Todos temos o noso libro favorito, as razóns poden ser moi variadas...
- porque lle temos un especial cariño: "regaloumo o meu avó", "deumo a miña madriña polo Nadal", "mercoumo a miña nai cando aprobei 5º curso"...
- porque a historia nos "enganchou": "era divertida, rinme un montón", "ocorre nuns lugares fantásticos", "vai sobre fútbol, o meu deporte favorito", "é unha historia moi romántica", "que medo pasei cando a lin"...
- porque os protagonistas son: "moi guapos", "simpáticos", "moi valentes", "son superheroes", "princesas en apuros", "animais moi listos"...
- porque as súas ilustracións: "son moi chulas", "moi bonitas e grandes, gústanme moito", "as fotos son fantásticas"...
- porque os protagonistas son: "moi guapos", "simpáticos", "moi valentes", "son superheroes", "princesas en apuros", "animais moi listos"...
- porque as súas ilustracións: "son moi chulas", "moi bonitas e grandes, gústanme moito", "as fotos son fantásticas"...
- ou simplemente non sabemos explicar as razóns, sabemos que "ESE LIBRO NOS GUSTOU MOITO, e que por iso é O NOSO LIBRO FAVORITO".
Deste xeito foron os comentarios que realizaron os nenos e nenas como resposta á actividade "O NOSO LIBRO FAVORITO", proposta que se realizou para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS.
Cada neno e cada nena trouxo o seu libro favorito ao cole, logo explicou ao resto de compañeiros da súa clase as razóns da súa preferencia (algunhas como as descritas previamente) e, finalmente todos plasmaron plasticamente a unión de cada un co seu libro: debuxáronse (os máis pequenos de 3 e 4 anos pegaron a súa foto) suxeitando unha fotocopia da portada do seu LIBRO FAVORITO.
Fixemos unha gran exposición cos traballos realizados, exposición que ocupou varios corredores, tanto da primeira como da segunda planta. Aquí tedes unha mostra: