Chegou o outono e con el chegan as chuvias, as castañas, os días curtos e as noites longas... Xa vén o Samaín!!! Chega o tempo dos defuntos, das cabazas, dos demos, bruxas e curuxas!!! Chega o tempo de pasar moito, moito MEEDO!!!
Se queredes coñecer a súa historia picade no seguinte enlace: SAMAÍN.
Para celebrar esta data, que tanto vós gusta, o Equipo da Biblioteca deseñou diferentes actividades que esperamos sexan do voso agrado:
Preparamos no corredor da entrada unha pequena selección de libros para que os levedes para a casa e o pasedes de medo lendo historias de terror.
Estes son algúns dos libros que podedes atopar:
Convocamos o VII Concurso dos Contos de Medo tal e como podedes ler no taboleiro do LIBRÍN:
Estamos desexando coñecer as vosas historias!!!
Durante os recreos destas semanas desenvolvéronse os Obradoiros de cabazas nos que participaron nenos e nenas de todos os cursos:
Podedes atopar recursos nos seguintes enlaces:
Recursos para o SAMAIN
OS BOLECHAS E O SAMAIN
SAMAIN:Actividades LIM
Desfrutade vendo e escoitando os seguintes videos: