Os nenos e nenas de 1ºEP recibiron unha grata sorpresa, Fátima, a nai de Teo, quixo compartir con eles a lectura de dous libros:
- O Bruxo Camuñas que de dedicaba a asustar e comer aos nenos e que conseguiu cortar as unllas grazas á astucia dunha nena que se chamaba Blanca.
A mensaxe principal de Camuñas xira en torno á astucia, como cualidade que é capaz de converter ao mais débil no mais forte. Este libro tamén nos deixa a mensaxe de que, de vez en cando, temos que mirarnos a nós mesmos para que ninguén nos engane facéndonos crer que somos doutra maneira.
- O Capitán Calabrote, trata dun pirata que vivía tranquilamente retirado nunha illa deserta na que agochaba un tesouro ata que un día chegou á illa outro pirata que tamén quería agochar o seu cofre, unha historia moi tenra e entrañable que remata coa celebración da amizade e un canto ao afecto.
Despois da lectura dos libros o rapaces fixeron o compromiso de que ían buscar o tesouro que cada quen levaba dentro, íanno escribir nunha frase e colocalo nun sitio ben visible.
Tal e como se pode ver nas seguintes imaxes foi unha lectura moi fructífera