Todos os anos ao chegar estas datas facíamos unha das nosas actividades preferidas: O APADRIÑAMENTO LECTOR. O curso pasado xa foi diferente e foron as familias as que fixeron de padriños e madriñas para lerlle aos nenos e nenas nas súas casas.
Este ano, tamén tivemos que realizalo de forma diferente ao non poder xuntarnos e ter que manter as aulas "burbulla": fixemos un apadriñamento virtual.
Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria foron os padriños e madriñas que lles leron aos máis pequenos do cole diferentes contos que previamente gravaron nun vídeo e que logo foron proxectados nas diferentes aulas.
A experiencia resultou moi positiva, pero esperamos o vindeiro curso facelo ao xeito "antigo" para que a actividade resulte máis entrañable e os afillados e as afilladas gocen sentindo a cercanía do seu padriño ou da súa madriña e viceversa.
Aquí tedes os contos que se gravaron e proxectaron. Dos deles fan referencia ao CAMIÑO DE SANTIAGO, dado que este é o tema do noso proxecto anual.
- BO CAMIÑO, VALENTIÑO!
- CANTO TE QUERO, PROFE!
- A VACA QUE PUXO UN OVO