Todos os anos, para rematar a celebración da semana DO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, realizabamos algún acto conxunto con bailes e cancións e onde se lía algún manifesto elaborado polos alumnos e alumnas maiores. Este ano non puido ser así.
Así que decoramos o colexio con MUÍÑOS DA PAZ que se elaboraron nas diferentes aulas e que se decoraron con frases e palabras alusivas á PAZ, e que logo "plantamos" en macetas e recipientes polos corredores e ventás.
Tamén os nenos e nenas adornaron BRAZALETES que luciron nestes días con frases e palabras tamén alusivas á PAZ.
Ao longo da semana do 25 ao 30 de xaneiro traballaremos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.
Fixemos unha selección de recursos para traballar nas aulas:
Fixemos tamén a tradicional exposición de libros sobre A PAZ no corredor de entrada á biblioteca.
Tamén acordamos a realización de diversas actividades coma confección de bandas ou brazaletes e muíños de papel con frases e palabras relacionadas co significado desta celebración.
Unha das celebracións que máis lle gustan aos nenos e nenas do noso cole é o DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ. Como todos os anos realizamos diferentes actividades que traballamos a nivel de aula e tamén propostas e actos en común que sempre rematamos con bailes e cancións que fan a ledicia de todos ao compartir xuntos eses momentos especiais e cheos de emoción.
Baixo o lema TODOS UNIDOS NUN MUNDO EN PAZ, quixemos expresar a unión e a igualdade de todos os nenos e nenas do mundo coas súas diferenzas de raza, orixe, crenzas, costumes... e plasmámolo plasticamente nunha cadea que recorría parte dos corredores do colexio.
Tamén expresamos en inglés os nosos desexos de paz con vocabulario e expresións para tratar de conquerir entre todos a mestura perfecta que faga posible a unión e a paz: TOGETHER WE MAKE THE PERFECT BLEND.
O alumnado de 6º de primaria elaborou un manifesto: O DECÁLOGO PARA MEDRAR EN PAZ, recollendo dez pequenas accións que todos podemos realizar no noso día a día e que axudarán á un ambiente de paz e harmonía ao noso arredor.
O día 30 de xaneiro, despois de ler o decálogo, cantamos e bailamos todos xuntos a ritmo das seguintes cancións:
Cada 30 de xaneiro, coincidindo coa conmemoración da morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, desenvólvese a iniciativa da conmemoración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia, recoñecido como tal pola UNESCO no ano 1993.
Este día todos os colexios, centros e espazos públicos, convértense en instrumentos de entendemento entre as persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión; preténdese reafirmar a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos DDHH, a Non Violencia e a PAZ. Neste día todos alzamos a voz contra a violencia e en favor do amor, a convivencia pacífica e harmoniosa. Palabras como amizade, paciencia, tolerancia predominan nos nosos carteis nos que reivindicamos a necesidade de que a felicidade reine no noso planeta.
Se queredes coñecer a vida e os feitos de Gandhi para acadar un mundo sen violencia ollade este video:
O equipo da BIBLIOTECA sacou dos andeis os libros sobre esta temática e fixo unha exposición no corredor da entrada para que gocedes coa súa lectura.
O mundo en PAZ que reclamamos debe ser un mundo saudable,libre de contaminación e con perspectivas de futuro, seguindo o noso lema "Desplastifícate"faremos a nosa reclamación con tintes ambientais (materiais reciclables) esixindo solidariedade co medio que nos rodea e no que transcurren as nosas vidas. Reclamamos un mundo no que a sosteñibilidade e a harmonía abranga á natureza e aos elementos que a impregnan; mares, ríos, auga, animais e plantas.
Nos seguintes enlaces atoparedes un banco de recursos para traballar neste día:
Para celebrar o Día Escolar da Paz e da Non Violencia o equipo da Biblioteca, seguindo co Plan de lectura para este curso: Entre Salgueiros, Bidueiros e Carballos, presentou no salón de actos cos alumnos de 4ª B de Primaria unha pequena obra de teatro titulada O Bosque da Paz, na que ademais de falarnos da importancia dos bosques para a nosa supervivencia e da riqueza que nos proporciona a Natureza, tamén nos mostra estratexias para a resolución de conflitos sen utilizar a violencia. Os rapaces fixeron unha magnífica interpretación.
Tamén realizamos un acto conxunto (aínda que tivemos que facelo en dous grupos por mor do mal tempo e ter que realizalo dentro do colexio), onde a música e o baile foron os protagonistas.
Despois da lectura dun pequeno manifesto en favor da PAZ, realizado polos rapaces e rapazas de 6º de primaria, unímonos todos nuns momentos compartidos de ledicia e compañeirismo, para cantar e bailartres temasque ademais de facer referencia directa á PAZ, como é o tema "PAZ, PAZ" de JUANES,falaban da unión, da solidariedade, de compartir..."BAILEMOS JUNTOS" e por último, referencia ao coidado da natureza, á reciclaxe... "REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR".
Como todos os anos o próximo 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia, tamén coñecido com DENIP, unha xornada educativa non gubernamental fundada en España no ano 1964 polo poeta e pacifista mallorquón Llorenç Vidal Vidal e que foi recoñecida pola UNESCO no ano 1993,
É unha data na que ademais de conmemorar o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (Se picades no enlace anterior coñeceredes a súa biografía), ten como obxectivo a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non-Violencia e a PAZ. Neste día os colexios convértense en instrumentos de paz e de entendemento entre as persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
É unha data apropiada para traballar con todo o alumnado a importancia do dereito á paz e de como a educación favorece este dereito. Para elo é necesario fomentar unha conduta proactiva en favor da paz e da resolución pacífica dos conflictos.
Nos seguintes enlaces atoparedes ideas e materiais para traballar na clase:
Os nenos e nenas de 4ºB representarán a obra" O Bosque de Paz", unha obra na que seguindo o noso plan Entre Salgueiros, Bidueiros e Carballos, falaranos da importancia dos bosques, e mostraranos como resolver os conflictos dunha forma pacífica. Tamén participaremos nos bailes que se farán ao respecto estes son os vídeos
O próximo 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da PAZ e da NON VIOLENCIA tamén coñecido como DENIP e que se celebra en España desde o ano 1964. Neste día, ademais de conmemorar o aniversario da morte de GANDHI ( se picades no enlace coñeceredes a súa biografía), tamén lembramos a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, á non violencia e á Paz. Neste día os colexios convértense en instrumentos de paz e de entendemento entre persoas de distinta formación. raza. cultura e relixión.
Nos seguintes enlaces atoparedes moitas ideas para comezar a traballar na clase:
Para celebrar este día o Equipo da Biblioteca propón as seguintes actividades;
Para infantil e 1º e 2º de EP a seguinte presentación:
Para os demais cursos de primaria o seguinte traballo de investigación
Coa axuda de todos elaboraremos o noso Abecedarioda Paz empregndo as plantillas que elaboramos. cada clase buscará a palabra da Paz relacionada coa letra , decorará a tarxeta, e todos xuntos elaboraremos o noso abecedario Un conto para traballar a Paz e a Non Violencia
Dado que estamos inmersos no programa de Voz Natura: "RECICLAMOS LIXO CO MELLOR SORRISO", quixemos aunar dúas datas sinaladas e de especial significado: O DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL que se conmemora o 26 de xaneiro e o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, que se celebra o 30 de xaneiro. Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria, realizaron a actividade RECICLAXE DE SENTIMENTOS. Nun gran contenedor meteron as palabras contrarias á convivencia, e a todo o que supón amor, axuda, cooperación... alí introduciron palabras como guerra, odio, desprezo, acoso, exclusión, dor, destrución, agresión... palabras que deben ser tratadas e "recicladas". Para iso, foron trituradas, partidas en anaquiños para desfacer o seu poder... e despois de pasar pola planta de tratamento saíron "renovadas" en palabras que nos falan de paz, de solidariedade, de integración, de empatía, de igualdade, de tolerancia, de xustiza, de inclusión, de diálogo, de respecto... e puxéronnas á disposición de todos na FESTA DAS PALABRAS.E que fixemos con elas?
1- Con estas fermosas palabras que nos brindaron, elaboramos saborosas RECEITAS DE PAZ, que nos falan de convivencia, de compañeirismo, de axuda, de colaboración, de perdón... dos ingredientes necesarios para unha boa convivencia. DESPOIS DESTE TRABALLO(desenvolido en obradoiros ao longo de toda a semana)
BO PROVEITO!! 2- Aproveitamos para facer un "REMUÍÑO DE IDEAS" e con elas elaborar "NUBES DE PALABRAS" con axuda dun recurso "tic", para expresar visualmente, dunha forma gráfica moi sinxela, cales eran para cada un de nós as palabras máis importantes ou que mellor englobaban o significado da palabra PAZ.
Na seguinte presentación podedes visualizalas máis de cerca:
Desde o ano 1964, para conmemorar a morte de GANDHI (un líder espiritual e nacional da India que foi asasinado por un fanático hinduista), celebramos cada 30 de xaneiro oDÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, unha xornada na que se recorda a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. No seguinte video fan un resumo do que se pretende neste día:
Se picades nos seguintes enlaces atoparedes páxinas con moitos recursos para traballar este día DÍA DA PAZ RECURSOS CONTOS PAZ
Na BIBLIOTECA sacamos dos andeis os libros que versan sobre a PAZ e os VALORES e colocámolos na entrada da BIBLIOTECA para que disfrutedes coa súa lectura:
O Día Escolar da Paz e da Non Violencia é unha xornada educativa non gubernamental instituída en España, no ano 1964, polo poeta e pacifista malloquín LLORENÇ VIDAL como punto de partida e de apoio para unha educación non-violenta e pacificadora de carácter permanente e que se practica o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte de MAHATMA GANDHI, un home que coa súa loita pacífica e coas súas actuacións de NON VIOLENCIA, conseguiu que a independencia da India, o seu país natal, fose unha realidade.
É este un día que defende e promove o amor universal, a tolerancia, o respecto polos dereitos humanos, a solidariedade e a paz. Se queredes coñecer a vida de GANDHI:
Nos seguintes enlaces atoparedes moitas e variadas actividades para realizar ese día: ENLACES DIA DA PAZ