Coma en anos anteriores, celebramos en novembro o MES DA CIENCIA EN GALEGO co fin de mostrar que a lingua galega é válida para o estudo científico, a investigación e a transmisión deste tipo de coñecementos.
Montamos no corredor da nosa biblioteca unha exposición cunha selección da bibliografía coa que contamos e, ambientámolo con úteis científicos: probetas, pipetas, balanza, pesas, morteiros, microscopios..
EXPERIMENTO CON CENORIAS
Collemos unhas cenorias e cortámoslle as ramas e case todo o
seu corpo, deixando aproximadamente un cm. Colocamos as cenorias en 2 recipientes distintos: un envase de
plástico para ovos con auga e un prato de plástico con papel absorbente e auga.
Ao cabo de 4 días comenzan a saír novamente as follas e unha semana despois tamén raíces, polo que conseguimos novas prantas sen necesidade de sementes.
|
E nada mellor para rematar o experimento que degustar as cenorias que non empregamos. Uhmmm están boísimas!!!