Este ano centramos o traballo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER en destacar a figura da MULLER NO DEPORTE.
En cada aula realizouse un traballo de investigación sobre unha deportista destacada e con esa información elaborouse un cartel que logo se expuso nun gran mural conxunto. Destacáronse deportistas como: Ana Peleteiro (atleta), Lara Balseiro (xogadora de fútbol sala), Ane Santesteban (ciclista), Elsa Baquerizo (xogadora de voleibol), Gemma Mengual (nadadora de sincronizada), Garbiñe Muguruza (tenista), Marta Bobo (ximnasta rítmica), Carmen López (surfista), Laia Sanz (piloto de motos), Gisela Pulido (kitesurf), Amaya Valdemoro (xogadora de baloncesto), Mireia Belmonte (nadadora), Almudena Cid (ximnasta), Liliana Fernández (xogadora de voleibol), Lydia Valentín (halterofilia), Carolina María Marín (xogadora de bádminton)...
Ademais deste traballo de investigación realizado na semana previa, o propio 8 de marzo tivemos no colexio unha xornada moi especial na que a muller e o deporte foron protagonistas. Primeiro, todos os alumnos e alumnas realizaron unha videoconferencia con Lucía Méndez Lamas, xogadora de baloncesto no ISE COSTA DE ALMERÍA e logo recibimos no propio centro a visita de deportistas da nosa localidade:
- Sara Moreno, Iria Saeta e Jenny Lores do EQUIPO DE FÚTBOL SALA ENVIALIA.
- Gladys Giráldez López e Rebeca Kruse Rua do CLUB VOLEIBOL OURENSE (categoría senior).
- Antía Rodríguez Méndez e Nadia Ramos Álvarez (antigas alumnas do centro) do CLUB VOLEIBOL OURENSE (categoría cadete).
Elas explicáronnos as súas experiencias e vivencias como mulleres no deporte:
·
Estereotipos de xénero mais comúns no
deporte.
·
Igualdade / desigualdade no deporte e na súa
práctica.
·
Linguaxe empregada, trato cara a muller
deportista.
·
Vestiario e equipación, tipo de vestimenta…
·
Persoas referentes mulleres/homes… (fútbol,
baloncesto, voleibol…)
·
Publicidade (medios de comunicación), xornais….sección deportes.
·
Oportunidades de traballo, salario….
·
Barreiras e dificultades atopadas para
acceder ao deporte.
·
Valores e actitudes.
Contestaron ademais a todas as preguntas que lles fixeron os nenos e as nenas, xogaron cos máis pequenos, ensináronlles técnicas propias do deporte que practicaban, asinaron autógrafos... unha completa xornada que encantou a todos e a todas.
No seguinte vídeo temos un resumo dos momentos vividos: