Coincidindo nestes días de novembro coa celebración, o día 20, do Día Universal Do Neno e o día 25, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, celebramos no colexio a I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE, tratando de impulsar e promover a convivencia, a tolerancia e o respecto ás diferenzas, valorándoas como un factor de enriquecemento, co fin de acadar valores e actitudes conducentes á igualdade de trato e oportunidades e a non discriminación, tanto dende a perspectiva de xénero como dende a diversidade.
I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE
Empezamos o luns 18 de novembro e ata o día 25, realizamos diferentes actividades:
- OBRADOIROS: impartidos por Tatiana, orientadora do cole, e Idoya, mestra de PT. Xogos para entender a diversidade, o aillamento que sofren as persoas por ser diferentes, a aceptación das diferenzas e a inclusión. Talleres sobre os estereotipos sexistas (xoguetes, tarefas na casa...), a violencia machista... Intercambio de experiencias e debates.
OBRADOIROS SOBRE A DIVERSIDADE E A IGUALDADE by Slidely Photo Gallery
- SESIÓNS DE LECTURAS E CONTACONTOS: seleccionáronse libros coa temática da igualdade e o respecto á diversidade. Realizáronse sesións de contacontos e/ou lecturas na biblioteca e nas diferentes aulas.
OBRADOIROS SOBRE A DIVERSIDADE E A IGUALDADE by Slidely Photo Gallery
- SESIÓNS DE LECTURAS E CONTACONTOS: seleccionáronse libros coa temática da igualdade e o respecto á diversidade. Realizáronse sesións de contacontos e/ou lecturas na biblioteca e nas diferentes aulas.
A nai de Teo (un alumno de 5 anos), foi a encargada de contarlles aos máis pequenos de 3 anos unha historia de autoestima e aceptación: "ORELLAS DE BOLBORETA".
Os maiores de 6º A acudiron ás aulas dos pequenos e pequenas de 4 anos para contarlles as historias: "GRANDE" e "MARTÍN GRIS".
Os rapaces e rapazas de 6º B inventaron a historia "UNHA OKUPA NO GALIÑEIRO" (relacionándoa co proxecto de Voz Natura NOS SEUS ZA-PATOS). Fixeron unha primeira presentación da mesma que lle pasaron aos pequenos de 5 anos e logo continuaron na zona onde temos os patos, na pequena carballeira do patio do cole.
Noutras aulas, ben os profesores, ben os alumnos, leron e contaron algunha destas historias:
- PROXECCIÓN DE CURTAS E PELÍCULAS: tamén dunha selección entregada a cada curso, proxectáronse curtametraxes e películas nas que a sensibilización sobre a diversidade, a valoración dun mesmo e da aceptación das diferenzas, o respecto, así como a non discriminación e rexeitamento de calquera maltrato eran os temas principais.
Nestes enlaces podedes visualizar algunhas das que se proxectaron:
- El puercoespín en Navidad
- El cazo de Lorenzo
- Por cuatro esquinitas de nada
- No te rayes, inclusión.
- Un mundo a su medida.
- La desigualdad de género no es un juego de niños.
- Cambia de cuento. Caperucita Roja.
- Igualdad de género. Coeducación.
- Por el principio.
- Igualdad de género.
- Cuerdas.
- Ian.
- Lolo, un conejo diferente.
- Sésamo: Diversidad
- CANCIÓNS E BAILES: nun acto conxunto cantamos e bailamos cancións sobre a igualdade e a diversidade.
- Canta con Panda la canción de la igualdad.
- Yo estoy muy orgulloso.
- Canta con Panda la canción de la igualdad.
- Yo estoy muy orgulloso.
E con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, eleximos un lema, que se plasmou nun mural e que cada neno reproduciu libremente. Tamén nun acto conxunto cantamos e bailamos expresando o noso desexo de que se termine este grave problema.
DÍA INTERNACIONAL DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER by Slidely Photo Gallery