lunes, 15 de marzo de 2021

CENTENARIO DA REVISTA NÓS

No ano 2020 pasaron moitas cousas extraordinarias no mundo... unha delas, que seguro pasou desapercibida, foi o centenario da primeira publicación da Revista Nós. Algo que esta intimamente relacionado con Ourense e coa Xeración Nós que tamén tivo as súas raices na nosa cidade. Concretamente o número 1 da revista foi publicado o 30 de outubro de 1920. 
A semana pasada, cada alumno e alumna de 5º de primaria elexiu un personaxe ou aspecto relacionado coa Revista para investigar: Castelao, Vicente Risco, Florentino Cuevillas, a revista, a Xeración...  foron algún dos temas escollidos.

"Unha vez recollida a información, realizamos un coloquio conxunto onde os rapaces e rapazas fomos expoñendo as nosas averiguacións e opinións. 

Para rematar de profundizar no tema, o 9 de marzo fixemos unha visita virtual á exposición que fisicamente se atopa no centro cultural Marcos Valcárcel da nosa cidade. Para iso contamos coa axuda de Tatiana Feijoo, que foi a encargada de guiarnos de maneira virtual pola exposición: "Galicia, de Nós a nós". Ela puxo a proba os nosos coñecementos con moitas preguntas. Pero tamén descubriunos: o nacemento dos xornais galegos e a súa vinculación coa revista, se había mulleres que colaboraban coa revista, de onde sacaba as ideas das portadas Castelao e mil cousas máis...

Merece a pena! Se podedes, ide a visitala!" 

Nestas fotos vedes algúns momentos da visita virtual e da charla con Tatiana:








Se queredes ter máis información sobre a Revista, a Xeración Nós e ver todos os números publicados, premede no seguinte enlace: