Se fai uns días Sabela estivo no noso centro para realizar unha sesión de contacontos cos pequenos e pequenas de educación infantil, o pasado 10 de maio volveu para realizar dúas novas sesións: unha para o alumnado de 1º e 2º de primaria e outra para o alumnado de 3º e 4º de primaria.
Unha vez máis volveu engaiolar a todos cos súas historias cheas de maxia, misterio e aventura.
Primeiro fixo que os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria viaxaran coa súa imaxinación ao mundo de Martín e Federico... nesta viaxe sorriron, berraron, expresaron as súas emocións e sentimentos grazas ao bo facer de Sabela que interactuando con todos eles lles fixo ver a importancia da imaxinación,
Aos alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria contoulles unha historia coa que aprenderon que cada un de nós é único e especial. Tres galiñas pelexan por ser a máis fermosa do galiñeiro, ao final cada unha delas resulta que ten algo distinto e especial diferente dos demais e que a fai única...