O 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, unha efeméride que se celebra desde o ano 1997 e que xurdiu coa proposta da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no ano 1992 na Guerra dos Balcáns. Unha efeméride que pretende dar a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura e homenaxear aos bibliotecarios como impulsores da lectura como unha ferramenta da mellora da formación e a convivencia humana.
Con esta efeméride preténdese educar ás persoas de todas as idades sobre os valores da lectura e da cultura que se atopan nas bibliotecas e salientar o labor das bibliotecas como centros de integración e socialización que demostran decote que os libros están ao alcance de todas as persoas que desexen mergullarse entre as súas páxinas.
A edición deste ano céntrase en destacar o labor das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero. Este é o video da súa presentación:
Para conmemorar este día o Equipo da Biblioteca pretende desenvolver a actividade: "O MEU LIBRO FAVORITO" Cada neno/nena traerá da súa casa o deu libro favorito para facerlle unha fotocopia da súa portada, despois debuxarán a súa cara nun folio e recortarán as mans que se proporcionan desde a biblioteca para facer un mural que se exporá no corredor da biblioteca.