Elas viñeron a falarlle aos nenos e nenas de 6ºB de Infantil, de 4ºe de 5º de primaria, do papel das mulleres na ciencia, da necesidade de que entendan que ser científicos non é exclusivo dos homes, e da súa experiencia como investigadoras:
Conchi Casas (Bióloga Mariña) investigando corais da Antártida, e Emma Lorenzo (Física) investigadora dende a súa etapa de infantil, que a levou a acadar premios internacionais en Secundaria (a participación nunha expociencia en Rusia, finalista en premios científicos de Google e dar charlas no TEDX de xóvenes emprendedores).
Ademais de contarlles as súas experiencias, fixeron varios experimentos. O primeiro deles consistiu en mostrarlle a importancia da hixiene para evitar infecións. Para elo tomaron mostras de mans sucias, mans lavadas con xabón e por último con hidroxel. Nuns días poderán comprobar como proliferaron as bacterias nos distintos casos, un tema tan de actualidade dada a situación que estamos a vivir, que nos obriga a ser moi estritos coa limpeza das nosas mans.
Os outros experimentos foron a elaboración dunhas lámpadas de lava empregando auga, colorante, aceite e pastillas efervescentes, e finalmente, como facer que un volcán entre en erupción con productos tan sinxelos coma a combinación de vinagre e bicarbonato.