domingo, 10 de mayo de 2020

MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS

Lectores: Xa estamos no mes de maio!! Un mes moi importante para as nosas letras xa que tódolos anos o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas




A Real Academia Galega (RAG) decidiu homenaxear nese día ao escritor e educador Ricardo Carvalho Calero coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e 30 do seu pasamento (se picades no seu nome atoparedes a súa biografía).




Por mor da pandemia da COVID-19  a RAG decidiu que este ano e de maneira excepcional se celebrará o Día Das Letras Galegas o 31 de outubro tal e como apareceu reflictido na prensa:


Para que coñezades máis cousas sobre este autor ollade este vídeo realizado polo EDLG do Colexio San Pío X de Ourense:


Tamén vos deixamos estes enlaces que nos parecen moi interesantes:



Para conmemorar este día dende as casas, propoñévosmos as seguintes actividades:

"CONTAMOS DENDE A CASA"- cada clase elexirá un conto e repartirase o texto entre os alumnos/as de dita clase. Cada neno/a terá que ilustrar a parte do texto que lle foi asignada e logo gravarase lendo o mesmo e véndose a ilustración realizada. Logo montaremos o conto con todas as escenas gravadas. 

- "#MOLACARBALLO" - para esta actividade necesitamos unha camiseta vella que xa non usemos e estampamos nela, co hagstag # diante, unha palabra, frase, título de algún libro, debuxo... refererido a Carballo Calero. Para iso, primeiro consultade a información que vai nesta páxina ou buscade en Internet para coñecer a vida e obra do autor homenaxeado. 

Ollade e escoitade  este vídeo con poemas de Carvalho Calero


Na homenaxe de Carvalho Calero:



E o conto que escribiu basado nunha lembranza da súa nenez, "As pitas baixo a choiva":