Un ano mais o día 24 de outubro celebraremos o Día Internacional das Bibliotecas, unha data que se celebra desde o ano 1997 pola iniciativa da Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil para lembrar o Incendio da Biblioteca de Saraxevo no ano 1992 durante o conflito dos Blacáns ( Se picades no anterior enlace atoparedes unha ampla información sobre este suceso).
Faise esta celebración para destacar a importancia da Biblioteca como un lugar de encontro de lectores, para concienciar á sociedade da importancia da lectura e para agradecer o esforzo de todas as persoas que traballan nas bibliotecas.
Na Biblioteca celebraremos este día coas seguintes actividades:
- Representación con monicreques a cargo dos nenos e nenas de 4º B para o alumnado de Educación Infantil do conto O Señor Mago e a Folla.
- Sesións de formación na Biblioteca para o alumnado de Primaria.
- Inauguración da exposición: Cal é a sección da Biblioteca que máis che gusta? na que colabora todo o alumnado do centro.
Video sobre o día Internacional da Biblioteca
Videos para o fomento da lectura