lunes, 13 de febrero de 2017

ENCONTRO CO AUTOR MANOLO RIVAS


O 7 de febreiro os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria acudiron ao Liceo da nosa cidade para participar na actividade promovida polo Concello de Ourense: ENCONTROS CO AUTOR.O principal obxectivo desta actividade de animación á lectura é o de poñer en contacto directo aos nenos e nenas cos autores e ilustradores de libros infantís, para que coñezan de primeira man o seu traballo. 
Esta vez o encontro foi co famoso escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego Manuel Rivas, que ademais de libros para adultos, tamén ten varios títulos para o público infantil e xuvenil.

Os rapaces e rapazas leron e traballaron nas aulas o seu libro Bala Perdida. "Bala Perdida é o derradeiro pirata do Atlántico Norte, un capitán escrupuloso que anda acompañado dun corvo e dun grupo de bravos mariñeiros. Para resolver unha misteriosa abordaxe na máxica Costa da Morte, Bala Perdida busca a axuda dunha moza xornalista que só dá noticias bonitas." (sinopse extraída da páxina web da Editorial Xerais).

O día do encontro, ademais de escoitar as palabras do autor sobre o seu libro, o proceso de creación do mesmo... houbo unha charla-coloquio no que os rapaces participaron activamente facéndolle gran variedade de preguntas ao escritor. Ao final este asinou exemplares do seu libro.

ENCONTRO CON MANOLO RIVAS by Slidely Photo Gallery

Destacar que tras o encontro Rivas defendeu o papel da literatura e da escola na formación das novas xeracións e reivindicou o papel do libro neste proceso. "Nestes tempos nos que parece que hai unha obsesión por meter nas aulas as novas tecnoloxías. Para min a gran revolución pedagóxica sería situar á biblioteca no centro xeográfico da escola".

No seguinte enlace podedes ler a nova no xornal La Región 


E no seguinte vídeo emitido pola cadea de televisión local TELEMIÑO tamén dan conta da actividade (ollo!! descubride onde se atopan sentados os nosos alumnos e alumnas).