martes, 8 de septiembre de 2015

VOLTA AO COLE



O equipo de Dinamización da biblioteca davos a benvida a este novo curso escolar.
Despois do descanso do verán comezamos un novo curso con moita ilusión e grandes expectativas, xa que nos esperan... MOITAS E ...APAISOANTES AVENTURAS.!!!! 
Esperamos seguir contando coa colaboración de toda a COMUNIDADE EDUCATIVA

sábado, 20 de junio de 2015

FELICES VACACIÓNS


O equipo da biblioteca deséxalle a toda a Comunidade Educativa unhas felices vacacións.
Esperamos que descansedes e que á volta veñades todos coas pilas ben cargadas xa que nos esperan moitas aventuras!!!


FELICES VACACIÓNS!!!

viernes, 19 de junio de 2015

TAMÉN LEMOS NO VERÁN

Xa chegou o verán!!! Tanto se vades á praia como á montaña un libro será unha boa compaña. O equipo da biblioteca fixo esta selección para que toda a familia disfrute dunha boa lectura,
Desexamos que vos guste!!!

ENTREGA DE DIPLOMAS E AGASALLOS

Hoxe os mellores lectores do cole recibiron un diploma e un agasallo.
 PARABÉNS A TODOS ELES!!!!
< Tampouco nos esquecemos dos nosos colaboradores. Este curso fixeron un gran traballo! O equipo da biblioteca quixo agradecerlle o seu esforzo cun agasallo,
MOITAS GRAZAS A TODOS!!!

martes, 16 de junio de 2015

CONTACONTOS: A RATIÑA PRESUMIDA

Os alumnos e alumnas de 5ºA en colaboración coa mestra da ONCE, que desenvolveu con eles un programa de atención á diversidade para a integración dun alumno con deficiencias visuais, deleitaron a todos os nenos e nenas  de Educación Infantil coa representación do conto A RATIÑA PRESUMIDA empregando a técnica da caixa negra ou Teatro Negro de Praga, un tipo de representación escénica que se desenvolve a escuras cunha iluminación estratéxica que da lugar a un fantástico xogo de luz e de sombras. 
Foi unha experiencia moi interesante que pensamos continuar no vindeiro curso coa representación doutros contos con esta técnica. 


martes, 12 de mayo de 2015

MAIO : MES DAS LETRAS

No mes de maio celebramos o Día das Letras Galegas, unha celebración instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria no idioma galego.
Cada ano dedícaselle a unha personalidade diferente, elixida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixe como mínimo dez anos desde o seu falecemento. 

 Se queredes saber mais cousas da súa historia ollade o seguinte video;


Esta é unha escolma dos homenaxaeados/as: 



Este ano o homenaxeado é Xosé Fernando Filgueira Valverde, político, historiador, escritor, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e que faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade. Ao longo da súa vida escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos. pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar poroduccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia Medieval, Don Quijote y el amor Trovadoresco, La Toponimia Gallega, Rosalía no seu fogar...Para coñeder máis cousas sobre a súa vida e a súa obra ollade esta montaxe realizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón)




Se queredes saber máis sobre o Día das Letras Galegas e sobre Filgueira Valverde, pica no seguinte enlace e iredes ao Blog de Dinamización MEDRANDO CO GALEGO
ENLACE



martes, 28 de abril de 2015

PARABÉNS A TODAS AS MAMÁS

O primeiro domingo do mes de maio celebramos O DIA DA NAI, unha festividade que se celebra na honra de todas as nais.
O equipo da biblioteca quere felicitar a todas as nais da nosa comunidade educativa desexándolles que pasen un magnífico día.

Comezamos a nosa felicitación coa seguinte poesía con pictogramas:


Seguimos con este video no que uns nenos din o que pensan das súas  nais 


Rematamos escoitando estas cancións esperando que sexan do voso agrado;




Para todas as mamás...




sábado, 25 de abril de 2015

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Esta semana foi a semana da festa dos libros no cole, e na biblioteca tivemos moito movemento, exposición de libros cun montón de novidades, dúas sesións de contacontos, segunda edición do apadriñamento lector e... moitas visitas por parte dos nosos alumnos/as, sinal de que os libros e a biblioteca forman parte da vida cotiá do centro.

O luns comezamos coa nosa exposición "En abril libros mil", da que xa falamos en novas anteriores.
O martes tivemos dúas sesións de contacontos, unha para 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e outra para 1º e 2º de Educación Primaria.

A fantástica actriz Sabela Gago engaiolou aos nenos/as coas súas historias "As maletas viaxeiras"

"Entre maleta e maleta, a contadora implica aos nenos para facer unha viaxe entre os libros que os levará por cidades de todo o mundo, ata chegar a China e coñecer a Melisa. Entre todos axudarán á ratiña a averiguar “quen é o ser máis poderoso do Mundo” e na busca da verdade visitarán ao sabio Chín-Lú e viaxarán polo ceo para atopar ao Sol, ao Vento e á Nube e regresar a Muralla Chinesa, que garda o segredo. Un divertimento entre a palabra e a imaxinación , que convida a xogar e aprender"
(Sinopse da obra na páxina web oficial de Sabela Gago)

Coma sempre Sabela conseguiu captar a atención de todos os nenos/as, facéndoos ademais partícipes das súas historias mediante xestos, sons, accións... Moitas grazas Sabela polo teu traballo e ata pronto...

E o xoves 23 celebramos a segunda edición do "Apadriñamento Lector", despois do recreo, os padriños e madriñas foron ás diferentes clases a buscar aos seus afillados e afilladas para baixar ao patio do colexio. Alí sentáronse libremente e contaron os seus contos ... Ademais dunha actividade de animación á lectura, favorecemos as relacións interpersoais, a responsabilidade, a cooperación...


miércoles, 22 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Para que disfrutedes  do DÍA DO LIBRO ollade estas magníficas curtametraxes para o fomento da lectura.
Son cinco historias diferentes que nos animan a adentrarnos no mundo de misterio e de fantasía que nos proporcionan os libros


Na entrada da biblioteca  fixemos unha selección de libros  para que nesta data tan especial vos acerquedes á biblioteca e disfrutedes coa súa lectura.


 CURTAMETRAXES PARA  FOMENTAR A LECTURA