Outra das actividades feitas con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA foi a realizada cos alumnos e coas alumnas de 3º e 4º de primaria o día 18 de febreiro. Tiveron unha videoconferencia con CARMEN MARIÑO, investigadora en enxeñería de materiais e que está facendo o doutorado na
Universidade de Vigo.
Primeiramente fíxolles unha introdución ao tema, a importancia da ciencia e da tecnoloxía e a necesidade de facer visible o traballo das mulleres. Despois repasaron oito traballos de mulleres famosas cuxas obras non foron visibilizadas na súa época acorde aos seus méritos: Marie Curie, Rosalind Franklin, Heidi Lamarr, Ada
Lovelace…
A continuación, explicoulles as principais dificultades que actualmente
limitan o éxito das mulleres na ciencia, para rematar cunha rolda de preguntas e dúbidas.