
Se queredes coñecer esta lenda picade no seguine enlace: ANA MANANA
Para levar a cabo esta dramatización contamos coa axuda de Carlos Caramés, un mestre do cole xubilado, que se encargou de ensaiar aos rapaces nas horas do recreo, coas titoras de 6º de Infantil e de 4º de Primaria que axudaron a crear o escenario e o vestiario.
Despois de moitos ensaios, e coa colaboración de todos, os rapaces escenificaron maxistralmente esta obra coa que se pretende dar a coñecer o noso Patrimonio Cultural Inmaterial