O 3 de decembro celébrase en todo o mundo O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, declarado pola Organización das Nacións Unidas en 1992.
Este ano o lema do mesmo é: "Participación e o liderado das persoas con discapacidade: Axenda de Desenvolvemento 2030".
Ademais de loitar para a inclusión das persoas con discapacidade e de que se acaden os seus dereitos plenos como seres humanos e o seu benestar, con este día trátase de concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida social, económica, cultural ...
No colexio recibimos a visita de Patricia, a nai de Julia (1º primaria) que unha vez máis colaborou connosco para darlle visibilidade a esta data (aínda que xa estivo presente este tema na "I SEMANA DA DIVERSIDADE e DA IGUALDADE" que acabamos de realizar).
Patricia contoulle aos nenos e nenas de 1º cal era o seu traballo: ela era intérprete de lingua de signos nun colexio acompañando a nenos xordos. Quería explicarlles as dificultades que tiñan e como nós podíamos axudar a súa integración aprendendo a comunicarnos con eles.
Ensinoulles a facer cos dedos cada letra do abecedario en lingua de signos, logo as cores, os días da semana, os meses do ano, o nome de cada un... Tamén cantaron unha canción sobre os meses do ano axudándose da lingua de signos e colorearon un libriño con imaxes das cores en lingua de signos.
Queremos dar as grazas a Patricia que tantas veces ten colaborado connosco, nas últimas veces para bailar e cantar cancións axudados pola lingua de signos para diversas actuacións. Esperamos contar con ela moitas máis!.
Este é o ABECEDARIO DACTILOLÓXICO ESPAÑOL
E como se din as cores en lingua de signos
Tamén vos deixamos enlaces interesantes que vos axudarán a coñecer en profundidade a lingua de signos e os problemas das persoas xordas. Tamén contan con recursos moi variados: