O pasado 12 de abril tivemos no cole un taller sobre emocións para o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, taller impartido pola doutora en intelixencia emocional Lisa Maneiro.
Considérase o pai da intelixencia emocional ao psicólogo Daniel Goleman que publicou en 1995 o libro "A INTELIXENCIA EMOCIONAL" e que marcou un antes e un despois na comprensión das distintas intelixencias. Na escola sempre se traballou a intelixencia racional, descoidando as emocións e a súa xestión.
O concepto de intelixencia emocional fai referencia á capacidade para recoñecer os sentimentos propios e alleos para obter determinados fins. Para Goleman a intelixencia emocional implica cinco capacidades básicas: descubrir as emocións e sentimentos propios, recoñecerlos, manexarlos, crear unha motivación propia e xestionar as relacións persoais.
No taller realizado no centro a doutora Lisa Maneiro, mediante contos e xogos, tratou de que os nenos e nenas comprenderan como manexar as emocións que nos xorden en distintas situacións da vida, como afrontar os fracasos ...como a clave é a actitude, aprender dos erros, pensar sempre en positivo, a confianza, a meditación, saber vivir e non facer sufrir.
A fórmula das emocións by Slidely Photo Gallery
Deixámosvos dous enlaces moi interesantes para coñecer máis sobre este tema: