sábado, 10 de octubre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA - 24 DE OUTUBRO

O pasado día 30 de setembro, deixounos un dos máis grandes debuxantes, QUINO. 

Quino é o pai dunha personaxe que nos fixo rir e pensar coas súas frases; estamos a falar de MAFALDA.

Mafalda é unha nena, pequena pero moi sabia, que nos sorprende pola maneira tan sinxela en que nos fai presentes os grandes problemas que ten o mundo; ese mundo que ela reflicte é o dos anos 60 do século XX, pero os temas que saen nos seus diálogos, seguen a estar de actualidade hoxe en día.

Tamén é unha nena moi graciosa, aínda que fale de cousas serias, a maneira en que as di fainos rir.

Este ano o Día Internacional da Biblioteca no noso colexio, vai estar adicado a Quino e a Mafalda; ela, os seus amigos e a súa familia, están a esperar que os coñezades.

Aquí tedes un pdf interactivo que fixo público a REDH Argentina (Red de intelectuales e artistas en defensa da humanidade- Argentina), no que podedes ver e coñecer a todas as personaxes das historias de Mafalda e tamén ler algúns dos seus libros.

Animádevos, xa veredes que paga a pena!