Dende a escola buscamos sempre inculcar aos nosos alumn@s o respecto, a tolerancia e o compromiso fronte ás diferenzas das persoas, independentemente da súa orixe, das súas crenzas e do seu sexo, e formalos na convinción de que todos somos iguais fronte á lei, todos temos os mesmos deberes e dereitos, e todos podemos ser recoñecidos e valorados en igual medida, independentemente do sexo co que nazamos, no desempeño dos nosos postos de traballo e polas nosas capacidades.
Por iso
queremos colaborar xa dende a etapa de infantil, dándolles a coñecer grandes
mulleres que foron pioneiras en distintas facetas, ata non hai moito, case
exclusivas dos homes (grandes
empresarias, políticas, gobernantas, científicas, deportistas, enxenieiras...)
Co nosa pequena aportación dende a escola, queremos acabar cos estereotipos e
as discriminacións, aínda tan presentes na actualidade.
Neste trimestre, os nenos e nenas de 6º de infantil realizaron un proxecto sobre unha pioneira: SONIA DELAUNAY