaria,  unha sesión de contacontos titulada " Alboroto no galiñeiro".
Dunha maneira lúdica e interactiva, na que os nenos foron os protagonistas da historia que foi narrando e na que apareceron ovos moi especiais, desenvolveuse  unha sesión dinámica de goce e coñecemento, na que tamén houbo un tempo para a reflexión e para descubrir  os valores da autoestima e da empatía que se traballaban na historia.
Foi unha experiencia moi divertida e interesante que estamos desexando volver repetir.




Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 12 de enero de 2018

CONTACONTOS


O día 11 de xaneiro é o DÍA DOS USUARIOS das BIBLIOTECAS, para conmemorar este dñia  na biblioteca desenvolveuse  unha sesión de contacontos na que o alumno de 4º B  Xurxo Vilariño Losada contoulle aos alumnos de 5º e 6º de Infantil, apoiándose cunha presentación en power point,   o conto titulado Frederik.
Unha historia baseada na fábula  da carricanta e a formiga pero esta vez ten un final totalmente diferente. A historia, maxistralmente contada   fixo as delicias de todos os nenos. Esperamos ver os seus debuxos, que prometeron facernos,  nos que queren plasmar a súa visión desta historia.

Esta é a presentación de powerpoint:




 Mirade que atentos estiveron, non perderon ningún detalle!!!

Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 11 de enero de 2018

CLUB DE LECTURA

Os clubs de lectura do cole, “Gusicross” e “O xardín dos libros” seguiron a súa andadura durante estes meses. Limos “Escarlatina, a cociñeira defunta” e máis “Charlie e a fábrica de chocolate”.
O certo é que ambas as dúas obras, encantáronos!
 Con Charlie viaxamos a un mundo imaxinario cheo de chocolate e fantasía onde os soños fanse realidade; e con Escarlatina viaxamos ao inframundo para reflexionar sobre aquilo que nos rodea e non sempre valoramos como deberíamos.
 Libros deliciosos, entretetidos, aventureiros, misteriosos, que nos fixeron ler con ganas e disfrutar das súas ilustracións. Gozamos coa súa lectura e da conversa que despois xurdiu. Acompañados de pastas caseiras e de deliciosos bombóns intercambiamos diferentes opinións e aprendimos a pensar.  Porque os libros axudánnos sempre a pensar!
No mes de decembro, limos a maiores “Branca de cobre para Martiño”, pero desta vez tivemos opinións máis encontradas. Debatimos, fixemos críticas construtivas e aprendimos a argumentar.


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

Na próxima xuntanza, “O xardín dos libros” falará sobre o clásico Momo, e os “Gusicross”, intercambiarán opinións sobre diferentes libros que eles mesmos escolleron.

En nada estamos de volta!

lunes, 8 de enero de 2018

ESCENIFICANDO A LENDA " ANA MANANA!

Seguindo co  desenvolvemento do proxecto: deste curso: " Auga pedra, sabedoría e terra", o Equipo da Biblioteca, en colaboracion co equipo de Dinamización da Lingua Galega e co de Voz Natura , decidiu escenificar,  cos alumnos de 6º de Primaria, no festival de Nadal.   a lenda Ana Manana,  unha lenda vinculada a un pozo  no río Miño,  preto da aldea do Barrio de Untes.
Se queredes coñecer esta lenda picade no seguine enlace:  ANA MANANA
  Para  levar a cabo esta dramatización contamos coa axuda de Carlos Caramés, un mestre do cole xubilado, que se encargou de ensaiar aos rapaces nas horas do recreo,  coas titoras de 6º de Infantil e de 4º de Primaria que axudaron a crear o escenario e o vestiario.
 Despois de moitos ensaios, e coa colaboración de todos, os rapaces escenificaron maxistralmente  esta obra coa que se pretende dar a coñecer o noso Patrimonio Cultural Inmaterial

lenda ana manana

Un video para recordar a súa actuación: