martes, 21 de noviembre de 2017

ENCONTRO COS AVÓS

Hoxe no cole tivemos unha visita moi especial!!  Co gallo da celebración do Día Internacional dos Dereitos do Neno achegáronse ata o noso centro cinco avós e avoas da Residencia Fogar San Amaro e outros avós e avoas de nenos do cole para compartir con nós uns momentos entrañables, cheos de nostalxia, nos que os avós foron desgranando ás súas vivenzas na escola da súa infancia, explicáronnos como pasaban os días, os traballos que facían, como eran as clases, a que xogaban, cales eran os seus xoguetes... Os alumnos das diferentes clases escoitaron as súas historias con moita atención e interese, fixéronlles moitas preguntas e déronse conta das notables diferenzas entre a súa infancia e como foi a dos avós, e como foi evolucionando a vida e os dereitos dos nenos ao longo do tempo. 
Este encontro interxeracional foi unha experiencia moi enriquecedora, tanto para os nenos coma para os nosos maiores que se sentiron protagonistas e foron arroupados polo cariño e admiración dos pequenos. 
Como se reflicte nas biografías que nos aportaron algúns deles tiveron unhas vidas extraordinarias. 



Moitas grazas a Marina e Antonio, avós de Iria, a Miguel,  a Manola, a Alfonso, a Xosé, a Moncho, a Mabel, avoa de Isamar e Candela, a Gloria, nai de Aissatou,  e a Marisa, avoa de Mario San Juan,  por compartir con todos nós eses recordos tan entrañables.



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Photo Gallery


Esperamos ao longo do curso e enmarcado dentro do noso Proxecto Documental Integrado "Auga, pedra, sabedoría e terra", realizar máis encontros interxeracionais que nos permitan coñecer historias, cantigas, refráns, oficios... que conforman o patrimonio inmaterial da nosa contorna.